11.12.08

Algúns candidatos cederon ata un 30% ao Inega, concellos e donos do chan

"Os novos parques eólicos nacen ademais con outra tara á hora de acudir a un banco: unha elevada porcentaxe inclúe fórmulas de participación pública (requisito que suma ata o 22% da puntuación no baremo) que supoñen a cesión gratuíta ao Inega de entre un 10 e un 20% da potencia adxudicada. Os promotores, xa que logo, terán que solicitar préstamos para un proxecto que pagarán na súa totalidade, pero do que só serán propietarios nun 80 ou un 90%. Ademais, boa parte das sociedades presentadas optaron por ampliar en ata un 15% estas cesións públicas en busca dunha mellor puntuación."

"Estas cesións implican, nalgúns casos, pór ata o 30% das empresas en mans de terceiros, mentres que os créditos deberán ser afrontados polo 70% dos socios restantes."

La Voz de Galicia, a voz dos empresarios eólicos que non queren deixar un peso en Galiza, por un negocio que ten un impacto medioambiental e paisaxístico á vista de tódolos galegos.
Porqué non nos informa La Voz de Galicia que empresas son as que máis beneficios públicos deixarían dos muíños? Para ver despois se hai favoritismos afíns, políticos, mediáticos...

26.11.08

A Policía Nacional celebra as súas vodas de ouro en Galicia

(O titular de enriba liga coa nova de La Voz de Galicia)

2008 - 50 = 1958
Identifícanse estes policías nacionais cos daquela época?

U-la memoria histórica?

"A Xefatura Superior de Policía de Galicia foi creada por decreto o día 31 de outubro de 1958. "

"Un acontece-
mento que gravou a lume aquela presenza na nosa terra foron os sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, cando dous traballadores dos estaleiros Bazán morren por disparos da Policía Armada: trátase de Amador Rei, de 38 anos, casado e pai de catro fillos, e Daniel Néboa, da mesma idade e casado. Outras 36 persoas resultaron feridas, dúas delas moi graves."


"Foron a cara máis visible da ditadura. Golpearon a obreiros, estudantes, políticos, intelectuais e a calquera que saíse á rúa para amagar coa máis mínimo sinal de protesta. Concitaron o odio e a animadversión de varias xeracións de españois que correron diante daqueles homes de uniforme inconfundible que defendían a ditadura a porrazos, cando non a tiro limpo."

"o xefe das sinistras SS hitlerianas, que viñera a este país para colaborar coas autoridades franquistas na organización da nova Policía española."
" O diario Arriba daquel día reclamaba "unha Policía severa e sólida como a existente no III Reich" e indicaba -referíndose ao artífice da solución final, que custou a vida a máis de seis millóns de xudeus- que "con homes como Himmler chegan ao seu cénit os estados fortes". "

Xavier Navaza, Los grises cumplen 50 años. El Correo Gallego

10.11.08

Pódese pasar do petróleo? (II)

O 1-XI-2005 titulaba un post co título "Pódese pasar do petróleo?". Polo que nos contan en El País, parece que si, pero non nos deixan. Sumámonos á insubmisión?
Motor de auga e aceite de fritanga
Un grupo de galegos alíanse en segredo para fomentar alternativas ao petróleo

Actualizado, 26-XI-2008


Who killed The Electric Car(Web)

9.11.08

Que vergoña PSdG !!

"naceu hai un ano e ten varios dirixentes que foron nas listas electorais socialistas. Con todo, a Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) recibiu máis de cen mil euros este outubro. Coas subvencións logradas polos seus asociados, a suma é de 622.790 euros, o 54% do que repartiu a Xunta."

