Que 25 anos non son nada e aínda se pode ampliar máis a concesión
08/04/2009. Agulla explicou que a propia empresa recoñece nas cartas de despedimento dos empregados que a lei autonómica de prevención de incendios do ano 2007 obrigáballes a prestar un servizo e manter un persoal que agora, destacou, parece innecesario, trala vitoria do PP nas últimas eleccións autonómicas. O servizo de mantemento da AP-9 e a A-57 convoca 3 días de folga polo despedimento de 12 compañeiros
Hemeroteca -¿Con qué criterios se aumentó el plazo de concesión de la AP-9, siendo Vd Conselleiro de COTOP? -Non se incrementoun nun so ano sendo eu conselleiro. O que si se fixo foi finalizar a AP-9 co tramo Ferrol-Fene libre de peaxe e o tramo Porriño-Tui. O Goberno socialista co señor Touriño no ministerio de infraestructuras ampliou 25 anos a concesión a cambio de nada. E o PP fixo o mesmo, a cambio de que a concesionaria construira dous tramos de autopista libres de peaxe. Núñez Feijóo nos "Encuentros digitales de La Voz de Galicia"
21 Xaneiro 09. O candidato nacionalista revela que a o PP vendeu a empresa nacional de autoestradas por 1.500 millóns de euros e agora revendeuse por 7.900 millóns. De aí que o líder nacionalista argumentase a necesidade de que “haxa unha intervención pública na autopista do Atlántico para asegurar que unha infraestrutura básica para o país non sexa utilizada como mercadoría bursátil, senón como unha infraestrutura básica de interese xeral”. Quintana aludíu a unhas declaracións de Núñez Feijóo nas que indicaba que “o mellor que podiamos facer era traspasar a autoestrada á Xunta. Primeiro vende a autoestrada a prezo de saldo, permite que se dea agora un pelotazo e agora nos quer cargar o morto aos galegos e galegas”.
E Núñez Feijóo, o PP, que sacan en beneficio disto? perxudican aos galegos tamén de balde?
Pedro Arias "descobre" porqué a crise é peor en España "Creo que se puede encontrar en el seguimiento de la dinámica del mercado inmobiliario español en estos últimos años del gobierno Zapatero, y , en el caso gallego, de la del bipartito PSOE-BNG en la Xunta de Galicia.EDIFICACIÓN DESATADA" 24.02.09 Pedro Arias, Nº2 do PPdG pola Coruña
Hemeroteca 11.02.2007 Alberto Núñez Feijóo, informou onte de que reclamará a devolución da lei de protección do litoral, que impedirá construír a 500 metros da costa. 18/02/2008 Rajoy: "Liberalizar el suelo ayudará a que el precio de la vivienda no siga subiendo"
20 feb 2009 La recesión inmobiliaria en Galicia es tres veces menor que en España
Entrevista a Feijóo despois do 1-M: "Es que no hay Ley del Litoral. Hay falta de ordenación y paralización. La tierra es para vivir, no para destrozarla, pero entre destrozar el litoraly no usar una de las zonas de mayor rentabilidadhay un paso enorme."
O presidente decide no seu despacho, persoalmente e diante do peticionario, o destino de máis de dous millóns de euros do orzamento da Deputación, que concede "graciosamente" en concepto de subvencións nominais "sen ningún tipo de xustificación, sen presentar programa algún e sen sequera figurar nun rexistro de asociacións", denuncia o BNG Os ourensáns fan cola ante Baltar para que lles dea axudas sen aval técnico
"Resulta inquietante o papel desempeñado dentro do país por La Voz de Galicia. Foi o xornal que máis diñeiro público recibiu do Goberno galego e da RTVG por programas externalizados." O Blog de Francisco Rodríguez
"Más allá de cómo se ve uno en el espejo, la política es realismo y estrategia. Yo creo haber contribuido a una estrategia que ha llevado la cultura política de la derecha italiana a integrarse plenamente en el sistema político, gracias también a algunos amigos españoles, entre ellos Aznar, antes que nadie en Europa. Ese actor político nuevo, que estaba ligado a la nostalgia del fascismo, es hoy una derecha..." Entrevista a Gianfranco Fini en El País (ha dirigido durante 15 años a la posfascista Alianza Nacional, heredera del Movimiento Social Italiano, y ahora que ha abandonado el puesto y está a punto de fagocitar al partido en el Pueblo de la Libertad de Silvio Berlusconi)
Queda claro que é o liberalismo, que ideoloxía leva anos apropiándose e prostituíndo a palabra "liberdade"? "Nadie conoce a sus candidatos. Son unos oportunistas, Rosa Díez no se presenta pero es la única que ha hecho campaña. No pueden dar lecciones a nadie. Sus planteamientos son de izquierdas, pero su discurso radical busca apoyos en sectores de la derecha más conservadora. No son de fiar." Entrevista dixital a Iñaki Oyarzábal, secretario xeral do PP en Euskadi
Fixo unha campaña electoral seguindo ao pé da letra, os moi efectivos, "Principios da propaganda" do nazi(e aliado do fascismo español) Goebbels.
E o que queda é un "traballo" de españolización(da "Una, grande y libre"), de demolición de dereitos, servizos públicos e do noso patrimonio cultural e natural.
