9.4.09

Feijóo e a AP-9. Galegos, pagade peaxe e mantemento

Que 25 anos non son nada e aínda se pode ampliar máis a concesión

08/04/2009. Agulla explicou que a propia empresa recoñece nas cartas de despedimento dos empregados que a lei autonómica de prevención de incendios do ano 2007 obrigáballes a prestar un servizo e manter un persoal que agora, destacou, parece innecesario, trala vitoria do PP nas últimas eleccións autonómicas.
O servizo de mantemento da AP-9 e a A-57 convoca 3 días de folga polo despedimento de 12 compañeiros

Hemeroteca
-¿Con qué criterios se aumentó el plazo de concesión de la AP-9, siendo Vd Conselleiro de COTOP?
-Non se incrementoun nun so ano sendo eu conselleiro. O que si se fixo foi finalizar a AP-9 co tramo Ferrol-Fene libre de peaxe e o tramo Porriño-Tui. O Goberno socialista co señor Touriño no ministerio de infraestructuras ampliou 25 anos a concesión a cambio de nada. E o PP fixo o mesmo, a cambio de que a concesionaria construira dous tramos de autopista libres de peaxe. Núñez Feijóo nos "Encuentros digitales de La Voz de Galicia"

21 Xaneiro 09. O candidato nacionalista revela que a o PP vendeu a empresa nacional de autoestradas por 1.500 millóns de euros e agora revendeuse por 7.900 millóns.
De aí que o líder nacionalista argumentase a necesidade de que “haxa unha intervención pública na autopista do Atlántico para asegurar que unha infraestrutura básica para o país non sexa utilizada como mercadoría bursátil, senón como unha infraestrutura básica de interese xeral”.
Quintana aludíu a unhas declaracións de Núñez Feijóo nas que indicaba que “o mellor que podiamos facer era traspasar a autoestrada á Xunta. Primeiro vende a autoestrada a prezo de saldo, permite que se dea agora un pelotazo e agora nos quer cargar o morto aos galegos e galegas”.

E Núñez Feijóo, o PP, que sacan en beneficio disto? perxudican aos galegos tamén de balde?

2.4.09

A UE coma freo do PP en Galiza?

Pedro Arias "descobre" porqué a crise é peor en España
"Creo que se puede encontrar en el seguimiento de la dinámica del mercado inmobiliario español en estos últimos años del gobierno Zapatero, y , en el caso gallego, de la del bipartito PSOE-BNG en la Xunta de Galicia.EDIFICACIÓN DESATADA"

24.02.09 Pedro Arias, Nº2 do PPdG pola Coruña

Hemeroteca
11.02.2007 Alberto Núñez Feijóo, informou onte de que reclamará a devolución da lei de protección do litoral, que impedirá construír a 500 metros da costa.
18/02/2008 Rajoy: "Liberalizar el suelo ayudará a que el precio de la vivienda no siga subiendo"

20 feb 2009 La recesión inmobiliaria en Galicia es tres veces menor que en España

Entrevista a Feijóo despois do 1-M: "Es que no hay Ley del Litoral. Hay falta de ordenación y paralización. La tierra es para vivir, no para destrozarla, pero entre destrozar el litoral y no usar una de las zonas de mayor rentabilidad hay un paso enorme."

26/03/2009
A UE ameaza con conxelar parte dos fondos que recibe España se non acaba coa corrupción urbanística
Ademais, pide suspender todos os plans de desenvolvemento urbanístico que non respecten o medio ambiente ou que non garantan o dereito á propiedade - por exemplo en terreos costeiros- en curso que non se axustan á lexislación comunitaria.

29 de Marzo de 2009
Antonio Fontenla fixou ao futuro Executivo o reto de revisar a normativa autonómica que prohibe a construción a 500 metros da costa. "É un reto importante", reflexionou e mostrouse convencido de que hai zonas do litoral galego na que se pode "desbloquear" a medida impulsada polo bipartito así como outras áreas que, na súa opinión, merecen un estudo "máis pormenorizado".
A Fontenla(presidente da Confederación de Empresarios de Galicia) gústalle máis o futuro Goberno monocolor de Feijóo que o "mercado persa" do Bipartito

Relacionadas: Noticias de Telmo Martín en Chuza!
Anteriores: Feijóo non ten programa de goberno

Baltar, referente máximo dun dos cancros de Galiza

O presidente decide no seu despacho, persoalmente e diante do peticionario, o destino de máis de dous millóns de euros do orzamento da Deputación, que concede "graciosamente" en concepto de subvencións nominais "sen ningún tipo de xustificación, sen presentar programa algún e sen sequera figurar nun rexistro de asociacións", denuncia o BNG
Os ourensáns fan cola ante Baltar para que lles dea axudas sen aval técnico

Noticias de Baltar en Chuza!
Baltar nesta blogue

Baltar(Junior) e Balseiro completan a cota do PP na Mesa do Parlamento