9.12.07

Apoiando a Francisco Rodríguez

Sería bo que na intervención do deputado bloqueiro no congreso español, se fixera eco das declaracións dos traductores e eurodeputados portugueses(até do PP europeo) recoñecendo un mesmo idioma ás dúas berias do Miño nesta reportaxe da RTP. E aínda, no caso de diferencialo, como fai o eurodeputado do PP español, Vidal Quadras(do máis españolista), é imposíbel negar que "se parece mucho al portugués".


Tan imposíbel como negar a orixe común, ese galego medieval ou galego-portugués no que escribiu un tal Alfonso X.
Tamén se podería facer eco das recentes declaracións do líder do PPdG, Núñez Feijóo
"persoalmente, decátome de que o galego é unha riqueza que nos axuda a abrir as portas da lusofonía". E se o presidente español quere profundizar no tema, que lle pregunte ao seu amigo Suso de Toro(e un dos mellores escritores galegos) a próxima vez que tomen unhas cervexas xuntos.

Conclusión, dende os dous puntos de vista lingüísticos só depende da súa vontade cumprir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, ratificada polo Goberno español no ano 1992. "As partes comprometem-se a garantir a liberdade de recepção directa das emissões de rádio e televisão dos países vizinhos numa língua falada de maneira idêntica ou parecida a uma língua regional ou minoritária, e a não opor-se à retransmissão de emissões de rádio e de televisão dos países vizinhos em dita língua. Mais além disso, comprometem-se a velar para que não se imponha nenhuma restrição à liberdade de expressão e à livre circulação de informação numa língua falada de maneira idêntica ou parecida a uma língua regional ou minoritária..."

Dificilmente se pode ser europeísta negándolle a intercomunicación a dous pobos veciños, que noutrora compartiron unha historia e hoxe comparten unha Euro-Rexión.

Actualizado

A recepción das radios e televisións portuguesas no Congreso
Pregunta e réplica do deputado do BNG, Francisco Rodríguez e resposta e contrarréplica do presidente español, José Luís R.Zapatero.

Posterior debate Zapatero/Rajoy, alundido o tema.


Os media portugueses fanse eco da nova

23.10.07

Mellorábel

Jorquera, Fernández Davila, Tabarés e Paz Abraira, cabezas de lista do BNG
Dende un punto de vista electoralista, de renovación e de futuro, eu preferiría cambiar algunhas caras:
Ana Pontón pola Coruña e Roberto Mera por Pontevedra. Iago Tabarés seguiría por Ourense. E pola provincia de Lugo como non teño moita idea, tamén poderían acertar coa
responsable local do BNG de Lugo, Paz Abraira.

A imagem “http://212.51.53.112/robertomera/wp-content/themes/temaBNG/imx/foto.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
En todo caso hai outras mulleres na Executiva Nacional ou fora como Ana Miranda.
A imagem “http://www.bng-galiza.org/futuretense_cs/Imagen/ana-ale-HORIZONTAL,0.JPG” contém erros e não pode ser exibida.
O Bloque precisa recuperar o tan claro maioritario voto da xente nova, e dende o meu punto de vista, as persoas que nomeei son das que máis se poden identificar.

24-X-07.- Outra opción moi boa,
se Beiras se prestase, sería que fora el pola Coruña e Ana Pontón(nada en Sarria) por Lugo, Tabarés por Ourense e Mera por Pontevedra. Cantas leccións ía dar O Beiras nos madriles.
No Congreso, Uxue Barkos, gañou moitos dos votos que Nafarroa Bai ten agora en Nafarroa(2ª forza política) e ela mesma case consegue ser alcaldesa de Iruña. Pois iso, que dos catro propostos pola Executiva Nacional, creo que só Iago Tabarés "vende".

17.10.07

3º Mundista


"o caso máis significativo de Galiza constitúeo Avión (Ourense), unha localidade na que o censo electoral apenas supera os 2.200 habitantes, que se duplican se se suma aos emigrantes, que representan o 49,4 por cento dos votantes da localidade.
Outros casos nos que a incidencia da diáspora é determinante son Bande, co 47,3 por cento do censo total de 3.972 persoas; Arnoia, co 46 por cento dunha poboación de 1.913; Beariz, co 44,2 por cento dos 2001 electores cos que conta o municipio; ou Quintela de Leirado, co 44,3 dun total de 1.250 veciños con dereito a voto. Dos 32, ata 27 corresponden ao PP, tres ao PSdeG, un ao BNG e outro a Vucar, partido que goberna en Carballeda de Avia, con tres de cada dez electores no CERA."
25/03/2007
O voto emigrante determinará a alcaldía en máis de 50 municipios

16/10/2007 O voto emigrante, no centro do debate

Até cando?

Actualizado 21/X/07. Moi gráfico, galegos de pura cepa... Niki Lauda poderá ser galego de Loña do Monte se así o quere
Actualizado 11/II/o8.
25.01.2008 "A este censo apúntase un de oficio, as papeletas recíbenas de oficio, de modo que é posible, e de feito ocorre, que voten persoas mortas. O 85 por cento del non ten máis relación con Galicia que a adhesión sentimental", asegurou.
Os emigrantes non contan
Ademais, criticou que os seus 300.000 integrantes non se contabilicen para o número de deputados asignados a Galicia. Segundo dixo, se se contasen, Galicia "podería ter cinco deputados máis", e asegurou que isto "non interesa porque o BNG podería ter ata o seu propio grupo parlamentario nas Cortes". Quintana pide regular o voto emigrante
26.01.2008 tachou de "hipócrita" a postura de non recoñecer aos emigrantes o dereito a influír nos gobernos e reiterou a súa convicción de que "estas actitudes" están "motivadas por puros intereses electorais". Varela acusa a BNG de hipocresía co voto emigrante
27.01.2008 Caldera propón que os emigrantes teñan circunscripción propia
15.02.2008 Un ano despois, os dereitos civís dos mariñeiros galegos embarcados seguen sen poder ser exercidos”, galegos de terceira xeración, que poderán votar, pero “sen as garantías mínimas: depuración do censo, voto en urna, coa consecuente formación de mesas electoriais con interventores”.
2.04.2008 E despois da resaca electoral...chega Isabel Pantoja O alcalde de Catoira aproveita un multitudinario xantar con emigrantes en Arxentina para pedirlles que comuniquen calquera cambio no censo.