–Ha dicho que derogará el decreto del gallego. ¿Cuándo? –Desde luego antes del próximo curso. Haré lo imposible por conjugar los derechos de los padres con el consenso político. –¿Cambiará la Ley del litoral? –Es que no hay Ley del Litoral. Hay falta de ordenación y paralización. La tierra es para vivir, no para destrozarla, pero entre destrozar el litoraly no usar una de las zonas de mayor rentabilidadhay un paso enorme. –¿Y las Normas del Hábitat? –Una buena idea mal planteada. Dirigismo urbanístico, con estrechez de planteamientos que limitan la creatividad arquitectónica. Le encargaré al conselleiro o conselleira que la revise. –¿Revisará el concurso eólico? –Pediré un informe a la Asesoría Jurídica General de la Xunta por los recursos presentados y las actas de la mesa de contratación. Todo indica que el concurso adolece de vicios que aconsejarían replantearlo, sea volver a presentar las ofertas, o recalificar las presentadas.
Parte da entrevista a Núñez Feijóo no Faro de Vigo
A vitoria do PP e a derrota do PSOE e do BNG nas eleicións deste 1 de marzo foron tan curtas en termos de voto popular (47,1% contra 46,5%) como grandes en significación política e estratéxica. Nos resultados puderon influir circunstancias externas como a crise económica e o tratamento dado á mesma polo Governo do Estado español ou as posicións belixerantes de medios de comunicación galegos e estatais. Mais creo que a causa última estivo na ausencia dun proxecto nacional mobilizador ou, sí se quer, na carencia dunha idea orientadora da acción común.
O traballo do Governo galego nen sequer incorporou obxectivos ambiciosos praticábeis no campo de posibilidades do actual Estatuto de Autonomía e do Orzamento disponíbel, tais como un decidido apoio ás familias para a superación da crise demográfica; a reforma da organización territorial, nunca empreendida; a recuperación e preservación da singular natureza do país; o reforzamento da presenza internacional da industria e das demais actividades produtivas; a potenciación do sistema educativo e da sanidade pública; a definición inequívoca dun aeroporto central e internacional; a normalización do uso da língua galega como lingua nacional e intercontinental ou o desenvolvimento da consciencia de Galiza como un país capaz de estar presente por sí mesmo no exterior, varrendo a ideoloxía da dependencia necesaria a respeito de Madrid…). O Governo debeu fuxir como do lume de que o reparto de consellarías entre as dúas organizacións dese lugar a unha irresponsábel despreocupación polas decisións tomadas polo outro compoñente do Executivo ou derivase na manifestación de desacordos recíprocos en materias sensíbeis e de grande repercusión pública, como ocorreu inclusivamente na proximidade do período eleitoral. Poden estar aí claves suficientes para explicar a derrota.
Dito isto, e xa no campo do nacionalismo, non se pode ignorar que os cativos resultados do BNG nestas eleicións constituiron a consecuencia última de decisións internas tomadas a partir de 2001, cando malia descender lixeiramente en voto popular, conservara a condición de segunda forza política conquistada en 1997. En 2001 acabara un ciclo eleitoral e social expansivo baseado na oposición aos Governos conservadores que dominaran as instituicións autonómicas desde 1981, coa paréntese de 1987-1989. Estaba aos ollos de todos a fonda mudanza que se producira en Galiza, no Estado español, na Unión Europea e na situación internacional. A sociedade galega pasara de agraria e rural a industrial e urbana. Todo obrigaba a unha reflexión renovadora para o nacionalismo galego conservar as posicións logradas e medrar. Unha parte do BNG así o defendeu.
Porén, as decisións tomadas discorreron por outros vieiros. Descualificaron ao Grupo Parlamentar cando comezaba o seu traballo e desvirtuaron o carácter e a imaxe do BNG, desembocando nunha sistemática caida eleitoral e nun certo isolamento social. A baixada, especialmente forte nos comicios autonómicos de 2005, non foi superada por unha participación no Governo autónomo que, posibilitada pola subida do PSOE, quixo apresentarse como a demonstración de que o nacionalismo galego vivía o mellor momento da súa historia.
Depois da dura aprendizaxe destes anos, o BNG debería facer o que ignorou en 2001: recuperar un propósito político ambicioso, democrático e de esquerdas para a maioria da sociedade, lonxe de tentacións acomodaticias ou intransixentes, vendo a Galiza como unha nación no mundo. Abrirse á sociedade galega, a tantos nacionalistas, máis que nunca, que non están no Bloque, deixando de constituir un espazo choido. Nese camiño non se deben pretender vitorias internas mecánicas, que reproducirían as causas do fracaso. Non debería ser preciso lembrar que se o PP e o PSOE son os partidos do Estado, tendo asegurada a súa reprodución, o BNG pertence ainda a unha nación sen Estado, dependendo o seu futuro dos militantes e da sociedade galega.
Agora a reflexión necesaria ten que integrar a todos.
-Que pasou nas eleccións?
-O máis importante, probablemente, é que o chamado bipartito de progreso non chegou nunca a conectar correctamente coa cidadanía. Todas as queixas que oín da xente que deixou de votar son desta índole. É coma se o Goberno vivise de costas aos seus votantes.
-Prometeron cambio e non o fixeron.
