31.12.05

Festa Total !!


Unha gran festa si, ambientazo dende o primeiro segundo. Nas bancadas había dende moz@s a matrimonios cos seus fillos e até xubilados, e iso vino no Fondo Norte... Nunca vin unha afeción igual, nen uns xogadores tan motivados. Un símil do que os galegos podemos conquerir xuntos.
Tiveron que pasar 69 anos para poder VOLVER VER a NOSA SELECIÓN, co bipartito chegou a transición. Gañou Galiza e os galegos de San Lázaro puidemos vivir por primeira vez as nosas cores.
Do xogo pouco podíamos seguir dende onde estabamos, aos xogadores nen aos de máis nome era fácil recoñecer, aínda así a motivación dos xogadores é de agradecer, a compenetración e as xogadas non eran normais para uns futbolistas que nunca xogaran xuntos. Reivindicaron a súa valía e Cabanas tamén a súa galeguidade, un símbolo para a diáspora, sorte no mundial!!. Aos xogadores só poderemos pedirlle a mesma ilusión coa que xogaron, a conciencia de pobo vai á par do resto dos galegos. Agardo poder ver pronto o partido na tv, da outra metade do campo non vimos moito.
Lin nalgún xornal, o receo dalgúns pepeiros por ver tanta bandeira nacionalista, e quen crían que eran os máis interesados pola nosa seleción? os que nola negaron? Seica lles gosta máis co escudo do Reino de Galiza... Tampouco entendo a ese par de galegos que levan a bandeira de Portugal ou Euskadi, se son portugueses e vascos mostrando o seu apoio si, pero dubidoo moito. O speaker sobraba, de feito nós non chegabamos a ouvilo e cantabamos o que surxía, tamén me fixo graza o "español el que no bote" en castelán si, dalgún.
Así vin a noite, unha festa total, fúmonos moito máis ledos do que nunca imaxinamos, GRAZAS A TOD@s!!
Fotos: Vieiros, Xurxo Lobato . Homenaxe a Nacho . Videos: do partido , Capítulo XIII da serie documental “Historia do Fútbol Galego”
A imagem “http://www.vieiros.com/medi_galeria/Galiza-Uruguai__o_ambiente_nas_bancadas/bancadas13.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://img357.imageshack.us/img357/5084/timbais7wr.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Na foto da esquerda saímos 6(4 estaban en preferencia).
Os timbais non son de Carlinhos Brown pero case, uns profesionais(de Ourense?) póndolle ritmo ao partido.
FELIZ ANINOVO A TOD@S !!

28.12.05

Sharapova xa ten nacionalidade galega

A tenista de orixe ruso, leva meses saíndo cun mozo da UPG, a parella coñéceuse cando só eran uns cativos, os pais de Sharapova viñeran facelo Xubileo. Co reencontro o amor volveu xurdir, a parella vivirá en Galiza e ela xa pensa en levar a nosa bandeira alí onde compita. Según as súas propias verbas: "Kournikova está cun fillo dun fillo de galego, eu estou cun galego de pura cepa."
A imagem “http://img313.imageshack.us/img313/1410/selecingalegadetenis5um.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Actualizado 30-XII-05 Obviamente era unha inocentada

25.12.05

Máis Bierzo

"É do máis normal que ou BNG faga esas propostas"
"...O alcalde de Balboa tamén recorda que cando toma posesión do seu cargo (esta é a súa terceira legislatura) faino sempre en galego. «Normal, porque aquí falamos galego e a nosa cultura é galega», di."

770 alumnos do Bierzo matriculados en galego, «según datos oficiales»
«Eu falei sempre galego, pero non o sei escribir, así que estou contenta de que a miña filla o aprenda»

A proxección da película «O lapis do carpinteiro» en galego vapuleou a «Matrix»
"400 persoas asistiron ao estreo da película en galego, que competía nada menos que con Matrix , cinta que ese mesmo día foi vista por 50 persoas."

Oencia e o seu "alcalde rockero" tamén falan galego.
A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/albumes/2005122393240/2005122393441.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://gblx.cache.el-mundo.net/especiales/2002/01/espana/congreso/album2/imagenes/rockero.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.

22.12.05

A COPE contra o 8º mandamento

Contra o Non levantarás falsos testemuños nin mentirás e os outros nove que nen cumpren ou condean.

O Grupo Risa ponse en contacto co presidente electo boliviano Evo Morais para darlle a felicitación no nome (e a voz) do presidente Zapatero. COPE
O Goberno avisa á COPE que "suplantar ao presidente é moi grave" Xornal.com
Na ligazón da COPE tamén podedes ouvir unhas imitacións lamentabeis do acento galego, a típica imitación dos casteláns que remarca a gran ignorancia que teñen de nós, e o diferentes que somos, que sigan así.
En Xornal.com tamén atopei o que podería ser un bo manifesto anti-COPE, eu xa deixei o meu comentario-firma.