20.05.08 Documentos oficiais contradin á Xunta sobre a suposta axente electoral
A muller non viaxou a coidar á súa irmá, como aseguraron Emigración e o PSOE

15.10.07

É a Generalitat máis de esquerdas cá Xunta?

Nisto polo menos, si.

"Esta lei contempla que a Administración, en determinados supostos, poida expropiar o usufructo de vivendas baleiras para destinalas ao mercado de aluguer social."
Generalitat, constructores e sindicatos asinan o primeiro gran pacto pola vivenda do Estado
"PP e CiU opóñense a un acordo que permitirá construír 50 mil pisos sociais cada ano e rehabilitará máis de 300 mil. Ademais, os propietarios de pisos desocupados estarán obrigados a alugalos"

Como xa dixera,
"En Galiza hai 229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?"

Actualizado 11-II-08.
"A consellaría que dirixe Teresa Táboas aprobou dende a posta en marcha do programa da Renda Básica de Emancipación (RBE) o 2 de xaneiro, un total de 731 axudas, o que supón o 39 por cento do total estatal, situándoa á cabeza co maior número de concesións, e que supoñen unha subvención media de 187,35 euros."
"A Consellaría de Vivenda e Solo conta tamén cun Programa de Vivenda en Aluguer dirixido a aquelas persoas que non superen os 15.000 euros anuais independentemente da idade. Esta axuda non é compatíbel coa anterior, e ten como obxectivo que os inquilinos non destinen máis do 30 por cento dos seus ingresos ao pago dun aluguer." Galiza á cabeza nas axudas de alugueiro para emancipación
15-IV-08 Galicia ten 10.000 pisos acabados ou en construción que non se venden

8.10.07

A retroalimentación do PP e o PSOE e o esperpento da política española

«Non me arrepinto de nada. Fíxeno polo ben do Concello de Camariñas e da comarca. Se fose outro conselleiro, o mesmo. O gasto foi mínimo, dous euros o custe da auga e 15 euros, tirando por riba, o do gasóleo do camión»
3/10/2007 O alcalde de Camariñas critica que o PP leve ao Parlamento a piscina que encheron os bombeiros

A foto é das eleccións nacionais galegas do
2005.

"Entre os receptores de mariscos pagados con fondos do Concello de Viveiro, figuran tamén a ex conselleira de Familia Manuela López Besteiro; a esposa dun ex director xeral de Defensa, Beatriz Dávila; a cuñada dun ex director de Costas, Amalia García Otaiza; e os sogros de Rodrigo Rato."
"Foi xente que se molestou, que suspendeu as súas vacacións ou as demorou para favorecer ao pobo de Viveiro con concesións e cousas que hoxe poden valer máis de 13.000 millóns de pesetas, razoou no seu momento o ex alcalde." 11/05/2006 Arquivada a querela contra Aja por regalar marisco con cargo ao Concello

Creo, ou mellor dito, teño a seguridade de que os conselleiros, directores xerais, ministros... tódolos cargos políticos, cobran un bo soldo sen necesidade de mariscadas ou piscineos con cartos públicos para que fagan o seu traballo. E se precisan destes agasallos ou peloteos, que o digan antes de presentarse a unhas eleccións.

A verdade é que o PP teno difícil para denunciar algo que non fixeran antes, até ao Sr Feijóo lle saen cousas. A Xunta contratou unha empresa representada pola irmá de Núñez Feijóo. "A mesa de contratación produciuse o 29 de xuño de 2005, dez días logo das eleccións, e a firma o 19 de xullo, un mes despois de que perdese a maioría o PP nas urnas."
Non sei como despois me soprenden as declaracións do líder popular "galego", o seu concepto de democracia e a súa idea da política. "Sempre ocurriu* , mandan os que teñen as forzas de seguridá* "
"Nós aprendemos do Partido Socialista"(escusándose da súa emenda do plus para os ex-altos cargos)