-Non fixeron ningún cambio porque non se poden prometer cambios a tan curto prazo. Se tivesen unha boa política de comunicación terían que dicir durante catro anos 'imos iniciar isto, isto e isto, pero os procesos tardan'. Pero, para facer algo algún día, hai que inicialo, e iniciaron moi poucas cousas.
-Vostede, no seu blog, repróchalle ao Goberno de Touriño 'a frivolidade imperdoable de perder', cando podían gañar.
-É como cando tes un bo xogo de cartas. Podían gañar, a pesar dos seus problemas e dos seus erros, e se non gañaron foi porque o fixeron moi mal na recta final. Toda a formulación da campaña foi nefasto, mentres que o do PP foi efectivo. O PP, como a dereita en xeral, sabe desde fai séculos gañar e para gañarlles hai que facelo moi ben. Non me explico como non se puxo máis entusiasmo, ata desde fóra do Goberno, en facelo ben, porque se a campaña fíxose ben, gañase .
-O seu fallo foi facer unha campaña presidencialista e non responder as insidias do PP?
-Esas dúas cousas son moi importantes. Non desmentir os infundios -porque foron verdadeiros infundios do PP, a través do ABC, sobre todo, e de La Voz de Galicia-, non intervir nunha campaña negativa deixa ao que a fai o poder fáctico sobre o discurso do público. A única forma de combater unha campaña negativa é defendéndose das imputacións e contraatacando e, se é necesario, coa mesma negatividade. A campaña negativa está feita para envelenar e ti non podes saírte dese marco. E eles fixeron unha campaña limpa, tranquila? En Madrid, que é un observatorio fantástico, non saíu nada que eu poida dicir que son acusacións do Bloque e do Partido Socialista cara ao PP. E mira que fixeron cousas en Galicia; se empezamos a tirar de ficheiros fíxate a campaña sucia que se pode facer contra o Partido Popular. Non a fixeron e pagárona.
-Hai que responder coa mesma moeda e ser sucio?
-Claro, é un problema técnico. Se che pon o xogo nese terreo, ti non podes máis que entrar nesa guerra, se non estás perdido: a xente cre que Touriño se rodeou de caros mobles e se comprou o Audi máis caro e quedou coa foto de Quintana no iate do empresario Jacinto Rei. A xente cre estas cousas, é extraordinariamente inxenua e manipúlaselle moi facilmente, por iso hai que saír ao paso dos infundios.
Como exemplo pon o caso de "La Voz de Galicia", que explica "a perda de votos na Coruña, xa que dos 39.000 votos perdidos, 30.000 están nesta provincia, e se non fose por isto os 13 escanos sacabamolos". Paco Rodríguez en GZ nación
-¿É verdade que de mozo fuches do Bloque? -Agradezo esa pregunta. Ata 2002 non me din de alta en ningún partido político. O único partido no que militei é no que acualmente milito. Non lle oculto que de xoven pensei que o Bloque era unha cousa distinta a que agora comprobei, coa máxima información que se pode ter desde a presidencia doutro partido, e despois de 16 anos de ocupar postos de responsabilidad en Galicia e en Madrid, hai unha estrofa dunha canción que di literalmente: «COUSAS QUE NON SON E PARECEN SER». Eso é o meu sentimento en relación co nacionalismo galego. Núñez Feijóo nos "Ecuentros Digitales de La Voz de Galicia"
“Es de buen diente. Le gustan mucho las centollas, los percebes y el arroz con bogavante; es lo que suele pedir normalmente” Andrés explica que antes del inicio de la precampaña Feijóo solía pasarse por el restaurante tres o cuatro veces al mes, pero que ahora con el ajetreo de las elecciones apenas se le ve el pelo. Entrevista ao mellor amigo de Feijóo, un cociñeiro
Feijóo(e Corina), preocupados polos máis necesitados
Feijóo, defendendo o galego
-Moitos candidatos do PP secundaron a protesta de Galicia Bilingüe (GB), que pide separar os nenos en aulas en función da lingua. Apoian esa proposta? -Lin a convocatoria de GB e non di iso. GB di que hai que coñecer os dous idiomas. A nosa política lingüística é garantir o coñecemento proporcional dos dous ao final de cada ciclo. O que fixo este goberno foi utilizar unha lingua vehicular única na ensinanza cando o que estaba garantido na Lei e no Plan de Normalización era que había dúas linguas vehiculares. Entrevista a Núñez Feijóo n'A Nosa Terra(inclúe vídeo)
-¿Que propoñen como alternativa ao decreto do galego no ensino? -O modelo do País Vasco parécenos perfecto. O que queremos é que os pais poidan escoller a lingua vehicular. E pareceríanos correcto que houbese tamén un modelo cun repartimento equitativo, porque moita xente, -ao mellor a maioría, non sabemos-, optaría por un 50%... -Defenden que haxa unha opción mixta, outra opción en castelán con galego como materia, e outra en galego con castelán como materia pero, ¿como levalo á práctica? ¿Cunhas aulas en castelán e outras en galego? -O conto de que se segrega é unha utilización perversa dunha palabra. A segregación é sempre contra a vontade do que é segregado. O que hai que facer é preguntarlles aos pais no sobre de matrícula, e facer un estudo, e despois decidir. Entrevista á presidenta de Galicia Bilingüe no Galicia-Hoxe
-¿Un niño de Galicia debe terminar la primaria y la secundaria siendo competente en gallego y castellano? -Depende de lo que entiendas por competencia. La igual competencia en las dos lenguas es absolutamente imposible, a no ser que sea nula. Es imposible. Entrevista á presidenta de Galicia Bilingüe en La Voz de Galicia
Feijóo, defendendo a AP-9
-¿Con qué criterios se aumentó el plazo de concesión de la AP-9, siendo Vd Conselleiro de COTOP? -Non se incrementoun nun so ano sendo eu conselleiro. O que si se fixo foi finalizar a AP-9 co tramo Ferrol-Fene libre de peaxe e o tramo Porriño-Tui. O Goberno socialista co señor Touriño no ministerio de infraestructuras ampliou 25 anos a concesión a cambio de nada. E o PP fixo o mesmo, a cambio de que a concesionaria construira dous tramos de autopista libres de peaxe. Núñez Feijóo nos "Encuentros digitales de La Voz de Galicia"
Quen me axuda a recompilar os temas que cantan á dignificación e normalización do noso idioma? Comezo eu con algúns, se alguén se anima que vaia aos comentarios.
