28.2.06

O Antroido Galego

A imagem “http://www.culturagalega.org/bd/imaxes/extras/thumb_550_026.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
A retranca de Xaquín Marín

O puto* académico da RAE

Recentemente con este artigo xa me fervera o sangue, Espainia, frankeo ordaindua. Ao Pérez Reverte non se lle pode mandar unha carta respetando a toponimia oficial ou o nome do servizo de correos en euskera, e deduzo que se lla mandan dende Galiza terían que adxuntarlle un mapa onde indicasen a situación xeográfica do concello entre os 315 que temos. O esperpento chega cando até se queixa dun concello catalán que lle manda a factura a unha empresa andaluza en catalán, pois como se é china, a empresa catalana ou china cando ofrecen algo en Andalucía fanno en castelán. Sempre ao gosto do cliente e non ao revés.

Xa pensaba así antes ou é o tributo que lle ten que facer a RAE?

Noutro artigo, Un pirata de verdad, déixanos un piropo a tódolos galegos: "Como buen gallego, Soto se dejó ahorcar sin aspavientos, mostrándose, cuentan, arrepentido, resignado y también algo chulito. Que me quiten lo bailado, debió de decir. O algo así." Lembroume ao Antonio Burgos

Deste último artigo, se non erro entereime por Miguel-Anxo Murado no "Diario Cultural" da Radio Galega. Téñenme gostado moito as súas reflexións.

*O de puto non só vai polo estilo de A.P.Reverte

26.2.06

"Por ellos. Por todos. En mi nombre, no"

A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/albumes/2006225212558/2006225213057.jpg” contém erros e não pode ser exibida.A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/albumes/2006225212558/2006225213444.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/albumes/2006225212558/2006225212916.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
Actualizado 27-II-06, dos 1.400.000 asistentes calculados pola Comunidade de Madrid, só serían reais un máximo de 164.805 manifestantes. Ver http://manifestometro.blogspot.com. Grazas Kaiser
Esquecéraseme, do 25 aniversario do 23-F, quédome con isto
"Tiñamos preparada unha mochila para fuxir a Portugal"

Baltar "O Pedaladas"

Ameaza con escisión, coloca ao fillo, apoia a Feijoo, que xogadorazo este vello novo birrete, como se move na área, como aprobeita cada minuto, sempre protagonista.

A Cuiña non se lle dá tan ben, pero agora é o que lle queda
A imagem “http://www.lavozdegalicia.es/albumes/200622520536/200622521214.jpg” contém erros e não pode ser exibida.http://www.lavozdegalicia.es/albumes/200622520536/200622521431.jpg
O escultor botoulle imaxinazón ou amañou unha que tiña de Camilo José Cela?

Grazas D.Manuel, por liscar claro

23.2.06

Comentádeo vos

"En atención a lo que refleja la sentencia, su nivel de inteligencia es bajo, «su vida se reduce a una monótona y embrutecedora rutina campesina», y «ese primitivismo, como su falta de socialización, destacan sobre sus carencias intelectuales y de formación». Por eso no lo castigaron a diez años de prisión, que es la pena que solicitaba el fiscal." Nova en La Coz
Que película viu o Sr xuíz? Non hai monotonía, rutina e xente sen civilizar nas cidades? Errarei na miña percepzón da realidade ao afirmar que a xente da urbe é menos sociábel que no rural?
Desta vez os prexuízos do xuíz non influíron na sentenza, no fondo compréndese porque se diminúe a condea(aínda que non se comparta) pero, serán moitos os que só son culpabeis dos prexuízos dos maxistrados ? Estou sendo demasiado susceptíbel? Valen Os Tonechos para tódolos públicos?

19.2.06

Legalidades

O Torneo Galeusca sería posíbel hoxe, "non existe chata legal ningunha para que a selección galega de fútbol, por exemplo, participe en competicións a xeito dunha Copa Céltica, unha Liga da Lusofonía ou un torneo Galeuscat coas seleccións catalá e basca"
España vs Dinamarca: "O ministro dinamarqués de Cultura, o conservador Brian Mikkelsen, propuxo que Grenlandia e as Illas Feroe, territorios autónomos pero pertencentes a Dinamarca, conten con seleccións olímpicas de seu." Canal Seleccións, Vieiros