"A maioría dos 30 colectivos da FEGAMA foron creados esta lexislatura. A lista de socios é ben curiosa, pois cinco asociacións defínense como “naturistas”, o que popularmente se coñece como nudistas. Varias delas fundadas en lugares inhóspitos para andar espido, como Guitiriz ou Chantada. "

"A Xunta cambiou os criterios das axudas este ano
A FEGAMA acaba de acceder a un gran volume de subvencións, máis de cen millóns das antigas pesetas, xusto despois de que a Consellería cambiase profundamente os criterios da convocatoria. Por exemplo, un dos puntos máis valorados en 2007, “actividades desenvolvidas nos dous últimos anos” desapareceu. A Consellería tamén deixou de valorar outros baremos obxectivos, como o número de voluntarios ou a antigüidade.
A demais, a Xunta lanzou este ano por vez primeira liñas de axudas específicas para federacións; as que só puideron presentarse FEGAMA e FEG. O resultado é que a FEGAMA, sen sumar os seus asociados, recibirá case 180.000 euros. Os seguintes colectivos máis favorecidos na resolución, como a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), non chegan aos 30.000.
"
Un grupo próximo ao PSOE recibe o 54% das axudas. A Nosa Terra

"Non queremos un ecoloxismo fundamentalista e propoñemos unha forma distinta de facer as cousas" Medio Ambiente asigna 622 mil euros para "un ecoloxismo a medida". Vieiros

Ecoloxistas acusan a Medio Ambiente de "amañar" axudas para colectivos afíns. El País

Actualización(17-XI-2008). "É a primeira vez que nos presentamos a unha convocatoria pública e transparente e nas mesmas condicións que outros grupos."
"Levamos anos traballando pero nunca estivemos rexistrados nin saíamos nos medios. Porque todo o faciamos por vocación e ós únicos ós que timaños que renderlle contas era ás nosas familias ou amigos."
Miguel Acuña: "Fuximos do ecoloxismo de laboratorio na busca dun máis próximo ó medio rural e á súa xente" Galicia-Hoxe

Islandia e os USA

Non é unha comparativa, aproveito este post, para gardar estas reportaxes de Islandia e un artigo sobre a educación nos USA e Obama.

Encantaríame unha Galiza á islandesa na educación, na sanidade, na lingua... e até a súa idea de familia. Viña sendo a nº1 no Índice de Desenvolvemento Humano pola ONU.
A ver como sae da crise e das débedas dos seus bancos.
A boa vida. El País
O máis parecido a outro planeta. La Voz de Galicia
O modelo islandés na campaña da Universidade de Vigo,
Europa é plurilingüe, Quen sabe galego sabe máis
O primeiro en caer

Obama e a educación nos Estados Unidos. Eduardo González Viaña, Faro de Vigo
Os límites de Obama. Javier Ortiz, Público

5.11.08

O primeiro presidente negro...

Titular que se repite en tódolos medios, i é tan negro coma branco. Non entendo de xenética, nen me importa se é máis unha cousa ca outra, pero tivo un pai negro e unha nai branca.
Non parece branco? tampouco me parece negro... Ou ten máis importancia non ser branco "puro" a hora de ser ou non ser negro?
É afroamericano? si, por ter unha orixe africana, a do seu pai keniata, pero non p
or ter devanceiros que foran escravos nos USA.(descoñezo se ten outro parentesco coa escravitude ou se do que hoxe é Kenia saíron moitos escravos.A súa muller si)

Si que me parece relevante, saber que un matrimonio coma o dos pais de Obama Jr. ,naquela época era ilegal nalgúns estados dos USA. E o froito desa parella hoxe chegou a presidente. É un paso necesario e simbólico para a historia dese país, e sendo na 1ª potencia, axudará moito na erradicación de tantas discriminacións no mundo, en Galiza tamén.

Tamén me chama a atención, que nos USA, haxa americanos que discriminen aos afroamericanos, cando, quitando aos indios das películas e das reservas, son todos descendentes de colonos. I en Galiza, con máis séculos de historia(xa había galegos antes do "achádego" de Colón e dos propios Reis Católicos), haxa galegos que se esforcen por non parecer galegos. Ignorancia para supramacistas e ignorancia para o autoodio.
A comparación de Xaquín Marín paréceme que si se axusta a algúns galegos
E tamén a de Beiras
(Ver artigo relacionado no Galicia Hoxe)