Pregunta 11: Non me soprende, a outra consellaría pola que preguntan, na de Economía e Facenda aínda son o 54'5% os que non o saben(e non hai moitas diferencias por idade ou poboación). É surrealista que se vaia votar con ese descoñecemento, falla o interés da xente e a comunicación directa cos cidadás da Xunta por unha beira e das forzas políticas pola outra. As consellarías terían que empregar os medios(os xornais por exemplo) para anunciar só eventos, convocatorias... puntuais, e apostar por outros xeitos de comunicación directa(individual, cunha familia, cunha empresa...) coma o correo electrónico ou as cartas para quen solicitase unha información da súa interese. Tamén na televisión e radio pública podería haber un espazo semanal(e con dous horarios) no que en orde alfabético, e nun tempo equitativo, as consellarías fixesen os seus anuncios. O teletexto tamén sería unha boa ferramenta. Para que a xestión política poida ser efectiva o cidadán ten que estar ao día dos servizos que ten dispoñíbeis, e tamén é responsabilidade súa interesarse. Preunta 35: está relacionado co anterior, coa falta de comunicación. Este BNG non é un 2'80(de 0 á esquerda até 10 na dereita), e ao BNG de Beiras non creo que lle puideran da unha puntuación de máis esquerda ca esa. Pregunta 19: Se o 28% cre que o BNG é o que mellor denfende os intereses dos galegos por que non vota ao BNG? Intereses dos galegos non é benestar, educación, sanidade, economía...? Defende-los inrereses dos galegos vai en contra dos intereses doutros? As respostas a estas preguntas deberían estar na campaña electoral do BNG.
Pregunta 21: Por que hai un 18'9 e un 27'2% de votantes do PP e do PSOE que son nacionalistas galegos? (Tamén hai un 33'9% de votantes non nacionalistas no BNG, si, pero sería unha porcentaxe de só o 19% dos votos que tivo o BNG nas anteriores eleccións, as outras porcentaxes son menores pero de partidos con moitos máis votos co BNG)
Con respecto as predicións electorais(non adxuntei imaxe disto) O CIS contradícese a si mesmo, porque no CIS estatal de Outubro 08 e no de Xaneiro 09, o BNG mantén exactamente os mesmos resultados en voto directo e estimación de voto, subindo unha décima en voto + simpatía e o dato máis sorprendente, en Xaneiro 09 hai 5 décimas máis, de persoas que lembran ter votado ao BNG nas anteriores eleccions estatais que tres meses antes en Outubro 08, pasa do 0'4 ao 0'9, máis do dobre!!. Isto como se interpreta?, amnesia temporal, que hai xente que agora vai de Bloqueira ou hai xente que maldí o día en que votou ao BNG
Dos 25 deputados do PSdG canto son do tirón de ZP nese momento? "O Presidente" non só compensa esa perda de influencia zperiana, o do Audi, as reformas... e gaña dous deputados? Cociñaron a sondaxe nacional galega, e esqueceron a estatal? O maior posíbel erro que hai nunha sondaxe estatal compensa estas contradiccións?
