Outras que para moit@s poden ser novas:
avesedo -a ou avesío -a adx. Que non recibe, ou que recibe pouco, a luz do sol [terreo]. Neste lugar avesío a xeada dura meses. SIN. sombrío, sombrizo. ANT. solleiro. Tamén s.m. No inverno a nosa agra é un avesío.
solleiro -a adx. 1. Con moito sol. Un terreo solleiro. ANT. avesedo, avesío.Está un día solleiro. // s.m. 2. Terreo que dá ó oriente. Neste solleiro madura moi ben a froita. // s.f. 3. Calor forte do sol. Non hai quen traballe con esta solleira.
O meu irmán non entendía porque na Praia de Nerga(Cangas), que está máis ao norte que Praia América(Nigrán), férvenche os pes na area. Expricoullo meu pai(que é de Valdeorras).

Por certo, Salvemos Monteferro xa leva un tempo constituída como asociación. A fermosa galería de imaxes é unha mostra do que nos xogamos.
1 comentário:
I really enjoyed looking at your site, I found it very helpful indeed, keep up the good work.
»
Enviar um comentário