Tamén compre lembrar a Castelao, que se solidarizou no seu propio exilio cos afroamericanos até ser mesmo nomeado presidente honorario da Federación Mundial de Sociedades de Negros(pola súa amizade cos grupos de Harlem) e por imaxinar xa daquela unha Galiza na que había galegos negros.
"Érase un "habanero" que trouxo un rapaciño negro, como podía traer un papagaio ou un fonógrafo... O "habanero" morreu, e o negro chegou a mozo, e sinteu, como calisquera galego, a necesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba; pero a morriña non-o deixaba vivir alí. E farto de chorar voltou â súa terra. Non traía cartos; pero traía un traxe novo, un baúl valeiro e moita ledicia no corazón. Aquel negro era galego"
Debuxos de negros(1939)
Sempre en Galiza(1935-1944)

Que agardo de Obama? Máis esperanza que ilusión. Teríao votado, se algunha vez tivera que votar aos demócratas, (sería das veces máis oportunas) porque o partido con máis votos nun estado, leva toda a representación dos delegados.(Así o 52% dos votos son 349 delegados, e o 46% son 162)
Pero para min non é o mellor modelo de democracia, nen outra onde exista a pena de morte, nen o mellor modelo socioeconómico(nen tan sequera éticamente defendíbel). Poboacionalmente tería que compararme desde a UE.
Por iso non creo que o "change" sexa nen poida ser moito, din que é un demócrata moderado(vai contar no seu equipo co ex-ministro de exteriores Colin Powell). Tampouco creo, sen entrar en conspiranoias, que a política internacional de Bush puidera responder só as súas ocorrencias. O propio McCain se desmarcou del, como símbolo dunhas políticas fracasadas e de aí que teñan que considerar as súas políticas internacionais, sociais i económicas. Moi destacábel a súa felicitación a Obama(nun estado onde aínda hoxe Rajoy falou do Sr.Rodríguez Zapatero, e non do Presidente Rodríguez Zapatero).
Que mal o estará pasando Aznar(que quería pasar á historia así) e o resto da extremo dereita.(España tamén ten a súa Palin, Esperanza Aguirre.)

Aquí deixo o optimista discurso da vitoria

A obamanía que nos vai quedar nas campañas electorais pode chegar a extremos moi ridículos

24.9.08

Hawking en Compostela

Sobre a evolución da raza, manifestouse "seguro" de que durante o próximo século descubrirase como modificar, tanto a intelixencia, como instintos tales como a agresividade". No entanto, alertou de que algúns non resistirán a tentación de mellorar características humanas como o tamaño da memoria, a resistencia ás enfermidades ou a duración da vida".

"Unha vez que aparezan tales 'superhumanos' haberá problemas políticos graves cos humanos non mellorados, que serán incapaces de competir. Presumibelmente morrerán ou se converterán en irrelevantes. No seu lugar haberá unha raza de seres auto deseñados que se mellorarán a si mesmos a ritmos cada vez maiores", insistiu.

Hawking ve difícil evitar un desastre na Terra

Non me custa crelo

Os nazis de Bolivia

pan e coitelo

XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESOR

C oido que é en Kaputt onde Kurzio Malaparte ­reproduce este diálogo histórico: "-Que ten vostede nesa papeleira Caudillo, son ostras? Non, son os ollos que os meus ­soldados lles arrincan aos inimigos e que despois me ­regalan". Isto respóndeo no seu despacho ­Ante Palevic, o líder que instaurou o estado nazi independente de Croacia co apoio de Hitler.

Ao perderen a guerra, os Ustachas, que así se chamaban estes nazis católicos, fuxiron pola Rat Line, a ruta das ratas, que os levou para a América do Sur na compaña dos ­camaradas ­alemáns. Alí cambiaron de nome, igual que fixeron Klaus Barbie, Adolf Eichmann ou Mengele. Os croatas e ­moitos alemáns preferiron Bolivia e establecéronse sobre todo na rexión de Santa Cruz, onde con diñeiro fundaron ­negocios e lograron a hexemonía social, que procuraron fundamentar na ideoloxía ­nacional-socialista.

A actual xeración, tamén moi minoritaria e sen mesturas étnicas, herdou os métodos e os principios dos seus antecesores. Cales? O primeiro o racismo. "Viva a raza camba" puña unha das pancartas que estes días se vían pola televisión, mentres a Unión Juvenil Cruceñista e a Nación Camba rebentaban pola rúa aos ­indios collas, só por existiren. Era ­unha reprodución exacta do terror nazi dos anos trinta nas cidades alemás.

