5.7.06

Barreiro Rivas, O Moderno*

Barreiro Rivas valora a desaparición da retranca* como signo de modernidade
Coma signo de modernidade, o bo de Xosé Luis podería falar un galego normativo, sen castelanismos, no seu programa da TVG
(en La Coz obrigaranlle ao castelán...).
A retranca claro que non se concibe nalgúns contextos, nen para soltarlle unha indirecta ao que non colle unha.
A retranca hoxe non se emprega para falar do que non se sabe, a retranca é simplemente o noso humor máis característico.

Exemplo propio, diálogo entre un veciño e eu cando volvía de carallada:
-Madrugaches hoxe eh?
-Si, veño da misa.


retrancas.f. Habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di. Contesta sempre con retranca cando se meten con ela. CF. ironía.

Coller un dicionario tamén é signo de modernidade.

7 comentários:

Anónimo disse...

Segundo a súa propia definición, o que fai o señor Barreiro chámase retranca, pero na miña terra chamouselle sempre "Oir campanas e non saber onde".
Menudo enterao.

EL GARRULO disse...

A mí me dio las clases en gallego siempre. He asistido a conferencias y también habló en gallego. Y cuando no había clases por el tema de la LOU, era el profesor que más gente concentrada en la Plaza de Platerías de Santiago, hablando en gallego, por supuesto. INFORMATE MEJOR ANTES DE CRITICAR.
De hecho, las declaraciones entre comillas a las que haces referencia en esa noticia, están en gallego.

P.D: Ahora mismo, no recuerdo si en su columna de La Voz de Galica escribe en gallego o castellano.

Colazo disse...

Polo autor do 2º comentario(como ma xogaches!!) estiven pendente no msn para preguntarllo, de feito foi o 1º que fixen hoxe cando cadramos. Recoñezo o meu erro, e xa está correxido, deixeime levar só por unha intuición, cría que Barreiro daba as súas clases na facultade en castelán.
É o que teñen as blogues, dende o anonimato un atrévese a criticar a unha das poucas persoas de dereitas que exercen de verdadeiros galeguistas.

O da retranca sigoo mantendo.

nenodanorita disse...

Se perder a retranca é signo de modernidade... tela e usala é signo de atraso?
¿Cando era máis moderno Barreiro Rivas, cando se converteu no primeiro político condeado en firme por corrupción da democracia española ou agora que pontifica dende as tribunas por enriba do ben e do mal?
Supoño que por escribir esto son un cabrón con pouca retranca... ergo: un moderno.

Anónimo disse...

Tendo en conta q pra condealo tiveron que inventar a coletilla "por indicios", tamén deberias dicir que é o primeiro politico condeado por indicios, que xa manda nabo. E ademáis foi xulgado nun contexto de venganza politica, recordoche q os do PP (AP, daquela), saíron a poñe-la denuncia no meio da votación da moción de censura contra aquel peluche que foi Albor (merendiñas pra os amigos).

Está fora de toda duda, a súa condición de Galeguista (un dos pais do actual estatuto. Famosa é a súa intervención para desbloquea-lo acordo que estaba na vía morta da UCD)

Pódoche asegurar que é un home que usa a retranca, con maestría ademáis. Deberías ler algún dos seus excelentes libros (O derradeiro é A terra quere pobo), e despois supoño que chegarás, coma casi todos, á conclusión de que é unha das máis preclaras mentes que deu Forcarei, centro do mundo con permiso de Mesopotamia (Barreiro Dixit).

Tamén e certo, que como todo-los grandes pensadores ten unha clara tendencia a facer algunha cagada ben xeitosa. Agora ben, poñer en dúbida a talla intelectual e galeguista deste home é cando menos un erro tan grande coma o de xulgalo por equivocarse na forma, que non no fondo do seu "Barreirazo".

nenodanorita disse...

Negar a validez da proba indiciaria é manifestar bastante descoñecemento de Dereito Procesal Penal e de Dereito Penal. Aconsello unhas leituras de verán da xurisprudencia do Tribunal Constitucional ao respecto. Os criterios para condar por indicios estan taxados e perfilados na xurisprudencia do interprete constitucional, e serven para condear tanto a políticos como a asaltadores de casas que matan aos seus habitantes sen testemuñas, incluso moitos etarras foron condeados grazas proba indiciaria.
Concordo que a denuncia do PP foi unha venganza política, máis un feito xulgado con sentencia firme deixa pouca marxe para algo máis que a pataleta.
Por outra banda non dubido do seu carácter galeguista, seguino moito na época de A3Radio, e despois xa algo menos en RadioVoz. O que me descolocan son cousas coma unha que puiden ollar na pasada campaña das autonómicas, pola mañán dándolle consellos a Cuiña no Lembranza, e a media mañán ca muller de Touriño na terraza do Araguaney...

Anónimo disse...

Certo, pero neste caso non sei onde estan os indicios, despois de cinco inspeccións de facenda non se encontrou ningunha irregularidade. Non lle demos máis voltas a maquinaria do PP aplastou o único disidente qiue lle podía facer sombra a don Manuel