Non entendo coma o PSOE(con todo o poder mediático afín que ten) lle permite ao PP facer oposición co tema de ETA. Comparando o nº de asasinados con Aznar e con Zapatero, Iñaqui Bilbao ceibe/de Juana Chaos preso, Aznar negociou co "Movimiento de Liberación Nacional Vasco (MLNV)" e Zapatero con ETA, o primeiro acercou presos e ceibou a outros etarras, o segundo referiuse ao atentado da T4 coma un "tráxico accidente"(e de feito ETA avisou pero xogando con lume, xa se sabe). Despois da negociación, Otegui no cárcere e agora case toda a cúpula de Batasuna facéndolle compaña. E de que vale isto? Cando a militancia escollerá outros representantes. Non sei até que punto se puido chegar na negociación pero este PSOE, xa se viu co estatut, ás primeiras de cambio frea e dá a volta. O peor de todo, é que a Xustiza segue indo da man da actualidade política, queimar un retrato do rei(ou de calquera outra persoa) nunca podería ser un delito no século XXI, e máis en Europa.
Faime graza escoitar a un Rajoy como querendo dicir que con el iso non pasaría, dan gañas de recibilo queimando fotos súas, pero coma estou contra o cambio climático, eu racharía as fotos e tiraríaas nun contedor amarelo. Vaia defensa da monarquía a do PP, cando non din nada de
"Don Federico, que pediu desde as antenas da COPE a abdicación do Rei Juan Carlos, insinúa abertamente que o monarca foi o auténtico muñidor do intento de golpe de estado do 23-F."
Ou a outro notas vido de Madrid para dicir "hoxe atopámonos cun nacionalismo máis radical en Galicia". O Bloque tiña que mandarlle ao Beiras ao senado.
Despois para profundar no esperpento Rajoy quere buscarlle unha letra ao himno español, por moito que lle poña esa letra, nunca vai soar ben, musicalmente o himno español é anti-létrido. Ou o da ausencia das bandeiras nalgúns concellos, non só porque cando gobernaba Aznar iso xa sucedía, senón porque nalgúns dos concellos do PP aínda hoxe non ondea. En Libertad Digital dende esta foto a esta(onde parei), xa contei 12 concellos pepeiros violadores da lei.

2.10.07

Non somos España

"Somos España", velaí o lema do PP xurdido das "Nuevas Generaciones" para o 12 de Outubro. E que mellor proba de que Galiza non é España que o cartaz pretendido en galego.
A nosa casa, a nosa Nación é Galiza e a nosa xente é o pobo galego, que non ten nada que festexar o 12 de Outubro.


Con outro cartaz xustifican os FrFr(freaks franquistas) noutra recente e descoñecida asociación, a falta que fai o mínimo do 50% das materias en galego. Os galegos entendémonos pailáns!!

Seica,
o COE e a SGAE inician o camiño para pór letra ao himno nacional. Pois eu xa atopei unha que me gosta


1.10.07

Políticas de medias tintas

1.-«Non podemos seguir favorecendo a diseminación, o plante vostede a casa onde lle apeteza, faga urbanizacións onde queira, desordenadamente, e levando ata custos insoportables a prestación dos servizos que, por certo, non se financian con cargo ao propio proxecto»
O presidente da Xunta xustifica que o seu Goberno pare a gran urbanización nun monte de Tomiño


Por que entón non se pon un límite as vivendas adquiridas por persoa(ou parella) nunha cidade? Por que non se lles obriga(multándoos) a alquilar(fixándolles un prezo máx.) aos propietarios de "x" pisos(senón os están cobrando xa en negro)?
En Galiza hai
229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?

Máis da metade dos alugueiros en Galiza páganse con diñeiro negro

Que farías para garantir o acceso a unha vivenda digna?(En Vieiros)

2.-Ence non, Reganosa si?

3.-O BNG intentará aproveitar a negociación de novas leis da Xunta para derrogar o plus dos ex altos cargos VS "O Bloque vai tratar a súa proposta de revisión do complemento retributivo para altos cargos sen ningún tipo de espavento nin controversia máis aló do lóxico"

Agardo que o mínimo lóxico sexa poder renunciar a cobralo plus e que isto sexa de obrigado cumprimento nos ex altos cargos do Bloque. Sería unha controversia, posto que foi unha emenda coa que os nacionalistas non estiveron de acordo
A ver como reaccionarían despois o PP e o PSOE, se o BNG lle demostra a sociedade que eles si "son diferentes".

4.9.07

As diferenzas entre Feijóo e Rajoy... o hino e as galescolas

N.Feijóo: á idade en que os nenos son aceptados nas garderías, os tres meses, teñen que ocuparse basicamente de dúas cousas: «de tomar o biberón e de aprender a eructar»
M.Rajoy:
"sábeo até un neno pequeno: os terroristas só teñen unha posibilidade de gañar e é que alguén negocie os seus obxectivos políticos a cambio de que eles deixen de matar"

Agora quédome coa dúbida da idade mental de Jose Mari no 98, cando iso do
"Movimiento de Liberación Nacional Vasco (MLNV)". Ao mellor xa lle daba á botella daquela...

Tamén dubido da capacidade dun cativo de idade menor ou igual a 3 anos para aprender o hino e menos para comprendelo. Hainos maiorciños que din que insulta aos que non entenden o galego, a todo o mundo menos á lusofonía?... Hai que ser iñorante, e féridos e duros, imbéciles e escuros.
Tampouco son partidario de ter que aprendelo como obriga xeral no ensino, si de que un mestre de galego de forma particular lle obrigue a aprendelo hino ou o poema d'Os Pinos, como a min me fixeron coa "Canción del pirata"(con diez cañones por banda...). Si a que se coñezan os Símbolos de Galicia ou a que se cante o hino en actos sinalados(Día das Letras Galegas, ao inagurar o novo curso escolar... ) de memoria ou léndoo. Cando sexan políticos, galegos comprometidos... xa darán exemplo de que o saben.
Ou a que un mestre de historia, galego ou castelán, lles amose a definición de nación polos dicionarios da RAG e a RAE e lles abra a xanela para que vexan ou non a nación galega. Aínda que para min chegue con ver que nun territorio hai unha xente que fala maioritariamente un idioma que crearon e evolucionaron eles mesmos, sen ter sido este idioma imposto. Hai algo que une a un pobo nun territorio.
A que lles fale da
participación de Galiza no IX Congreso de Minorías Nacionais Europeas, organismo adxunto á Sociedade das Nacións, reunido en Berna (Suíza) do 16 a 18 de setembro de 1933. A que lles amose Galiza, a que lles aprenda a respectala, a disfrutala e a compartila.

