25.4.06

"O povo é quem mais ordena"

25 Abril
"Hai 32 anos soaba unha canción prohibida nas ondas de Lisboa. A voz era de Zeca Afonso. Case ao mesmo tempo, os xenerais sublevados acababan coa ditadura fascista de Salazar, sen sangue, sen armas. Só con caraveis" Galiza e Portugal conmemoran a Revolução dos Cravos


Revolução dos Cravos, o soño adormecido? (Vieiros)
(O video-homenaxe atopeino na blogue do regueifeiro)

24.4.06

Coidese un pouco Sr Ibarra

<<‘A Fala’, a fala que se usa nos municipios cacereños de Eljas, Valverde do Freixo e San Martín de Trevejo, non é galego, xa que é un "dialecto derivado do tronco común do galaico portugués, con adherencias asturleonesas"(isto lémbrame ao Ben Laden con fuertes reminiscencias gallegas).>>
<<sería o mesmo que dicir que é ó revés, que en Galicia se fala ‘A Fala’>>
<<O Bloque Nacionalista Galego reforzou onte a súa postura sobre cal quere que sexa a categoría da fala no novo estatuto de Galicia coa celebración da Convención Nacional da Lingua en Compostela.>> Galicia-Hoxe

<<as medidas de protección do galego nos concellos estremeños que provocaron unha reacción destemplada do Goberno de Mérida xa estaban contempladas no Plano de Normalización Lingüística que foi aprobado por unanimidade en 2004. “O único que pretende a iniciativa que rexistei no Parlamento é, pois, dar cumprimento a un mandato do Parlamento Galego que contou cos votos de todos os grupos parlamentares”, explica Lobeira.>> Xornal.com

O galego do Val de Xálima, cousas.tk
Extremadura nun mundo paralelo, colazo.blogspot.com ;-P

Esquecíaseme o dato máis significativo, o galego do Val de Xálima conta cun representante propio na Real Academia Galega(dende Fraga tamén), Domingo Frades Gaspar, técnico da Consellaría de Agricultura da Xunta de Estremadura e tenente-alcalde en San Martiño de Trebello polo PSOE. Manda carallo!!

En "El Correo Gallego" hai algúns que din que ao actual bicepresidente non o van volver botar, que volva para Guitiriz...

6.4.06

Copas Xunta de Galiza e Gallaecia

Grupo A: Deportivo, Rácing de Ferrol, Negreira e Lugo(convidado)
Grupo B: Celta de Vigo, Ourense, Pontevedra e Celta “B”
Santiago Domínguez anunciou que no próximo ano tamén se organizará a Copa Xunta de Galiza de Xuvenís

Santiago Domínguez Olveira, aproveitou para pedir a colaboración de Portugal para conseguir que o segundo partido da selección galega, despois do debú contra Uruguai, sexa contra a selección de Figo, Deco e Rui Costa. Doce selecións de Galiza e Portugal desputarán a Copa Gallaecia

A Seleción Galega de Billarda prepara o debú internacional

Por certo, para os que sexan do Celta(e do Depor tamén), a ver se aprobeita agora que o Vilareal e o Sevilla están en semifinais. O F.Vázquez fai ben en baixarlle os fumes, despois perden tres seguidos.

5.4.06

Novas verbas

As palabras do futuro(pdf). Os que esculcan as palabras (CulturaGalega.org)
Outras que para moit@s poden ser novas:
avesedo -a ou avesío -a adx. Que non recibe, ou que recibe pouco, a luz do sol [terreo]. Neste lugar avesío a xeada dura meses. SIN. sombrío, sombrizo. ANT. solleiro. Tamén s.m. No inverno a nosa agra é un avesío.
solleiro -a adx. 1. Con moito sol. Un terreo solleiro. ANT. avesedo, avesío.Está un día solleiro. // s.m. 2. Terreo que dá ó oriente. Neste solleiro madura moi ben a froita. // s.f. 3. Calor forte do sol. Non hai quen traballe con esta solleira.

O meu irmán non entendía porque na Praia de Nerga(Cangas), que está máis ao norte que Praia América(Nigrán), férvenche os pes na area. Expricoullo meu pai(que é de Valdeorras).
http://www.campingcangas.com/servicios/galeria/200503221923230.BARRA_VI___NERGA.JPGhttp://www.nigran.org/gallego/postal11.jpg

Por certo, Salvemos Monteferro xa leva un tempo constituída como asociación. A fermosa galería de imaxes é unha mostra do que nos xogamos.