A suposta raza é no imaxinario deles unha indefiníbel mestura aria e croata con ­sangue puro español. É dicir un excremento teórico que serve para algo tan práctico como someter ós indios, que son os inferiores. E que no entanto son case toda a ­poboación.

Santa Cruz é agora ­unha rexión moi rica, da Media Lúa boliviana. (Por certo que a media lúa é un símbolo da ­resistencia croata no S. XVI fronte ao ­Imperio ­Otomán. Fronte aos turcos). Co ­diñeiro da extracción do gas o ­goberno central creou o bono escolar Juancito Pinto. Os alumnos reciben 20 euros ao ano, nun ­intento de frear a ­deserción; e os vellos trinta ao mes, para ­diminuír a ­indixencia da ­inmensa maioría. ¿Como van ­tolerar estes brancos que as ­rendas do petróleo as ­administre o goberno de Evo Morales, un ­indio ao que lle chaman mono, cando eles son a raza superior?

------------------------------

15.7.08

Os erros das bases de datos de buques atrasan o auxilio no mar

O BNG denuncia que o 95% das alertas de socorro que se reciben son falsas. Os fallos no sistema provocan que os técnicos de Salvamento teñan que comprobar as alarmas antes de enviar os efectivos. Os profesionais están preocupados pola falta de eficacia nos últimos sinistros

"Nos centros de Salvamento Marítimo, como o de Fisterra, as localizacións que envía o satélite dos barcos en perigo, ás veces rozan o absurdo. Fontes do sector das radiocomunicaciones aseguran que se recibiron alarmas de afundimentos en lugares tan improbables como Ponferrada, na provincia de León. A gran cantidade de chamadas de socorro falsas -o 95% do total segundo denuncia o BNG- obriga a comprobar cada unha delas antes de mobilizar os medios o que, a miúdo, redunda nunha resposta tardía á urxencia."

10.6.08

Esquizofrénica RAG

E La Voz de Galicia en campaña electoral (Pero non falta case un ano? vai quedar sen cartuchos...)

8/6/2008 La Academia contesta a la Xunta que el único topónimo oficial es Galicia
A imagem "http://media.lavozdegalicia.es/default/2008/06/08/0012_2351314/Foto/g8p6f1.jpg" não pode ser mostrada, porque contém erros.
«pero rexeitou esta posibilidade porque consideraba que un país non debe ter máis ca un nome na súa propia lingua, e que aceptar esta vía sería unha mostra dunha esquizofrenia lingüística non desexable»

9/6/2008 La Xunta usa Galiza como nombre de diversos organismos y actividades
"Consellaría y consellería
A esta ausencia de unificación con respecto al topónimo hay que añadir el doble uso de consellería y consellaría en la web de la Xunta. Las entidades gestionadas por el BNG favorecen esta última forma y las Normas ortográficas e morfolóxicas de la Real Academia Galega también establecen su preferencia por ella: «Os substantivos formados con este sufixo referíanse orixinariamente a cousas e indicaban o lugar onde se fabricaban, onde se vendían ou onde había abundancia delas. A forma -aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta solución». "

9/6/2008 "La Guardia Civil trabaja con la teoría de que nacionalistas radicales del grupo Resistencia Galega están buscando el modo de hacerse con explosivos en Portugal."

Normativa oficial do galego ao respecto
"Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumacia, delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia, milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia, etc. Entre estas palabras está Galicia, denominación oficial do país e forma maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo."

Non son contraditorios os argumentos da RAG para consellaría e Galiza? Ou é, que o feito de que Galiza fora recuperada no galego contemporáneo resta?

27.5.08

Sonche o demo

http://www.gznacion.com/web/thumb.php?x=600&y=0&id=../upload/gal/94-f-chiste%20GZnacion%2020.jpg&color=F9F9F9
Gonzalo en GZnación, fantástico!!
(Aínda que Rajoy fala tanto galego coma os facha-frikis da dereita.)