Tampouco me gosta falar de galeguizar apelidos(de forma voluntaria), cando do que se trata é de des-castelanizar apelidos galegos. Ou o de chamarlle ás escolas infantís normais en Galiza, galescolas. E o que menos me gosta, que ao que eu votei se lle contaxie a demagoxia
"para o PP o himno galego é igual que un eructo". Somos diferentes, sodes diferentes Quintana!! Coma se nos fixera falta...

20.8.07

Baiona - Illas Cíes

Nen morrín nen finiquitei a blogue, estou off line e grazas a Chuza! sen gañas de postear. Aproveito para compartir unhas fotos.

Por certo, é unha impresión miña ou este ano viñeron máis portugueses ca nunca. Sempre houbo en Baiona tanto pixo madrileño?

5.6.07

Confirmado!!

Á Guerra do Iraque para saír nos libros de historia á beira de Felipe II(S.XVI)

"- Volvería apoiar a invasión a Iraq?
- É a primeira a vez que España desde o século XVIII estaba no centro dos asuntos mundiais, e estar entre os dez máis importantes é mellor que estar entre os dous países máis marxinais." Aznar no semanario arxentino Perfil
Atopado en Periodismo Incendiario

30.5.07

Menos mal...

Botámola dama del Olivo, estrella de perfil moderno, da alcaldía(e ao "galeguista" Soto do concello).
Teremos de alcalde ao "Fernando Alonso de Galicia", o BNG e Santi Domínguez tamén formarán parte do goberno vigués. E o "rookie" Hamilton, xa leva os mesmos puntos co seu compañeiro en McLaren...
A pesar de que nas cidades coma Vigo ou Pontevedra, haxa xente(coma no rural) que ten cun concepto de modernidade que mete medo, o BNG ten en Galiza un punto de inflexión e comeza a gañar votos.

24.5.07

Festival Do Norte 2007

5 fotos en Vilagarcía de Arousa. Mendetz, Triángulo de Amor Bizarro, The Sunday Drivers, Delorean e Deluxe.

O que máis me gosta e me gostou: Mendetz(só lles coñecía o single), Triángulo de Amor Bizarro(lástema de son), Delorean(mellor en Capitol-Compostela), Deluxe(concertazo de Xoel, a súa banda e as súas sobradas) e CatPeople(aos que lle faltou a intensidade e complicidade que presenciei noutros concertos). E quedeime sen ver a Igloo, que tiña gañas de velos en directo. E a Ectoplasma e a Schwarz, os 3 da primeira quenda do sábado, por mor da miña resaca e da preguiza xeralizada dos meus amigos no camping.
Sr Chinarro, The Sunday Drivers... tamén estiveron ben, pero non son algo que me vaia moito. E do antes mentado Xoel góstame máis o seu proxecto con Felix Arias, chamado
Lovely Luna


23.5.07

Premio a'O Máis Verzas nestas eleccións

- Candidato nº1, Feijóo segue agasallándonos con boas pérolas, non podía ser doutra forma sendo o sucesor de D.Manuel.
"Sempre ocurriu* , mandan os que teñen as forzas de seguridá* "
E é que tendo de referente demócrata ao Fraga ex-ministro franquista de "la calle es mía" ou ao Fraga ex-presidente da Xunta de "que entren los antidisturbios", pois até é normal.
Tamén lle colleu gosto ás fotos.
- Candidato nº2, Touriño, o actual presidente da Xunta refírese ao candidato á alcaldía de Vigo, Abel Caballero, coma "O Fernando Alonso de Galicia, ese Abel!!"
Debe ser polo fume, que non bota pero vende o Sr Caballero...


- O Primeiro Candidato, o ex-ministro e ex-presidente volve a súa terra para "axudar" na campaña electoral do seu partido.
E aos 84 anos cos que "estaría" "gobernando" na Xunta é difícil cambiar...
"a Sra Royal, que o único mérito, ter catro fillos ilexítimos"

Concurso e competidores que propoño na miña blogue, aberto a recibir máis frases, vídeos, fotos... e candidatos de tódolos partidos que se presentan en Galiza(xa sei que fora teñen a Camps, Aznar, Rajoy.... ). E aberto ás votacións nos comentarios.

Actualizado
-Esquecía outra do Candidato nº1, no Día das Letras Galegas. O galeguista reformista
Núñez Feijóo, pediu liberdade na elección do galego ou do castelán, "porque unha lingua se* quere*", dixo, "e non se impón"
Sin olvidarse de mentar "mirando cara a Noia" a la homenajeada María Mariño, defendió la utilidad del bilingüismo y advirtió de que un gallego "non é do século XXI si* non coñece as linguas de Rosalía e Cervantes".
-Nos comentarios, Andaime propón outra do Primeiro Candidato, Manuel Fraga, que non quere aínda que lle supere "el águila de Os Peares"(para El Correo Gallego)
"Todas as empresas humanas son camiños que hai que percorrer sen pisar a ninguén, salvo que se empeñen"
-Candidato nº3, as escusas do alcalde de Ourense e candidato nas eleccións cando lle descobren que ten 16 persoas censadas na súa casa, 7 no piso do fillo e outras 7 na casa da secretaria.
"Lo que ocurre es que la mía es una casa grande, de dos plantas, y por eso tengo domiciliados en ella a mis hermanos y a mi madre, pero nada más"
"Enrique Novoa alegou que o seu fillo está empadroado na vivenda dos seus pais, situada na parroquia de Cudeiro, e que ten o piso alugado ás persoas que figuran como censadas no piso propiedade do mozo." Vaia pisazo, alugado á sete persoas, unha familia do Opus será?
-Candidato nº4, é un xornal(gratuíto) pero meréceo.
20 Minutos, edición Vigo: "El candidato nacionalista habló en gallego durante toda la entrevista con 20 minutos. Con su permiso ha sido traducida al español para que todo el mundo pueda leerla." "Deme dos razones por las que Vigo deba votar nacionalista en pleno siglo XXI." Subida por min ao Chuza!
Ao día seguinte, 20 Minutos, edición Vigo(páxina 2 deste .pdf), recoñece ter mentido, pero non se escusa nen explica porqué a traduciu, cando por exemplo no ADN e no Qué! vigués non traduciron a súa entrevista.