20.12.05

Urbanismo colonial

Como ben dixera a VA-CA, só nos falta unhas "fronteiras traçadas com tiralinhas", por iso a alcaldesa da miña cidade, lembrándonos o que somos de España prantara unhas palmeiras para a Volvo(tamén continuou as peatonalizacións do BNG, hai que recoñecerllo).
Agora que chega o Nadal, tivo a idea dunhas palmeiras luminosas que nos converten nunha especie de colonia tropical, para tomalo turrón en manga curta pregúntome, son as lembranzas dunhas vacacións no Caribe ou está sendo presionada por radicais islamistas?
200 palmeiras a 2.700 euros cada unha, tamén preferíu para as xardiñeiras o caro granito Rojo Altamira, o do Porriño non lle valía...->
La Coz
A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/graficos/2005/05/29/v29c8f1.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Polo menos quedamos na CA, "Somos moitos os galegos que estamos cos arraianos da Terra Eo-Navia" X. L. MÉNDEZ FERRÍN

En Galiza, Dous falecidos en Ferrol ao estoupar a caldeira da fragata "Estremadura" senón é na construción, son nos astaleiros
No Mundo, Cada día morren no mundo 1.400 cativos con SIDA "a metade aínda non chega aos dous anos de vida"

19.12.05

15.12.05

A historia de Syra Alonso


"...O 30 de setembro Francisco Miguel será enterrado no cemeterio da parroquia de Bértoa despois de que lle amputaran as mans que tantas obras pintara. Syra súmese nunha profunda depresión da que sae co convencimento de que non pode permitir que os seus fillos canten o Cara ao sol nin formen parte do exército franquista..." CulturaGalega.org

12.12.05

Aduaneiros - Castelao

Pangalaico - Na beira do Miño
A imagem “http://aduaneirossemfronteiras.org/imaxes/pangalaico.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://museocastelao.org/albumnos/nos42g.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
O novo birrete Baltar apoia ao BNG neste tema.
O Partido do Bierzo(que pedira o voto para o BNG nas europeas) maila súa escisión o PRB pícanse.
Anexionando
Actualizado 14-XII-05
"Fronteiras traçadas com tiralinhas" "se somos uma colónia, que se note!" "Como em África! Reclamemos uma fronteira oriental completamente recta, mais para cá ou mais para lá. E se lhes toca ser galegos, que se fodam, que também nos fodemos nós." VA-CA

11.12.05

Domingo saturado

Onte
Trinta anos sen Franco. Aínda están aí
A represión tras a Guerra Civil, O Cambedo de 1946, solidariedade na raia
Editado o libro do atentado contra o rei na Coruña Haberá que seguir tendo en conta rebelións militares? o PP xa colleu o relevo?

Hoxe
Tres anos despois, enterámonos que a decisión de alexar o Prestige tomouse ás 3 horas do may day, sen asesoría técnica, non na tarde noite do día 14 logo de celebrarse varias reunións de expertos.
"la consigna es que cojan el barco, un cabo y que lo separen de la costa hasta que se hunda”, “Ya no se me ocurre más, coño, rezar” Cadena Ser
Francisco Vázquez subvenciona actividades deportivas de Amancio Ortega
A imagem “http://img115.imageshack.us/img115/6019/aznarsenosduerme4qw.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://img115.imageshack.us/img115/9125/12out050677fm.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
"Siempre será mucho más lo que nos una que lo que nos separe, querido presidente, a quienes desde nuestras diferentes, pero legítimas convicciones aspiramos a conseguir lo mejor para España". Dirixíndose ao presidente do Goberno, José María Aznar, no acto no que se lle impuso a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica. Francisco Vázquez, Alcalde d'A Coruña.(El Ideal Gallego. 06 Noviembre 2003)

Máis humor
Um estado na cabeça, Aranheira.net
A vinganza de Benedicto, Cidade Cero

E de postre uns achádegos
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Associaçom de Amizade Galiza – Vièt Nam

Sorpresas

Da sensatez do BNG ao ridículo do PP(galego, castelán-leonés e xenovés) e o PSOE(Asturián)
A imagem “http://img522.imageshack.us/img522/7470/farodevigo1gh.png” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://img522.imageshack.us/img522/4985/laopinin3qi.png” não pode ser mostrada, porque contém erros.
A imagem “http://img522.imageshack.us/img522/8962/lacoz0dt.png” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Prensa española(ou madrileña?), páxinas interiores:
Castela e León rexeita unha idea do BNG que tamén figura no seu Estatuto, El País
Galego si, galegos non Sanabria só reivindica a lingua, ABC
"Aquí somos cazurros e non queremos ser galegos", canta representatividade terá un bercián que se considera cazurro?
A quinta provincia galega, unha vella reivindicación, La Razón
"Dúbidas en León e o «non» asturiano" "«castrapo», unha lingua dacabalo entre asturiano e galego"
castrapo s.m. Variante do idioma castelán falado en Galicia, caracterizada pola abundancia de palabras e expresións tomadas do idioma galego.