Paco Vázquez non cheira precisamente a legalidade, chegará a ser embaixador? As novas nas que agora, é xa costume velo non son moi cristiáns que digamos, Un armador galego buscado pola Interpol ten minicentrais e parques eólicos. O PP polo medio, non podía faltar, "Siempre será mucho más lo que nos una que lo que nos separe, querido presidente, a quienes desde nuestras diferentes, pero legítimas convicciones aspiramos a conseguir lo mejor para España" (Paco Vázquez dirixíndose a Aznar)

18.2.06

Un bo negocio


O futuro iPod levará unha pantalla táctil
BLU:sens(marca galega) lidera a venda de reproductores de MP3 no Estado Español, tamén fabrica cámaras dixitais, home cinema, reproductores de DVD e CD, teléfonos, DVDs portateis e TVs LCD. Blusens leva crecendo tres anos a un ritmo do 400%.

Nace a patronal galega de novas tecnoloxías "Ineo", con 56 marcas asociadas

Outra tec-carallada
Eiquí podedes visualizar un video que troca o seu contido, adaptandoo o lugar onde te atopas, hora e metereoloxía, localízate mediante a IP.

Normal

Dous novos concelleiros do PP rebélanse contra a dirección do partido
Eiquí podes ouvila cuña radiofónica do PP de Andalucía contra o estatut e os seus cómplices Zapatero e Chaves, ollo ao acento andaluz dos actores.

14.2.06

Víctimas de ETA e do PP

Que a AVT está instrumentalizada polo PP non é ningunha novidade, pero que o seu presidente, o Sr Francisco José Alcaraz sexa tan desvergoñado para min si o é.
Na foto posa con dous dos mellores
instigadores da extremo-dereita, César Vidal e Jiménez Losantos, que lle fan entrega dos mensaxes de apoio dos lectores de Libertad Digital a Fungairiño. Nese espazo ademáis de inxuriar a toda persoa de esquerdas ou nacionalista, xustifícase ou deféndese a homofobia, o racismo e até a Guerra Civil e a dictadura de Franco. Sempre apoiando ao PP(menos Piqué e Gallardón), á Igrexia Española máis rancia e aos republicanos dos EUA. Libertad Digital conqueríu un canle de tv na CA de Madrid e á COPE déralla Fraga en Galiza, fixo algo o bipartito ao respecto?

13.2.06

Últimos achádegos na música galega

Misquious, pop electrónico con letras en inglés e en galego, un bo pulo á musica avanzada galega dende Ferrol.
Meu, pop "británico" e en inglés. Entrevista en Muzikalia
Cenk, punk-celta dende Lausanne, Suiza. Un coktail suizo-galego-irlandés, coa gaita de Xurxo, un fillo da emigración galega.

Ith, Rock da Montaña(Mesía, Frades, Boimorto....), ao estilo dos primeiros Suaves e en galego.
Skarmento, e de paso solidarízome con eles, hai cada subnormal.
Outros, non son recentes pero descoñecíaos
Cubala, "é un trío que emprega o pop, o deseño e a electrónica estourandoos da maneira que mellor lles convén para compoñelo seu discurso".
Maina, "Ola calma" ao Oceáno Atlántico.
Marful, "na procura do difícil caminho da emoçom e conseguir o equilíbrio no fio da ambiguedade a través da sua proposta musical".
En tódalas ligazóns dos grupos tedes música para descarregar

Agricultura e gandería ecolóxica

(Premer na imaxe para vela animación)
A única viábel, co tempo Galiza non poderá competir cos prezos dos productos importados de países máis pobres. Os productos ecolóxicos aprobeitan a riqueza dos nosos recursos, ofrecen a mellor calidade, os mais sans e sen prexuízos medioambientais.
Algúns exemplos actuais:
Daiquí Alimentos Naturais da Galiza
Xatogal Tenreira Ecolóxica de Galicia
http://www.porcoceltafonsagrada.com

Que cara ten

"Distribuí responsabilidades siempre pensando en La Coruña, Marón en Madrid, Méndez Romeu en Santiago, Moreda en la Diputación y Javier Losada, que es el más capacitado y preparado para ser un gran alcalde de la ciudad." entrevista en La Coz