6.5.07

Líderes Cósmicos


Tamén recomendo a opinión de Gabilondo ao respecto
Actualizado,
Unha biografía(afín) presenta a Aznar como un tolo do volante con moitas multas

"Tras o programa de TVE, Rajoy foi preguntado en Granada de novo polo seu soldo e explicou que sempre mira a súa conta bancaria a final de mes porque o necesita «e moitísimo», á vez que recordou que a súa muller tamén traballa e que el ten «os problemas que teñen todos os cidadáns» coas súas finanzas.
Hoxe, finalmente, Rajoy accedeu a desvelar a incógnita e explicou que cobra «3.000 euros como deputado por Madrid e 5.000 máis» que lle paga de complemento o Partido Popular."->

Escolma da alcaldesa que fai honor ao seu apelido
"Cada un deles sairá por 2.700 euros, o que fai que a decisión de sementar as vías de palmeiras salga por 540.000 euros, case 90 millóns das antigas pesetas."
"os asentos de pedra foron finalmente substituídos por xardineiras de granito Vermello Altamira, unha roca de alto custo, moi superior ao dos granitos galegos,"->

"Porque cando aquí nos poñan os chineses unha industria con catro pesos, e a nosa industria se véxa castigada, nós debemos ser o suficientemente estrategas para desenvolver as nosas posibilidades. Estamos sacándolle todo o rendemento á cidade. ¿Con macetas? Pois si. Nesta cidade fai falta moita máis política de macetas."->

"-Acabamos, ¿a que adica o tempo libre?
-Apaixóname a natureza. Son experta en céspedes e entendida en árbores."->

Publicidade institucional dentro da campaña electoral da mesma alcaldesa
A xunta electoral require a Porro para que cese o envío de cartas sobre os logros do seu goberno ->
Esta foto fíxena dende o coche, a cor laranxa deses recentes cartaces do suposto Plan Coia, só é unha coincidencia...
http://img481.imageshack.us/img481/3648/plancoiaiz1.pnghttp://img399.imageshack.us/img399/3364/cuerpo50208wq4.jpg

3.4.07

Mmmmmmúsica!

Recollo a testemuña de Fer, e paso a confeccionar a miña listaxe de música para facelo.
Para foder acéndese a radio ou tv a todo volume, ou póñenche un cd cos últimos éxitos dos "40 principales" para que non escoiten @s compañeir@s do piso. Cecais pola miña educación cristián só empregue o termo foder para falar das "batallitas", ou con esas amigas coas que non me vendo e non me fai falla facer paripés. Imponme que unha rapaza me fale directamente de foder ou "follar", prexuízos de promiscuidade e hipocrisía á vez, é o que hai...
Indo ao tema, a iniciativa xurde de
Mariademallou e Gustavo Harvey, coma unha escolma de cinco temas e a ser posíbel co seu YouTube. Para isto considero máis acertada a proposta de 5 LP'S de CCCP, e coma bo atravesado que son, a min dáme por deixar 5 artistas ou grupos recomendábeis como banda sonora na cama.
Os temas son representativos e non seguen nengunha orde de preferencia
Un clásico, e un
"sex symbol" inmortal
1.- The Doors, "Light my fire"
Bo gosto o daquela rapaza. Do mellorciño para eses "momentos"
2.- Portishead, "Glory Box"

Dende Islandia, sensual, intensa, insuperábel...
3.- Björk,
"All is full of love"
Recomendación do ex-conselleiro de "cultura", PPérez Varela(mp3)

4.- Massive Attack, "Special Cases"
Unha novidade, single e videoclipe de estrea
5.- Air, "Once Upon a Time Video"

E de agasallo
- Unha moza bailando ao son de "Closer", Nine Inch Nails
- Até o máis snob, Alizee lle ten que namorar. Ela si que nos normalizaba o galego

Todos os que saian eiquí ou acó están invitados a achegarnos as súas preferencias

Actualizado
De todo o que ouvín(e se contar os meus), quédome con 3, o tipiquísimo Je t'aime(que só me pareceu velo nunha blogue e noutra versionado), o máis posteado:Sexual Healing e o Is This Love de Bob Marley. Que pouco Reggae vin e co ben que pega...
E engado outra miña dun recopilatorio de Jazz, Body And Soul de Coleman Hawkins.

29.3.07

judío, a.

(Del lat. Iudaeus, y este del hebr. yĕhūdī).

1. adj. hebreo (del pueblo semítico que conquistó y habitó la Palestina). Apl. a pers., u. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo al que profesa la ley de Moisés.

3. adj. Natural de Judea. U. t. c. s.

4. adj. Perteneciente o relativo a este país de Asia antigua.

~ de señal.