Outra grata sorpresa
Beiras tamén xoga os domingos , ficha polo Galicia Hoxe "como articulista dominical de luxo". O peloteo ao Lider do nacionalismo posible puideron darllo antes, non? Agardemos que Beiras aprobeite para seguir facendo páis e "máis alá".

Que o poñan na portada

"A alcaldesa socialista do concello berciano d'A Veiga do Valcarce, María Luisa González Santín, asegurou ver "ben" que se lles conceda a posibilidade de integrarse en Galiza" Faro de Vigo

"O Estatuto de Castela e León xa admite anexións e segregacións. O escándalo creado en torno á idea do BNG de que Galiza poida acoller a concellos de Asturias e León está chocando coa ignorancia política sobre o Estatuto de Castela e León, que non só xa admite anexións, senón tamén segregacións. En Castela e León goberna o PP, que reformou varias veces o seu estatuto de autonomía." Xornal.com

10.12.05

Xornal inédito

Inédito para min polo menos, que unha cita encha toda a portada, ou que un xornal esté dispoñíbel de balde na web, a edición impresa en PDF no mesmo día.
O Galicia Hoxe adiántase ao futuro, é posíbel que o faga para gañar clientes máis tamén semella que os vai merecendo.
A pesares de pertencer ao Grupo Correo Gallego:
O director do xornal Galicia Hoxe pídelle ao bipartito “un contrato co galego que lles garanta un futuro ós medios escritos na lingua matria”
Tamén pertence á Asociación de Medios Escritos en Galego
Un xornal alternativo "hai que trasladar ao papel a sensibilidade coa que La 2 empapa os seus telediarios", "un proxecto máis ambicioso, máis forte, máis elaborado; un periódico moderno, atrevido, radicalmente comprometido coa información e co país; un diario con vocación de servizo á nosa sociedade"
Eis o Duro alegato de Pinter contra Bush e Blair no discurso do Nobel

9.12.05

Son un anormal

Si, é verdade, teño que selo á forza. A maioría dos medios de comunicación son para xente normal, para un anormal coma min non me poden falar do "plan anexionista del BNG" porque na súa proposta de estatuto diga(sen especificar tan siquera O Bierzo, As Portelas e o Eo-Navia): "poderán incorporarse a Galiza aqueles municipios limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei". Os medios de comunicación "galegos" facendo de altofalantes dos que se queixan xa non do recoñecemento do galego, ou da candidatura galego-portuguesa, chegan a queixarse de que lles chegue a sinal da TVG.

A un anormal coma min chámame que a estes medios de "comunicación" non lles chame frases coma
"en la península Ibérica solo cabe una nación" ou "cuando un presidente del Gobierno recibe críticas de los españoles normales"(Rajoy)

Xuntos fixémonos galegos xuntos serémolo.
Recupero a entrevista á alcaldesa daVeiga do Valcarce

7.12.05

Blogueiros populares (que non do PP supoño)

Na TVG e no blogaliza, AS GAROTAS DA RIBEIRA e SUSO LISTA, PERCEBEIRO DO RONCUDO
A imagem “http://www.aadteg.org/imaxes/fotos/grandes/lista_suso3.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Agora non caio doutros blogueiros coñecidos, agás blogs electorais ou políticos, dalgún escritor, periodista... Sabedes dalgún máis? Para cando o blog de Fernando Vázquez?
Ten toda a razón, o Celta recén ascendido e 3º, rompendo estatísticas e aínda hai afecioados que o asubían. Que si tarda en facelos cambios ou erra neles, que senón pon a Gustavo López(terá un dos mellores regates pero de correr...), que senón se avergoña de ser galego?
Hoxe enfadouse inxustamente ca TVG por grabar o seu enfado, a TVG fixo o seu traballo e até creo que algúns deses críticos comezarán a terlle respeito. Ligazóns 1, 2, 3
Outro incomprendido semella ser Beiras, podería facer unha bitácora para convencer(aportar) e criticar menos.
A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/charlas/img/fdovazquezgr” não pode ser mostrada, porque contém erros.