11.2.06

Que mal cociñan estes da Coz

(Podes premer para ampliala imaxe)
Na fidelidade de voto en %, un 77'9 no PSOE, 77'6 no BNG, 75'3 no PP volverían votar ao mesmo partido. Só hai un 0'3% de maior fidelidade entre os votantes do PSOE cos do BNG, sen embargo son os votantes do Bloque os que menos se absterían de votar, só un 1'5% comparado co 2'8 PSOE e 2'7 PP. Despois invéntanse que dos que votaron BNG chega a un 5'2% os que agora votarían ao PP e só un 0'7 ao PSOE(ollo a diferenza), moi contraditorio a que nos ex-votantes do PP só un 0'3% máis votaría ao PSOE(3%) que ao BNG(2'7%), pola contra no PSOE chega ao dobre(0'6) esa diferenza, un 1'9 votaría agora BNG e un 2'5 PP. Dos que votaron a outros partidos(cales votarían?) o PP non apaña nada e o BNG apaña a metade do PSOE(12'5-6'3), e dos que votaron en branco votarían o 12'5 ao PSOE, ao BNG un 3'1 e o PP tampouco volve apañar ren.
A guinda do pastel é a valoración dos políticos, a mellor levaa Paco Vázquez cando máis dúbidas e acusacións se lle atribúen, pero tampouco me creo a que lle dan a Touriño, Orozco e Feijoo, estes dous últimos cociñados para que queden por riba da nota(5'18) de Quintana.
Actualizado 12-II-06
A posición do BNG nas enquisas

Penso que non é moi atrevido pensar que suben en voto os dous do bipartito, seguramente máis o PSdG por telo presidente e a representatividade que elo supón, o BNG non se pode durmir, erguela figura do vicepresidente, aumentala popularidade dos conselleiros do BNG e outros cargos(Olveira, Carme Adán, Antón Losada) para contrarrestar a inferioridade no nº de consellerías. Aínda hai xente que non coñece os conselleiros, e cando os ve non sabe de que partido son, deixar claro cales son do BNG, que sexan protagonistas e artífices das mellores medidas e cambios, e que se as cousas estaban tan mal con Fraga o cambio non pode ser tranquilo, os galegos temos presa!!
Tamén lle daría outro consello, unha muller(coma Ánxela Bugallo) é ideal para des-demonizalo nacionalismo e reclamalo recoñecemento de Galiza coma nación, que non é un problema etimolóxico, nen unha decisión duns políticos, é obra dos galegos ao longo da historia, é a nosa creación e traballo diario.

10.2.06

Antes de rendir contas con Deus...

que as rinda cos homes
O Sr Vázquez ten moito que esclarecer, pero quen pode crer isto?: "Mi Presidente me pidió hace un mes que accediera a cumplir con esta responsabilidad, exponiéndome una serie de razones, que unidas a su confianza hacia mí, así como mi lealtad hacia su persona, me llevaron el pasado 17 de enero a aceptar su encargo, a pesar del desgarro afectivo que me supone dejar mi querida ciudad."
É unha fuxida en toda regra, e ollo, que os cómplices quedan, un círculo de influencias e poder afín e uns monicreques colocados por el, dos que poder movelos fíos.
Agora quédome cunhas dúbidas: por que fai falla mellorar a relación coa Curia romana? que cambia o que "pense" Paco Vázquez, da política que faga o goberno español? que iso de que a Santa Sede teña que dalo Placet?

Outro espilido é o Corcoba, que xa ameazou o mesmo día na Radio Galega e en directo con presentarse a alcaldía co PP ou fora, vaites, ou me ofrecedes algo ou bótovos abaixo as elecións, e en Vigo laiándonos dos malos políticos que temos...

Como se lles vai

Autoflaxelación chiíta no Día de Ashura na cidade iraquí de Karbala. Durante a dictadura, Saddam Hussein(sunita) tivoo prohibido para evitar posibeis rebelións chiítas. Agora, son centos de miles de persoas as que se preparan para o final das cerimonias que recordan solemnemente a morte do imán Hussein, neto do profeta Mahoma, feito ocorrido no ano 680 DC. A súa morte é conmemorada con música relixiosa e un ritual de autoflaxelación de centos de devotos vestidos de negro.
Tamén "Ise foi o día en que Allah creou o seu Trono, o seu Escano, a súa Táboa e o seu Lápiz. Creou ao anxo Gabriel e a todos os seus anxos ese día. Creou os ceos, as estrelas e a terra ese día. A primeira choiva, e vostedes saben que a choiva é o Rahma de Allah, caeu na terra o día de Ashura"

E ollo, que non só uns musulmáns fan este tipo de cousas, tamén en América hai cristiáns que chegan a cravarse en cruces na Semana Santa.