1. m. judío a quien se le permitía vivir entre cristianos, y se le hacía llevar una señal en el vestido o tocado para que fuese conocido.

V.

caracol judío



"Gonzo habla con la embajada de Costa Rica en España para preguntarle si, en realidad, el término 'gallego' con ese significado peyorativo se utiliza en su país. Claro, el mosqueo de nuestro hombre de negro va en aumento cuando la embajadora le contesta que nunca ha escuchado a ningún compatriota suyo uilizarlo con ese significado."
Pérez Reverte vs Gonzo(CQC)

Portugal e Suecia por diante

"En Portugal, na Asemblea da República, existe unha circunscrición específica para os cidadáns no exterior." Guillerme Vázquez

"suscita que se constitúan mesas electorais a bordo dos buques, delegando como funcionario responsable do proceso ao capitán.
O portavoz de Pesca do grupo parlamentario do Bloque, Bieito Lobeira, que presentou a iniciativa, asegurou que a medida é técnicamente viable e posible e remarcou que xa se leva a cabo en países como Suecia, cunha flota moito máis pequena que a galega."

E sigo con dúbidas, os emigrantes(fora do Estado Español) poden votar nunhas eleccións locais, nacionais, estatais e europeas. Pero a quen votan? Aos que fan ou prometen facer alí, eiquí ou en ámbalas dúas? Cales son as competencias con respecto a eles dos distintos cargos?

Un alcalde chega alí e pregunta, -a ver, os de Compostela que dean un paso ao fronte, ou mellor, tódolos emigrantes de Compostela que veñan a Buenos Aires que lles dou un carameliño-.
Outro envíalle unha carta aos lugueses de Uruguai e dilles, -en Lugo agora, grazas a min, os lugueses somos persoas. Se queredes que sigamos sendo persoas, enviade o sms orozcoxvos ao 3540-.
Despois chega o Presidente da Deputación de Pontevedra (
Agolada | Arbo | Baiona | Barro | BueuCaldas de Reis | Cambados | Campo Lameiro | Cangas | A Cañiza | Catoira | Cerdedo | Cotobade | Covelo | Crecente | Cuntis | Dozón | A Estrada | Forcarei | Fornelos de Montes | Gondomar | O Grove | A Guarda | A Illa de Arousa | Lalín | A Lama | Marín | Meaño | Meis | Moaña | Mondariz | Mondariz - Balneario | Moraña | Mos | As Neves | Nigrán | Oia | Pazos de Borbén | Poio | Ponte Caldelas | Ponteareas | Pontecesures | Pontevedra | O Porriño | Portas | Redondela | Ribadumia | Rodeiro | O Rosal | Salceda de Caselas | Salvaterra de Miño | Sanxenxo | Silleda | Soutomaior | Tomiño | Tui | Valga | Vigo | Vila de Cruces | Vilaboa | Vilagarcía de Arousa | Vilanova de Arousa), -Pontevedreses Todos!! vide a Buenos Aires que vos traio o aguinaldo-.

Éche unha risa...

Actualizado 29-03-07. Máis esperpento "
Tivemos unha oferta, aparte de varias persoas, que era entre cinco e oito dólares por voto".

27.3.07

O concello da diáspora

É unha vergoña que co PSOE o voto da diáspora siga igual, sen urnas, sen censos fiábeis... pero con viaxes(cunha man e outra), con cartas. Sen chegar ao nível e descaro da era fraguiana, pero xa fodería...
Os militares poden votar alí onde estean, os mariñeiros non, discriminación pura, dura e facha!!.
E por que sigue igual?, sinxelamente porque agora son eles os que se poden aproveitar, tempo tiveron e nada fixeron, que demostren o contrario.

Por outra, o concello dos emigrantes é no que viven, no que traballan, pagan impostos e esixen servizos por elo.(Eu sempre votei en Vigo porque é onde vivo e estou empadroado, non levo eiquí nen a metade da miña vida)
"
Os resultados das eleccións municipais do próximo 27 de maio dependerán en máis de 50 concellos do concurso da emigración, posto que polo menos un de cada catro dos seus electores reside no estranxeiro."
Coma galegos no exterior, de votar nunhas eleccións locais en Galiza que o fagan todos nun mesmo concello, o da diáspora, con sé en Galiza ou nun dos países con máis galegos, con orzamentos, representantes políticos emigrantes coma eles e competencias propias. Nas eleccións nacionais e estatais, para que tódolos votos teñan o mesmo valor, circunscrición única, e senón, coma mal menor, 1 ou 2 deputados asignados á diáspora. Tamén habería que considerar porqué un galego, xusto á outra beira do Miño pode ser emigrante para votar en Galiza e un nas Canarias non.

300.000 votos aprox. que merecen ser tratados con dignidade e sen dúbidas. Pola democracia de tódol@s galeg@s.

20.3.07

Xil Ríos reintegracionista?

"Esa Muller"(Essa Mulher?). Actuación de Xil Ríos, en galego internacional, no programa Luar d'A Galega. (16-III-07)

E para non volver esquecerme dunha petición vía e-mail, o videoclipe de Sete Saias, "Rompendo a marea" do seu disco debut, tamén de nome Sete Saias.

28.2.07

A independencia do PSdG

Que errados estábamos os que críamos que os partidos "dG" só eran sucursais do PP e PSOE en Galiza.
Hoxe, grazas ao "Maragall galego" Touriño, o PSdG pode dicir unha cousa en Galiza e o PSOE a contraria, que vai a misa, en Madrid. O NON no Congreso de 10 deputados galegos
deixa só ao conselleiro de Innovación e Industria na UE, un 155 a 146 que puido ser un 145 a 156 para e polos galegos.
IU que pactou co PSOE a cambio?