"El día 29 de julio del año 2005, el gobierno en funciones de Fraga concedió una licencia de televisión digital terrestre de ámbito autonómico a la empresa Medios Digitales de Galicia, testaferro del Grupo Voz (es decir, propiedad del señor Santiago Rey Fernández Latorre)" Galicia Confidencial
(As pasadas eleccións foran o 19 de Xuño de 2005, a resolución da consellaría de Industria foi a 6 meses de cumprir os catro anos e a dous meses das eleccións adiantadas ao 1 de Marzo)
"non deixa de ser sorprendente que, para dar apoio a esta campaña, o devandito xornal faga referencia a fontes sindicais, cando nunca se puxeron en contacto coa CIG, sindicato maioritario no sector (70 por cento de representación), nin coas presidentas dos Comités de Empresa" "A manipulación é tal que se amparan no anonimato dos informantes ou dándolle unha representatividade que non ten a quen está disposto a dicir o que lle interesa ao diario, por moi falso que sexa" <> <<"o que resulta tendencioso é relacionar as eleccións políticas co feito de que haxa oposicións, cando case todos os anos hai procesos electorais e ofertas públicas de emprego". Indican que só desde "unha intencionalidade, claramente electoral, chama a atención este caso como se fora algo insólito e o habitual fose que a administración se parase diante dunhas eleccións", e aclaran que "en todo caso, hai que saber que se a oferta se fai nestas datas é porque se agardou a celebrar as eleccións sindicais, co obxecto de negociar cos representantes dos traballadores as bases do acceso, o que é para nós correcto".>> << "CCOO, PP e La Voz de Galicia están a acusar, sen ningún fundamento, de que a contratación destas traballadoras e traballadores foi 'a dedo' e que non responde ao resultado de selección dun sistema público, senón a intereses clientelares". Afirman que dita falsidade está a causar un dano irreparábel na valoración dos profesionais, "prexudicando un servizo público fundamental á nosa sociedade como é o que presta o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar". En consecuencia, esixen unha inmediata rectificación pública "para restaurar a verdade e informar con rigor sobre a realidade deste proceso selectivo".>> A CIG acusa de 'manipulación' a La Voz de Galicia
"O Consorcio, polo demais, está integrado pola Xunta, por 262 concellos -moitos deles gobernados por PP e PSOE- e por tres Mancomunidades. O lector ou a lectora da Voz poderá ser levado equivocamente á conclusión de que no Consorcio só decide a Vicepresidencia do goberno galego. É moi importante subliñar que estamos perante un proceso de concurso-oposición aberto e universal para a selección de persoal laboral fixo e ao que se pode apresentar calquera persoa. Un proceso que foi acordado cos sindicatos máis representativos dos traballadores e das traballadoras no Consorcio (CIG e UGT). CC OO, que agora aparece como crítico do procedimento, o que pretendía era a consolidación laboral automática de todas e cada unha das persoas que neste momento están a traballar no Consorcio sen realizar nengunha oposición. O BNG non optou por este modelo por ser claramente discriminatorio e lesionar os dereitos daquelas persoas que non son traballadores ou traballadoras do Consorcio."
"Criticar como fai La Voz de Galicia o nomeamento de Lois Castrillo ou de Pilar Candocia como cargos do Consorcio é ocultar ao público que estamos ante nomeamentos de natureza política, por se trataren de figuras asimilábeis aos altos cargos do Goberno. Como todo o mundo sabe, e non podía ser doutro xeito nunha democracia, no caso do persoal de natureza política a súa designación é libre, do mesmo xeito que o seu cesamento. La Voz denuncia tamén que arredor de oito persoas vinculadas ao BNG (excluídos os cargos políticos) teñen unha relación contractual co Consorcio. Aquí o xornal falta á verdade cando atribúe a alguna persoa, con nomes e apelidos, condición de militante do BNG, o que é totalmente falso. Polo demais, é obvio que a condición de militante dunha forza política non inhabilita a ninguén para exercer unha función dentro da Administración pública. Defender o contrario sería tanto como atentar contra o dereito fundamental á participación en política, un dereito fundamental en calquera democracia. Como calquera pode entender, non sería estraño que entre as 1.100 persoas que traballan no Consorcio 8 ou 10 fosen militantes do BNG. É unha proporción que, tendo en conta o feito de o BNG ser unha organización cunha militancia moi numerosa, sen dúbida se dá en muitas outras entidades ou empresas, públicas ou privadas, desa dimensión." A realidade fronte á manipulación. Documento .pdf do BNG
"Medio Rural sinala que as únicas 2 persoas procedentes de Cartelle que aparecen citadas na información divulgada polo Partido Popular aprobaron a oposición en anteriores lexislaturas, e na actualidade están en postos de libre designación, o que evidencia a falta de rigorosidade da documentación publicada coa pretensión de confundir á opinión pública. Na mesma información cítanse persoas sen vinculación coa Consellería do Medio Rural, cun interese oculto por confundir á cidadanía." Medio Rural sinala que son rotundamente falsos os datos publicados sobre contratación de persoas procedentes de Cartelle
Xa non veñen de afastadas terras a contarnos estrañas historias, agora veñen a describirnos a nosa realidade presente, que nós non a vemos. Mormós, Testemuñas de Xehová... eran poucos e pariu a avoa: UPyD, Galicia Bilingüe, Pío García Escudero, Corina Porro... e non podía faltar o mesmísimo Feijóo que fixo as prácticas de predicador 009 na diáspora.
Simpático, optimista, une, normaliza ser nacionalista galego, arrisca, innova(é do 2009!), dá que falar... Cumpre co seu obxectivo na pre-campaña electoral.
Demagoxia desde a contradición. Parece que as institucións nacionais galegas, os seus cargos políticos e os funcionarios págaos Madrid e os galegos non pagamos un peso en impostos. Até o goberno bipartito a relación inversión estatal/recadación era unha estafa para os galegos, un roubo. E sen lembrarnos da ditadura ou comezamos a contar o que nos deben desde que o Reino de Galiza pertence a España.