Por certo non me solidarizo nen cos caricaturistas daneses nen co "el humor de Salas", liberdade de expresión si pero faltar ao respeito e procurar unha polémica segura que só pode empeorar unha situación paréceme lamentábel. O Salas ise, é o de "El Correo Gallego" que debuxou unha parella de homosexuais que tiñan coma fillo unha bosta, e hoxe agasállanos con isto, máis leña ao lume.
Actualizado 12-II-06
As cruzadas vistas polos árabes (X.M.Beiras)

9.2.06

MSN Hoje

http://img140.imageshack.us/img140/8138/vigogaliciagalizaespaa7vs.png
como vos sae a vos? na xaneliña que salta ao acender o messenger, eu teñoo en portugués(o galego internacional) e o windows coa tradución ao galego(normativo).

Capello vs Clemente
Capello confesa a súa admiración por "a orde que deixou Franco" en España
Clemente: "Gostaríame unha Euskadi independente, igual que un Madrid independente"
Clemente tampouco sabe moi ben o que di
http://www.notasdefutbol.com/images/javiclemente.jpgA imagem “http://www.gazzetta.it/Foto%20Hermes/2004/05-Maggio/28/capello--310x210.jpg” contém erros e não pode ser exibida.

8.2.06

"Birretes" A Película

"En realidade, Pedro Campos, Telmo Martiño e Xosé Cuiña formaron durante longo tempo unha trinidad náutica, poderíase dicir que un trimarán económico para navegar polas ricas augas litorais de Sanxenxo.
Xosé Cuiña, política "alma mater" que fixo posible o invento dende a súa consellería, xa non está; pero segue estando doutro xeito. Pedro Campos, aínda mellor negociante que nauta, aparece por todos os sitios onde haxa beneficio. E Telmo Martiño, todo un clásico exemplo de alcalde do PP de Galicia, segue ao seu, o de sempre.
¿E a quen nomearon vicepresidente do Club Náutico da súa propiedade? Pois a Luís Rajoy Brey, notario de profesión e hermanísimo do outro. Un bo contacto para compensar o de Cuiña. Das cousas de Sanxenxo non dará fe, iso seguro." Náutico de Sanxenxo: bastante máis que un club (VigoEmpresa.com)

"Entre ambos(Louzán/Figueroa) manexan unha Deputación de Pontevedra onde actúan como parella de feitos habidos e por haber. Un organismo no cal dende fai tempo suceden cousas tirando a raras. Como o divulgado e grotesco caso do emprendedor chofer do compañeiro presidente, que en paralelo exerce de empresario de confianza, por dicilo así, obtendo xugosas contratas de vías e obras en toda a provincia mentres segue ao volante do coche oficial. Un episodio propio de película americana de república bananera. Ou de comedia bufa." Moi mal está o PP de Galiza
(VigoEmpresa.com)

Nigrán: Alfredo, Horacio Gómez, Florentino Pérez, Eugenio Eiroa... Monteferro, dous coches e unha casa queimada.

Namentres Núñez Feijoo xoga a galeguista

Quere gañalo ceo? a boas horas !

Galicia, razón de ser. Por Manuel Fraga Iribarne
Resumo en citas: "E. Branco Amor, saudosismo Portugal e Galicia, Europa das rexións e dos pobos, Galeusca, Curros Enríquez, Pericles o porto exterior o noso Pireo e da Cidade da Cultura e do Xacobeo, o noso Partenón, un carácter leonino, propio do que César atribúelle a Casio na escena II do acto I de óbra Xulio César de Shakespeare, contribuír a mellóra do ben común, aínda tendo unha escasa vida persoal, a cal sen ningunha dúbida vale a pena sacrificar.Estea onde estea e vaia onde vaia, o meu espírito atoparase inequívocamente Sempre en Galiza. "
Por se a alguén lle fai falla, a análise da VA-CA
Da falta de respeito, das súas verbas e da cara que lle botou este ex-ministro na súa despedida cumpre tomar nota para o novo estatuto e para lembrarllo ao PPdG.


Tamén onte descubrín a evolución ideolóxica de Ana Kiro, á viceversa ca de Fraga ou?

