5.7.06

Barreiro Rivas, O Moderno*

Barreiro Rivas valora a desaparición da retranca* como signo de modernidade
Coma signo de modernidade, o bo de Xosé Luis podería falar un galego normativo, sen castelanismos, no seu programa da TVG
(en La Coz obrigaranlle ao castelán...).
A retranca claro que non se concibe nalgúns contextos, nen para soltarlle unha indirecta ao que non colle unha.
A retranca hoxe non se emprega para falar do que non se sabe, a retranca é simplemente o noso humor máis característico.

Exemplo propio, diálogo entre un veciño e eu cando volvía de carallada:
-Madrugaches hoxe eh?
-Si, veño da misa.


retrancas.f. Habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di. Contesta sempre con retranca cando se meten con ela. CF. ironía.

Coller un dicionario tamén é signo de modernidade.