O primeiro titular fai crer ao lector que uns panadeiros, unha queixaría, un axente de artistas e unha "boutique" levaron cadansúa concesión eólica, e a realidade, tal e como máis ou menos contan despois é que cada exemplo forma parte dun grupo de empresas que se uniron para presentarse ao concurso, non se presentaron individualmente. Tamén tentan picar co localismo aos lectores das provincias d'A Coruña e Ourense, coma se foran discriminados por esa orixe xeográfica, cuxa división administrativa artificial nunca foi aceptada polo nacionalismo galego. No segundo, non hai que ser moi mal pensado para crer que o "del grupo de los lecheros" ten un ton despectivo.
O próximo sábado Los nuevos dueños del viento gallego (II), que as eleccións son o 1 de Marzo e quedan sen demagoxia anti-bng. Información dos proxectos gañadores comparados cos perdedores, para ver se foi xusto o concurso, aínda non lin.
Pórtico Audiovisuales é a produtora de "Ben falado!", microespazo adicado ao idioma galego na TVG. A súa sensibilidade ao noso idioma non chega nen para ter unha versión da web en galego. É o seu primeiro traballo en galego para a televisión pública galega? Non, xa leva un feixe de programas, series e publicidade institucional cobrada en galego.
Ollemos outra, a Productora Faro, a web está en castelán e en inglés, a información dos programas da TVG está en galego(puido ser que lle amargara traducilo...).
Os xornais galegos, en castelán todos menos un(do Grupo Correo Gallego...), non satisfeitos co que cobran en publicidade institucional, subvencións, tamén teñen as súas produtoras audiovisuais e gábanse acotío dos seus éxitos televisivos. Parece que a audiencia galega si fai rendíbel o galego, si consume produtos en galego.
(Aproximadamente 163 resultados que conteñen "padre casares" atopados no dominio lavozdegalicia.es)
"en algunas ciudades hay ya dos generaciones que han crecido pensando y queriendo en castellano. Y ahora, en una rara pirueta, resulta que los nietos castellanohablantes de aquellos abuelos a los que se les reprimió el gallego son obligados a estudiar el grueso de las asignaturas en un idioma que no es el de su vida real."
"¿La solución? Ese pequeño laboratorio de bienestar que se llama Navarra lo ha resuelto así: quienes hablan vasco, estudian en ese idioma con una buena asignatura de castellano; y los que hablan español, estudian en esa lengua con una buena asignatura de vasco."
Luis Ventoso, director adjunto de La Voz de Galicia
Aparte da comparación noxenta da persecución do galego durante a ditadura franquista co decreto educativo dun goberno democrático, que establece unhas materias e un mínimo do 50% no idioma galego, en cumprimento dunha lei de normalización lingüística aprobada por unanimidade do parlamento galego na anterior lexislatura. Este Sr quere importar o modelo de Nafarroa para Galiza e separar aos alumnos por aulas, ten a mesma realidade lingüística?, é aínda maioritario o euskera? fálase euskera en toda Nafarroa?
(Aproximadamente 3.430 resultados que conteñen "libro de familia" atopados no dominio elcorreogallego.es)
"Que sólo el veintipico por ciento de los alumnos que llegan a la ESO tengan el gallego como lengua habitual no es un dato facilitado por el Club Financiero de Vigo, Galicia Bilingüe, o cualquier otro ente o persona sospechosos. El porcentaje no forma parte de un complot destinado a minar la normalización, como pudiera creerse, sino que procede de fuentes fiables. "
"De acuerdo con el dato, el ochenta por ciento de los chavales que ingresan en la ESO estarían siendo en parte escolarizados en un idioma que no es el suyo. Pueden escandalizarse lo que quieran los fariseos del lugar, pero la realidad es que para esos alumnos el gallego viene a ser una lengua adoptiva o postiza. De acuerdo, esa situación se debe a antiguas opresiones, a penosas persecuciones, es culpa de Isabel y Fernando y producto del franquismo. ¿Y qué?"
"veintipico" máis "ochenta" dan cento e pico Sr Carlos Luis, esas matemáticas en castelán non lle valeron moito. Chámalle "lengua adoptiva o postiza" ao idioma aínda maioritario, ao idioma da maioría dos pais e avós deses nenos, ao idioma no que a estes lles gustaba máis Son Goku, Shin Chan. Ao idioma do que cobra o Grupo Correo Gallego, e con outra produtora, Telecable Compostela. A quen chamaba vostede fariseo?
Guionistas, directores, actores, técnicos... que teñades máis sensibilidade co noso idioma que para traballar con el, non o fagades con estas produtoras. A maioría dos galego falantes non cobramos, nen o pretendemos, pero que non nos rouben co noso idioma.
E se matan a alguén da túa familia... estarías ou non a favor da pena de morte?
Este é o razoamento demagóxico que aplican os que defenden nestes días a guerra do estado de Israel en Gaza. Imaxínate que desde Portugal estivérannos mandando mísiles e bla bla bla..., mapas que visualizan Gaza e Israel onde ti vives.
Estarei equivocado que non ser parte axuda á obxectividade? Se penso que a un xuíz non lle fai falta que lle violen a unha filla para xulgar unha agresión sexual, ou que para arbitrar un partido mellor non ser seareiro dunha das equipas?
E estes pro-guerra, porque non imaxinan que coa escusa de combater uns terroristas, todos os seus veciños, todo o seu pobo cobrase por eles unha guerra, unha choiva de bombas. Cunha vinganza de 13 asasinados por terroristas, a 1200 polo exército dun estado. Despois de vivir deportado, asediado, en campos de refuxiados... grazas ao mesmo estado. E que che conten: é o que ten unha guerra, temos que defendernos, danos colaterais, inevitábeis, matanzas peores hai en África... Valeríalles?
