15.7.08

Os erros das bases de datos de buques atrasan o auxilio no mar

O BNG denuncia que o 95% das alertas de socorro que se reciben son falsas. Os fallos no sistema provocan que os técnicos de Salvamento teñan que comprobar as alarmas antes de enviar os efectivos. Os profesionais están preocupados pola falta de eficacia nos últimos sinistros

"Nos centros de Salvamento Marítimo, como o de Fisterra, as localizacións que envía o satélite dos barcos en perigo, ás veces rozan o absurdo. Fontes do sector das radiocomunicaciones aseguran que se recibiron alarmas de afundimentos en lugares tan improbables como Ponferrada, na provincia de León. A gran cantidade de chamadas de socorro falsas -o 95% do total segundo denuncia o BNG- obriga a comprobar cada unha delas antes de mobilizar os medios o que, a miúdo, redunda nunha resposta tardía á urxencia."