5.2.06

Que ben estaría

Facerlles mañá o "Umha, Grande e Rachi !!!" do 19-XI-05, xa que Rajoy recollerá firmas o luns na Coruña en contra do Estatut (Faro de Vigo)

Que se fixeran eco nos medios de comunicación estatais da Retranca Galega, da nosa identidade e sobor de todo da nosa CONCIENCIA.

"Francisco Vázquez, patriota español"
"España una y no cincuenta y una"
Menos gallego y más religión"
La masturbación provoca ceguera"
"La virginidad también importa"
"Esto con Fraga no pasaba"
"Como mola la bandera española,
a mí me gusta mucho pero falta el aguilucho"
"Quintana apunta y AMI dispara"
"Selección Gallega, Pin Pan Pun"
"Rojo que vuela, a la cazuela"
"Mas Policia y menos libros"
"En Galicia, en castellano"

Por certo, interesante entrevista a Fraga na Coz, pobriño... "Sobre todo cuando vemos que la actual forma de vida amenaza a las generaciones jóvenes. Yo he vivido los últimos meses en Santiago en medio de la movida. Sé lo que es que te toquen el timbre de tu casa a las cinco de la mañana, mientras oyes a chavales borrachos y chicas borrachas canturreando por la calle soplados."
"Creo que lo mejor que puede hacer(N.Feijoo) es seguir con lo menos malo que hemos hecho hasta ahora en el PP los que estábamos donde está él" está ben recoñecelo, polo menos non?
Actualizado o 7-II-06 O galeguismo de Baltar(pai) Novo Birrete: "usté vai firmar"
http://img141.imageshack.us/img141/728/baltarrajoy2vb.png

Teimas

Perdoade pola demora F.Míguez e Bouzafría, aí van:
-Escribir no blog, visitar algunhas das páxinas da vosa dereita
-Estar moi ao día musicalmente, o Soulseek bota fume
-As mulleres e o xogo da seduzón
-A xolda ou
algueirada, esmorga, festa, foliada, pándega, rexouba, ruada, troula, trouleo...
-Galiza, @s galeg@s e a súa supervivencia como tales
-Procurar o de "vivir en galego"
-Durmir tapado até as orellas, incluso no verán(coa sábana), lembranzas fetais da placenta? unha persoa insegura?
-Borrar tódolos sms ou e-mails unha vez lidos
e unha chea deles máis...
Eu a bola pásovola a tod@s istes 1,2,3 (un pouco chafalleiro), aos que queiran, teñan ganas, aínda non o teñan feito ou me estean lendo.

Tamén me chegaron dous correos ao enderezo electrónico do blog, un xa fai tempo e esquecérame comentalo,
dun servizo vasco de blogs, GuGara(significa en eusquera Nós Somos), "a interface pública está en galego, é dicir o de escribir comentarios, nome, correo eléctrónico, categorias, enlaces, ... está en galego, ademais en GuGara agardamos non censurar blogs aínda que nolo diga o goberno chinés, son as vantaxes de facelo por amor á arte." David Gónzález grazas a colaboración dun galego, David Martínez
O outro, chegoume fai dous días, non sei se é unha brincadeira dalgún de vos, dalgún coñecid@ ou simplemente spam, "De: Amor eterno Para: Meu Grande Amor" nunha postal multimedia que di "O meu melhor presente é você", "Eu te amo" , sendo a última opción agradecereillo a Terra.

2.2.06

Mañá mátanme

Ise é o título que un día poderá escribir no seu blog, Vernon Lee Evans, condeado a morte nos EUA, e ao parecer nas próximas datas. (codigocero.com)
Máis cousas interesantes:
Investigadores galegos descobren un tratamento eficaz para o Alzheimer
"non só se consegue deter este proceso neurodegenerativo, senón que se logra unha recuperación clinicamente significativa de capacidade cognitiva. Segundo o estudo, a recuperación foi de 4,1 puntos na escala ADAS-cog." (Galicia-Hoxe)
Entrevista a John Patrick Thompson, sobor da Guerra Civil en Galiza
Xóvenes upgueiros no bo camiño
(dende fora semella que si)