Hoxe leo un artigo do presidente da AGAI, o Sr. Pedro Gómez-Valadés, titúlase "Gaza e Perejil".(Por certo, botárono do Bloque ou non? porque non lembro xa as veces que lin que o ían botar, e o protagonismo e vitimismo que sacaba diso. Vaia agasallo lle fixeron ou lle farían) Este bloqueiro, ou ex-bloqueiro, en todo caso nacionalista galego de esquerdas(estaba ou está en Esquerda Nacionalista), deféndenos e fai o paralelismo partindo da surrealista acción militar aznariana epopeada por Trillo, da reconquista dun illote accesíbel desde Marrocos con marea baixa(imaxinará el unha Toralla francesa ou portuguesa? e que pintan unha Ceuta e Melilla española ou un Xibraltar inglés?) Dúas citas:
"¿Imaxina o lector cal sería a demanda cidadá, se no canto dunha campestre invasión marroquí de Perejil estiveramos a falar dun constante e indiscriminado ataque con mísiles desde territorio alauíta sobre Alxeciras ou Cádiz?"
"¿Que lectura podemos tirar diste selectivo exercicio da solidariedade? ¿Por que algúns só exercen o seu espírito solidario cando o demonizado é Israel? Isto, ao meu ver, réstalle credibilidade ás súas protestas."
Eu non me sinto aludido, eu condeno até os independentistas galegos que fan pintadas. Pero claro, a credibilidade é a do que ve antisemitismo en todo mundo como explicación da suposta pasividade internacional en Grozni, Xeorxia, Darfur...(exemplos que cita no artigo) en comparación coas condenas que se fan ao goberno de Israel. Deberíamos calar e tragar coas súas matanzas, porque hai gobernos peores cos de Israel e a ver como respostaríamos nós... Máis lle valería estar calados, ao mellor vai ser esa a explicación do "selectivo exercicio da solidariedade".
O mapa de Vigo con Gaza é da web de AGAI. O artigo titúlase "Gaza e o Prestige"...
O PP en Galiza podía pór directamente a Jiménez Losantos no debate, que é ao que Núñez Feijóo lle baixa a cabeza e lle dá explicacións, i en público nas súas entrevistas na COPE.
Eis o resultado que nen agardaba nen contaba ese medio tan galego, á par de independente. Vía problema en que o concurso eólico estivese en mans dunha consellaría bloqueira como resultado da negociación da Xunta. O BNG ten o 18.65 % dos votos, o PSdG o 33.22% e xuntos o 51.87 % fronte o 45.23 % do PP. Si, e? Que reparto de consellarías ou que outro tipo de goberno vería máis xusto? O Plan Eólico é de todo o goberno galego ou só do BNG?, ou de todo o goberno se a consellaría fora do PSdG ou se Touriño tivese man dentro das decisións da Consellaría de Industria?
Vía favoritismo en que un dos solicitantes, constructor, sacara á rúa un xornal afín a Anxo Quintana, maioritariamente en castelán. E cales son as afinidades do medio que sinala co dedo? Ou contra quen vai? Por exemplo, cantos, non días, nen semanas, cantos meses estivo pendurada esta nova na sección galega diaria? Foi tan boa a xestión do BNG nestes 4 anos que o máis grave, o máis denunciábel foi servir 400 "mojitos" nun acto convocado nun hotel? Un acto aberto ao público pola apertura da exposición Arte desde galicia ou era un botellón para bloqueiros e artistas como se podería entender nese "refrescos y ron para el arte gallego"? Son tan exemplares os políticos do PP e PSOE que non hai tan sequera unha denuncia á mesma altura para manter en portada até que sabe deus porqué, se quita?
Enerxías Renovables de Galicia, de Jacinto Rey, obtivo 142 MW, hai 7 grupos diante, o 6º Puentegasa participada pola constructora Puentes y Calzada levou 173,4. Nese xornal, non nós informaron cal ou cales eran as ofertas alternativas, se eran mellores ou peores, á de Enerxías Renovables de Galicia para a localización onde solicitou a muiñada. O día posterior á resolución do concurso, non podían abandoa-las súas críticas, as máis simpáticas se Amancio Ortega ou Manuel Jove, por ser quen son, non sacaran tallada, pero o 1º artigo na web era do que lle escribíu o libro de conversas con Anxo Quintana. E ao final parece que Jacinto Ray fai máis negocio grazas a acordos con políticos do PSOE e do PP.
Para saber máis do tema, algunhas notas e ligazóns
O Ministerio de Fomento e o Concello de Madrid asinaron onte o convenio que dá luz verde á Operación Chamartín, o maior proxecto urbanístico e de servizos de toda Europa nos próximos anos. O plan, que suporá un investimento total de 10.953 millóns de euros, case dous billóns das antigas pesetas, será xestionado pola sociedade Desarrollo Urbanístico de Chamartín (Duch), participada polo BBVA e o grupo galego San José, unha de cuxas filiais é accionista maioritario da empresa editora de Xornal de Galicia. En grandes trazos, o proxecto servirá para a culminación da Avenida de la Castellana polo norte da cidade, prolongándoa desde o Hospital de la Paz ata a M-40. Ademais, remodelarase a actual estación de tren de Chamartín, para adecuar a súa capacidade ao tráfico ferroviario de alta capacidade e proximidades. San José xestionará en Madrid o maior plan urbanístico e de servizos da UE
"-Dá por esgotado o espazo para a construción de máis parques e aposta agora por repotenciar. -O parque eólico galego é moi antigo tecnolóxicamente. É posible reducir aeroxeradores e manter e ata incrementar a potencia. Ese é o seguinte paso.
