2.1.06

Torneo Galeusca

Ou das Tres Nacións, ou das tres nacionalidades históricas(para os constitución españolistas)
Como lin por ahí, non somos poucos os que o pensamos, podería xogarse no verán, un torneo disputado na mesma cidade de Galiza, Euskadi ou Catalunya. Neste torneo o protagonismo sería das futuras estrelas, da canteira, e convocaríanse aos xogadores de fútbol como nas olimpiadas, todos sub 23 pero coa posibilidade de ter até 3 xogadores de maior idade.
A imagem “http://gara.net/iruditan/20051228/f01.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://www.mmediapress.com/ficheros/temp/28825.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
A imagem “http://www.xornal.com/images/fotos/20051230013821seleccion6.JPG” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Agardo ver neste 2006 os pasos para conquerir o equipo ciclista galego no 2007, e outros para que os deportistas galegos que o desexen poidan competir coma galegos, seica no piragüismo e no triatlon xa o poderían facer agora mesmo. Os deportistas non deberían ser relegados das axudas e becas estatais, oficialmente seguen sendo españois e non poden ser marxinados por un dereito fundamental, exercer coma galegos. Penso que deberían ser moitas as empresas, sobor de todo as relacionadas co turismo as interesadas en patrocinar a estes deportistas galegos internacionais. De que se coñece ás Illas Feroe? cantos saben que son danesas?

No seedler.org, procurador de archivos torrent(o único dispoñíbel en galego?) xa podemos
baixar o Galiza-Uruguay.

7 comentários:

Anónimo disse...

Pois a baixar a baixar. A ver se vai rapido.

Non estaría mal un torneo Galeuska, sería unha festa ainda máis grande ca do primeiro partido. Eu preferiria que non houbera limite na idade, non digo chamar a Fran, Otero ou Nacho, pero si a Michel Salgado, porque ao fin e ao cabo o torneo e para dar espectáculo.

Xa me tarda o próximo partido da nosa selección e tamén me tarda o equipo ciclista galego.

Saúdos

Anónimo disse...

Nestes momentos a Lei do Deporte do Estado espanhol impede os jogos entre qualquer duas seleiçons "españolas": é dizer, um Espanha-Galiza ou um Euskalherria-Galiza...
é-che o que há (muito medo e muita prepotência...)
Diego

Anónimo disse...

A ver, os que teñen eses torrents, que o compartan ;-)

Colazo disse...

Non coñezo a "Lei do Deporte do Estado espanhol" pero se hai campionatos estatais entre CA como este http://vieiros.com/seleccions/nova.php?Ed=44&id=46947
non entendo como poden prohibir un torneo amigábel

Anónimo disse...

como se non!! a lei non é un totem, se a iniciativa vai adiante, que os partidos de Galeusca (e non so os que baixo ese nome concorreron ás europeas últimas senón todos) asinen unha iniciativa conxunta para a reforma da lei do deporte. Paréceme unha iniciativa moi interesante que ogallá se dea (e por moito tempo!!)

Anónimo disse...

Great work!
[url=http://hpxizska.com/xsve/nmql.html]My homepage[/url] | [url=http://aktckatp.com/mrou/ifws.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Good design!
http://hpxizska.com/xsve/nmql.html | http://ehsolqgl.com/ndta/qrdr.html