5.12.05

Males de Galiza

A policía cre que os asasinos de Ricardo e José Ángel Feijóo son tres sicarios
Non comprendo como nas campañas anti-droga nunca falan da inseguridade que crea o consumo. Máis información e vixiancia, semella que a Garda Civil só está para A.M.I?
Tampouco comprendo como non se fala disto:
A imagem “http://novasgz.com/img/ngzJpg/ngz10.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
A imaxe de Aduaneiros Sem Fronteiras xa o di todo, bastante mal anda a pesca para que nos deixen pescar menos.
A imagem “http://aduaneirossemfronteiras.org/imaxes/piratasdagaliza.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.

3.12.05

Paradoxas

Os que hoxe según eles fixeron un "acto homenaje a la Constitución Española" corearon proclamas coma ista "Zapatero, Cataluña es región y no una nación".
Galiza, Euskadi e Catalunya son oficialmente nacionalidades históricas, non son rexións coma outras CA.
As propias
taboas da lei que nos baixou D.Manuel entre outros di no seu artigo 147.2: Los Estatutos de autonomía deberán contener:
a)La denominación de la Comunidad que mejor corresponda a su identid histórica

Velaí
A Nación como discurso, por Pablo González Mariñas
MANIFESTO "Un Estatuto de Nación para Galiza"

No día de hoxe

Un artigo de fai dous días: El uso político de la historia, Borja de Riquer Permanyer(catedrático de Historia Contemporánea da Universitat Autònoma de Barcelona)
Tamén hai a opción de ir á "Puerta del Sol" que non ao Sireno en Vigo, a facer un "acto homenaje a la Constitución Española"

2.12.05

O candidato de Fraga?


O ruxe-ruxe que me chegara este verán:

"Fai dous anos viñera Fraga a visitar unha recente obra que se estaba a executar no porto de vigo, nese momento Núñez Feixoo era conselleiro de obras públicas.
Para podérense desprazar dende o edificio da autoridade portuaria ata onde estabanse a realizar as obras tiveron que collelo coche. Nese coche ían o director do porto conducindo, Julio Pedrosa (presidente do porto) copiloto, Fraga e máis Núñez Feixoo detrás.
A obra consistía na ampliación dun dos novos edificios e a ampliación dun dique. Feixoo entregoulle a Fraga un dossier coa descripción da actuación, nese momento o director do porto comezou a falar da obra e Fraga decatouse de que o contido da carpeta non se correspondía coa obra que lle estaban explicando.
E estoupou no mesmo coche contra el, comeozou a chamarlle burro, inútil, parvo e increpoulle dicindo que para o pouco que tiña que facer o facía mal, que cómo podía ter trocado os papeis e todo iso aderezado con moi malas formas e con vehemencia
Namentres na parte de diante o director e o presidente do porto rían sen facer ruido para non incrementar a vergoña que isa represión pública que lle estaba a dedicar Fraga.
E como a visita da obra duraba uns vinte minutos porque a obra era moi grande perante todo o tempo llo recriminou do mesmo xeito, porque Fraga obviamente non tiña nin puta idea do que ía a obra e tíñanllo que explicar todo.
Nese tempo Núñez Feixoo o único que fixo foi calar e aguantar, ¿pode un erro humano ser contestado de esa forma? Esa decisión xa é persoal pero creo que non se debe facer nunca en público e mira agora o Alberto semella ser o candidato máis firme a sucesiónn de Fraga no partido. O que me aterra pensar e que se trata así ós seus colaboradores máis cercanos cos que debe de ter algo máis ca relación profesional como se comportará con outra xente."
Así mo fixo chegar o confidente.
A imagem “http://img219.imageshack.us/img219/7165/baltarostion1cd.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/albumes/20051211495/200512114943.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Vin moi acertada está opinión

Día mundial de loita contra a SIDA

A imagem “http://galiza.indymedia.org/images/2005/12/5488.gif” não pode ser mostrada, porque contém erros.

1.12.05

Coincidencias

Chéganme tres visitas, unha dende Arxentina, chegou a min porque hai por alá un tal Mario Jorge Colazo que é gobernador e semella que terá problemas ca xustiza, e tamén fala doutro Colazo espabilado, un electricista. Os Colazo rachando tópicos na Arxentina.

As outras dúas visitas son dende blogs de contido erótico-artístico(mulleres feitas arte?):
Knakworst, que ao igual ca min aprobeita as imaxes para ligalas algo importante, neste caso aos albums das rapazas. Quintal Do Tiburcio é unha bitácora feita por dous portugueses, o seu pensamento é iste:
Elas fazem tatuagens,cesarianas,implantes silicone,furam as orelhas,depilam-se com cera a ferver,modelam o nariz,arrancam as sobrancelhas,tiram costelas pra reduzir a cintura e... ...NÃO LHES PODEMOS IR AO CU PORQUE DÓI?! NÃO ME FODAM!