Volta ás andadas

O mesmo PPdG ou peor
"Feixoo anunciou onte, ao término da reunión do comité de dirección do PPdeG, que os populares realizarán unha campaña de recolleita de sinaturas en Galicia na que consultarán aos cidadáns sobre as implicaciones que o Estatut pode ter para este país. As preguntas versarán sobre se aos galegos preocúpalles dispoñer dos mesmos servizos que cataláns e vascos, e achega de se están de acordo coa España das autonomías ou ben coa das nacións." A Coz
E a parte da manipulación que se emprega nesas preguntas, a fraude que teñen na recollida de sinaturas.
Teremos os galegos a
responsabilidade, o autogoberno e a representatividade dunha nación no novo estatuto? Non nos podemos conformar con menos, Catalunya e Euskadi teñen que ser un referente de mínimos e non de máximos. Xa vai sendo hora de levala iniciativa.

1.2.06

Entrevista ao Fernando Vázquez

A imagem “http://img17.exs.cx/img17/8666/oav0bo.jpg” contém erros e não pode ser exibida.A imagem “http://vieiros.com/imxd/selfutbol_xogadores/imx/1132223046fernando_vazquez.jpg” contém erros e não pode ser exibida.
Colazo.-Primeiro, os meus parabéns, os puntos e a situación do Celta na táboa están aí. Ao contrario que algúns afeccioados, prefiro no actual esquema de xogo do Celta a Silva. Fíxome graza que algún lle reprochara naquel partido de Balaídos que fora o xogador reemprazado para dar entrada a Gustavo López. Pero en troques, non vexo a Iriney tan fixo no 11 titular.
Fernando Vázquez.-Son opinións de aficionados que respeto. Eu estou aquí sempre, todos os días. Son o entrenador, vexos entrenar, sei como están, tomo as miñas decisións e é a miña responsabilidade. Evidentemente non vou a contentar a todo o mundo, sigo a miña liña, como seguín sempre, escoito as críticas, léoas, ás veces enténdoas ás veces non, pero sigo o meu camiño, entón calquera.. moitos aficionados pensarán distinto a min, actuarían diferente. Pero para eso hai que ser entrenador de fútbol.
C.-Desconcertoume bastante ver tanta novidade no partido de Copa contra o Betis, aínda así o Celta meteu os dous goles da eliminatoría, ¿co Celta da liga seguiríamos na Copa?
F.V.-Esa é unha hipótese que non se pode confirmar, comprobar, porque non podemos volver atrás. Nós non seguimos na Copa porque marcamos un gol en propia porta e porque os árbitros nos expulsan un futbolista inmerecidamente, pero quedamos elimidados marcando dous goles. É case unha pregunta de Trivial... '¿Como un equipo pode quedar eliminado marcando dous goles e o rival ningún?' Nós fixemos dous goles e o Betis non marcou ningún gol e, pola contra, eliminounos. Creo que temos un pouco de mala sorte, por tanto non estou descontento co rendemento do equipo que puxemos aquí na casa o primeiro día, porque, de non ser José Enrique expulsado, posiblemente houbéramos feito máis goles e houbéramos pasado.
C.-¿Que provoca máis rexeitamento no fútbol español actual: saber expresarse ou entrar ao fútbol dende outros ámbitos?
F.V.-Intelixente pregunta... eu creo que as dúas cousas un pouco. O fútbol é un mundo moi especial, moi oscurantista, bastante pechado, e hai situacións que non gustan ou disgustan. E sobre estas dúas reflexionei moitísimas veces.

C.-¿Que che parece a liga inglesa? Ogallá marques unha época no Celta, aínda que eu véxote máis adestrador de Premier. ¿Que soño che gustaría máis: gañala Champions co Celta ou o Mundial con Galiza?
F.V.-Unha é posible, gañar a Champions co Celta, a outra paréceme irrealizable ou imposible de momento. Polo tanto sería moi feliz, sería un soño gañar a Liga de Campións co Real Club Celta de Vigo.
A Premier Leage paréceme unha gran liga, que está gañando moitísimo nivel nos últimos anos, a medida que os clubes están tendo moitos cartos polos contratos de televisións outra vez e están intentando cambiar un pouco o inmovilismo da liga inglesa con adestradores e xogadores fóra das Illas. Polo tanto é un fútbol que está evolucionando no aspecto táctico de xeito importante, xa que penso que estaba un pouco retrasado, era un fútbol un pouco inmovilista, con ideas que, penso, non serven actualmente.


eiquí o resto da entrevista, as outras preguntas non son miñas