21.2.07

Por que non?

Por que non van poder algúns militantes do BNG ser máis críticos cos palestinos que cos israelís? Comprendería que os expulsaran se apoiasen á política imperialista dos USA, tódalas medidas do goberno israelí ou lle negasen a Palestina o seu estado.
Pode un rabino de Viena facelo contrario e non pode Gómez-Valadés(
responsábel da Comisión de Cultura e Lingua na comarca de Vigo) presidir a Asociación Galega de Amizade con Israel?
Quere imitar a UPG ás escolas xudaicas de Austria que expulsaron aos fillos deste rabino por participar nunha conferencia no Irán?
Pode Esquerda Nacionalista criticar á UPG, defender unha postura sen demagoxias baratas?
No último Consello Nacional o Encontro Irmandiño acadou o 17%, A Alternativa o 11%.

Pedro Gómez-Valadés n'A Entrevista d'A Galega(tamén deixa as súas pérolas)
Presentación da AGAI no YouTube

"en ningún outro lado me recibiron con tanta hospitalidade como en Palestina" Nadal en Belén, blogue en "El Correo Gallego"da viaxe de Lucía Cheda ca "Sinfonía de Mulleres pola Paz en Palestina"
Actualizado 24-II-07
Pedro Gómez-Valadés entrevistado polo racista e homófobo de César Vidal no seu programa "La Linterna" da COPE, o martes 20 de Febreiro. A partir do minuto 26:25
"Don Pedro" e os "amigos de Israel" poderían buscarse mellores e menos contraditorias compañas.

Esaxera Bieito Lobeira?

Así remata B.Lobeira no polemizado artigo da súa blogue:
"As súas análises sectarias e racistas, a súa manipulación torpe, a súa ignorancia e desprezo co noso, enfin, a súa soberbia antigalega, téñenlle aberto os ollos a máis dun. Obrigado."


Pois si, até no racismo(o outro xa é diario) caen algúns xornalistas e medios de comunicación, galegos e estatais.
En orde decrecente de intensidade, o que eu me teño atopado, só en canto a racismo cos galegos:
"éste conseguirá que cada gallego se pueda casar con su vaca, porque ustedes saben que los gallegos son mucho de la vaca, su pareja de hecho para algunos." Antonio Burgos, ABC
"Como buen gallego, Soto se dejó ahorcar sin aspavientos, mostrándose, cuentan, arrepentido, resignado y también algo chulito. Que me quiten lo bailado, debió de decir. O algo así." Arturo Pérez Reverte. Sigo descoñecendo a acepción de "gallego" que escolle este membro da RAE
"También parece que les caracterice cierto
despiste. A nadie sorprende que una señora diga «cuidado te vas a caer» cuando el interfecto ya está en el suelo." Especial eleccións galegas de "El Mundo", falando dos galegos
"Yo no me estimo por ser gallego. Me trae sin cuidado. Por el contrario, hago lo normal. Es así: no esputo en la calle; no cuelgo el paraguas de la chaqueta; uso jabón; tengo betún de varios colores; no vivo para comer; cuido que el peso no me pase; no echo la basura en cualquier sitio; procuro no quemar; me ducho como manda la piel (las dos) diariamente; no voceo al hablar; etc., etc. En fin..." Carta ao Director publicada en "El Correo Gallego"

A crítica do PPdG cheira a Fraga, a franquismo, só eles poden ter liberdade de expresión, os demais a calar.

En Libertad Digital e a COPE(con licenza esta última do anterior goberno galego para tv en GZ), o racismo, a homofobia, o fascismo e as ameazas aos inmigrantes son unha constante.

A actualidade en branco e negro

Crer estar informado da actualidade, a flashes de titulares televisivos e de xornais de xoguete(tamén chamados gratuítos) está moi xeralizado na sociedade. Hainos incluso que cren na "realidade" que lle conta un tal Jiménez Losantos.
Criticar á Xustiza é defender a De Juana, defender a Oleguer é defender a De Juana, algún amigo chegou a dicirme que indirectamente apoiaba a ETA("100 % con Oleguer" tiña de frase no Messenger !!).
Pois a flashes llo resumo
"Debido ás vantaxes legais vixentes impúxoselle* unha pena de 18 anos polos crimes cometidos."
A boa fe, Oleguer Presas
"Por suposto, todo é argumentábel, polo dereito e polo revés, pero arrepía pensar que dous textos sirvan, nunca mellor dito, como pretexto para paralizar –por razóns de Estado, de estratexia política, presión mediática ou partidaria–, unha decisión xudicial errada ou impopular, utilizando, con tal fin, unha posesión, esta si sagrada, como é a liberdade de expresión." Polo meu dereito a cagarme en todo, Fran P.Lorenzo
Kelme rescinde o contrato con Oleguer polo seu artigo sobre De Juana Chaos
"As vinculacións da contorna de Kelme co Partido Popular sempre foron moi estreitas"

(*Impúxoselle unha pena de 3.129 anos, polas "ventaxes legais vixentes" do Código Penal de 1973 no momento da condea, quedaron en 18.)