-Pero a repotenciación xa era un dos criterios do concurso e ao final... -Tamén levou."
"-Pero, ¿non cre que a imaxe de transparencia cambaleouse nalgún momento? -Con procesos de transparencia sempre se produce isto. Cando non hai información, evidentemente é moi difícil ter datos. Neste, que era un concurso público, con participación de todos, que por primeira vez había un baremo claro, todo o mundo opinaba. Había 30.000 megavatios pedidos e 2.300 adxudicados. É normal que se xeren debates. A min non me parece mal se se fala con rigorosidade. Unha asociación di que imos pór 15.000 muíños. ¡Por Deus! Hai que ser rigorosos."
"-Ao final, entran no negocio do vento moitas empresas que non teñen nada que ver co sector enerxético. -Non podía ser isto un coto pechado de determinadas empresas. Isto non é unha sorpresa. ¿Por que vai ser un campo só para eles? ¿Que os beneficiados poidan ser os agricultores e gandeiros que forman parte de cooperativas? A quen lle pareza mal, que o diga. ¿Que a lousa, unha das súas empresas de maior capacidade, teña un proxecto de investigación que beneficia ao conxunto do sector? Pois se está en contra do sector da lousa, que o diga. ¿Que os conserveiros teñen vantaxes? Que o digan. ¿Que as empresas galegas de enerxía tamén están? ¿Ou as caixas? Igual a outros lles gustaba outro concurso. Pero menos ambigüidades e menos bobadas: que digan quen querían que gañase."
"-Presupónselles experiencia. ¿Tan mal están os seus proxectos? Por exemplo, Unión Fenosa. -Aí deuse unha circunstancia que foi determinante e que explica en parte isto. Nas zonas de mellor vento confluíron unha chea de empresas. Cando a primeira resultaba adxudicataria porque tiña un mellor proxecto, as demais caer, aínda que teñan máis puntuación que outras solicitudes para outras zonas. ¡Pero é que non foron a outras zonas! Outros optaron por áreas limítrofes, que se cadra non son tan rendibles, conscientes quizais de que competir nos puntos de aglomeración non era tan sinxelo. E lograron, con menos puntuación, facerse coa repartición."
"-A maioría de gañadores están moi vinculados con Galicia, con sectores tradicionais. -Si. A quen non lle guste, que o diga claramente. Se vostede pregúntame se me preocupa que estean vinculadas ao país, dígolle que non, nadiña. Paréceme razoable. Aquí é onde se explotan os recursos e os impostos non teñen por que irse a Madrid ou onde sexa e non quede ningún tipo de beneficio. Isto era un concurso. Algúns empezan a crerllo agora. Igual é tarde." Entrevista a Fernando Blanco, conselleiro de Industria, no Faro de Vigo
Actualizo, 2-IV-2009. Concurso eólico, PP vs BNG “en lugar de fortalecer ás comunidades rurais colleuse o negocio e trasladóuselle gratuitamente a compañías multinacionais que nin sequera están vinculadas, directa ou indirectamente, co tecido empresarial galego”
os propietarios dos montes víronse indefensos fronte aos equipos de avogados destas multinacionais que acudían ás súas casas para dicirlles que naquel monte ían a instalar un parque eólico e que, ou aceptaban o acordo que lle propuñan ou ían a expropiar. “As empresas sempre xogaron coa espada da expropiación para propiciar acordos nalgúns casos ridículos” afirma Simón, que non dubida en dar varios exemplos sobre este tipo de “pactos”, “falo de casos coma, os de Acciona na Serra do Xistral onde comezou pagando 900 euros por muíño, e outros similares na zona do Barbanza coa empresa Gamesa, unha das principais operadoras”.
“ata o punto de que podemos afirmar que no 95% dos casos as empresas enganaron vilmente aos donos dos terreos. Cando imos a un parque e lle dicimos a ese propietario que ese parque facturou o ano anterior dez millóns de euros e que a empresa con 150.000 euros liquida aos propietarios, a sorpresa é maíscula”.
En relación ao novo decreto que regula a enerxía eólica en Galicia, publicado en decembro de 2007 pola Consellería de Industria (BNG), consideran que introduciu cambios importantes na xestión deste recurso. Sobre todo fan fincapé na limitación do desenvolvemento eólico nos espazos con valores ambientais e o establecemento dun método de concorrencia competitiva entre os distintos promotores, algo inexistente ata ese intre.
No que a rendas se refire salientan que co novo decreto hai promotores que ofreceron á Xunta ata o 15% da facturación total e hai tamén principios de acordo entre promotores e propietarios que cuadriplican o prezo medio pagado ata este momento.
SINALA A PASIVIDADE DA XUNTA DO PP COS ESPECULADORES