O máis destacábel dos artigos do preso etarra Iñaqui de Juana Chaos
"Xuíces prevaricadores, políticos corruptos, profesionais da tortura, carceleiros sen escrúpulos sodes aburridos, cansiños e previsíbeis. Non merecedes nengún respecto nen consideración, nen sequera o mínimo como para coidar o ton desta carta."
"Fai anos escoiteille a un moi apreciado compañeiro berrar con forza «Sacade as vosas sucias mans de Euskal Herria». Si, sacádeas, porque outro camiño só implica máis sufrimento. Ou o futuro terminará demostrando, sen dúbida, que vos quedástedes sen elas." O escudo
"A nova política penitenciaria do novo Goberno do señor Rodríguez Zapatero consiste en recuperar ou promocionar aos personaxes de máis triste recordo para os presos en xeral e para o Colectivo de presos políticos vascos en particular. Ou en manter no seu cargo a quen xa cumpren aqueles requisitos.
As expectativas cumpríronse. Ou se cadra me equivoco e os torturadores son capaces de loitar contra a tortura. Experiencia non lles falta. E entón, ata eu sería capaz de imaxinarme á señora Gallizo doutro xeito da que é." Gallizo

De que valería que de Juana "se arrepentira"? Como se demostra? Darémoslle a benvida na xustiza española ao polígrafo, detector e demais supostas máquinas da verdade?
"a pesar de que nunha das conversacións telefónicas que lle interviñeron cando estaba en Milán recoñeceu planear o 11-M" "Mohamed O Exipcio" condena tanto os atentados de Madrid como os de Nova York e Londres e recoñece ser un musulmán moi relixioso, "normal", pero non extremista

A nova senteza revisada de 3 anos para de Juana si está en liña coa xurisprudencia, pero esta segue sen estalo coas ameazas da extremo dereita.

4.2.07

Castelao e os irmáns da liberdade

Atopei de casualidade o video colgado para ver in situ no soportal do audiovisual galego, unha oportunidade única para ver ao irmán Daniel(e a súa irmá tamén) en movemento.
A imagem “http://www.culturagalega.org/avg/avg_imax/prod/castelaoeosirmansdalibertade.jpg” contém erros e não pode ser exibida.http://img228.imageshack.us/img228/5376/castelaoew9.png
Este tipo de cousas tiñan que estar máis a man, Daniel é noso.

2.2.07

A reforma do estatuto en 2 dimensións

A imagem “http://anosaterra.com/documentos/1253//imaxes/gonzalo.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
Gonzalo, n'A Nosa Terra
http://img186.imageshack.us/img186/5694/birreteseboinasquebandavy9.png
http://img167.imageshack.us/img167/8838/xilroscavilandojo6.png

Lápidas con poesía

Unha de cada mil lápidas en castelán nunha poboación que aínda maioritariamente fala galego. A historia(ver descripción do video) que impuxo unha anormalidade(de tantas), falar galego e sen deixar expresada outra vontade ser lembrado en castelán. Quen somos os familiares, os xornais, as funerarias e a Igrexa para facer tal cousa?
Na reportaxe d'A Galega, vin o que se podería engadir ao espertar das conciencias, a expresividade, o sentimento, a beleza dun idioma que mantén aos nosos, por sempre vivos.
http://img482.imageshack.us/img482/9450/lpidagalegopx9.png
A imagem “http://img165.imageshack.us/img165/4610/lpidaengalegointernacioiu9.png” contém erros e não pode ser exibida.

18.1.07

Acertou

"Supoño que esa fórmula máxica que Touriño di que ten na chisteira será o acordo entre PSdeG e BNG do verán, de incluír no Estatuto o carácter nacional de Galicia, eludir a palabra nación, para ver se o PP entra por aí. Se Touriño fai iso, o PP vai ter difícil dicir que non, pero a pelota estará en mans do Bloque. O BNG cometeu unha imprudencia cando, despois de chegar a ese acordo, dixo que ou nación ou nada e iso referendouno a Asemblea. Haberá acordo se o BNG renuncia á ‘nación’, a non ser que o PPdeG estea en plan de non aceptar nada, como en Madrid"
Xusto Beramendi: “O PP vai ter difícil dicir que non, a pelota vaina ter o Bloque”

No documento facíase referencia á Lei de Símbolos de 1984, que fora consensuada por todos os grupos políticos e aludía ao texto do himno, no que se fala do "fogar e nación común dos galegos". A proposta foi aceptada polo BNG, "nun exercicio de xenerosidade política que se lle agradece", pero non puido saír adiante polo "momento de forte diferenciación e confrontación política" que vive o país. Para Touriño, a proposta do PP faría perder posición ao noso país mesmo fronte a Andalucía, e relegaría o sentimento nacional á corrente nacionalista. Pero, segundo o presidente da Xunta, o clima político actual impediu que houbese o acordo de hai 22 anos, con Fernández Albor e Mariano Rajoy no goberno.
Touriño confirma que haberá reforma, pero agora non é o momento

Segundo Quintana, o PP non estaba disposto "nin sequera" a unha "igualdade xurídica entre o galego e o castelán" e en ningún momento aceptou que se recollese o deber de coñecer o noso idioma. "Teño para min que en toda a xornada de traballo de hoxe navegou por riba de nós unha situación política que non nos compete aos que estabamos na mesa, unha situación que se está a dar en Madrid"

O líder do PP dixo que no PP : "definimos a Galiza coma unha rexión hitórica occidental europea dende a idade media", indicando que "presentamos un Estatuto que facía guiños moi valentes ao nacionalismo"
Feijóo: "Avanzamos pero non foi posíbel"

As propostas de preámbulo do BNG, PSdG e PPdG polo miúdo.

Feijóo, ademáis de traer a ETA(aos medios) a Galiza despídese do seu futuro político na nosa terra. En Madrid será benvido. Que lle vaia tomalo pelo a outros, alí poderá facelo de xeonllos.