Sonche o demo, Rajoy, o de "tengo la convicción moral de que fue ETA" quere agora, despois de dúas derrotas, de 8 anos con Acebes e Zaplana, da fichaxe estrela(-da) de Pizarro, de ir da man e do apoio da Cope, LD, El Mundo, La Razón, a AVT, a Conferencia Episcopal, da teoría da conspiración, da España se rompe, da España vendida a ETA... agora, quere ir de centrista e deixar a un lado aos "duros". Tarde piaches!! tanto el coma os "duros", son igual de perdedores, formaban a mesma equipa e polo camiño deixaron a xente coma Pimentel primeiro, ou Piqué despois.
Que graza me fai escoitar a un Losantos, que pinta a Rajoy coma o responsábel da derrota cando fai uns meses el e os seus amiguiños de LD comíanlla, comentando os dous debates Zapatero-Rajoy.

Aí lles vai esta canción adicada a eles, a quen non lle pon a pel de aguiacho esta actuación tremenda de Tony Lomba no Festival de Cans?

20.5.08

Ana López Suevos

Vendo a Ana López Suevos falar, sen ter nada en contra de Carlos Callón, pero si pensando en que algún día deixará de estar ao fronte d'A Mesa, podería ser esta xuíza o seu recambio?

9.5.08

A nova "pluralidade" d'A Nosa Terra

O concepto de pluralidade, para min é que as novas estean redactadas o máis obxectivamente posíbel(sen a opinión engadida do xornalista) e que de precisalo, inclúan as distintas versións dos feitos.
Para min pluralidade non é publicar artigos-mitins dos distintos políticos galegos, e algúns coma o "O multilingüísmo de Touriño" de María Seoane van contra o galego, contra o galeguismo, contra A Nosa Terra e contra a lóxica elemental. Para min pluralidade é que frase por frase e coa máxima brevidade puidéramos comparar as distintas posturas, e non con mitins, demagoxia Ruedil e contos Feijianos.
Tamén me gostaría que nas entrevistas, o xornalista replique con outras preguntas ás respostas do político, que xa sabe ou imaxina o que lle van preguntar e o que ten que
responder.

Un exemplo máis, outro artigo dese político tan de fiar coma López Veiga. No primeiro Por que non son nacionalista xa comezara a exercer de trileiro.
"Lembremos que Castelao non era independentista e era moi concreto para os tempos que corrían: “ ... pero en verdade soio aspiramos a unha autonomía integral, dentro da libre federación de todo-los povos peninsulares. Galiza non necesita mais, pero non pode conformarse con menos” (Castelao; Sempre en Galiza. L IV,III)"
Primeiro, Portugal, si, ese estado á outra beira do Miño, creo que é un pobo peninsular que non forma parte do Estado Español, e hai tamén un Xibraltar, unha Andorra dentro de "todo-los povos peninsulares" para esa "libre federación".
Segundo, Castelao era nacionalista, e a independencia é unha posibilidade ou alternativa de todo nacionalista.
"Unha nación é soberán e ten dereito a orgaizarse autonómicamente, sen máis límites que os derivados do respeto ao dereito igoal das demáis nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outra e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituirse en estado independente." (Sempre en Galiza)

No último, coma trileiro igual pode enganar a un cego... Que vergonza!! Que inxulto á intelixencia do máis parvo. Viva o can de palleiro!, Nooesfera e biodiversidade mental galega
Algunhas pérolas coa súa resposta:
"Cando se estuda a Ecoloxía –a de verdade, non a dos grupos ecoloxistas–"
Nos grupos ecoloxistas non debe haber estudantes e profesores de Ecoloxía... A Ecoloxía debe ser a ciencia dos cazadores de raposos, dos criadores de visóns, dalgúns constructores...
"se manteña a biodiversidade do sistema existente antes da explotación."
Si, lembremos,
"os nacionalistas queren volver ó monolingüísmo galego de principios do século XX" de Núñez Feijóo.
"Pola contra, un galego non ten dificultade ningunha en ir traballar a rexións castelá-falantes do resto de España."
Porque os galegos tamén aprendimos castelán, aprendimos dúas, tres, castro... linguas na escola. Esforzámonos máis, e para que os galegos teñan liberdade á hora de falar unha lingua cooficial en Galiza hai que coñecer os dous idiomas. Os galegos estamos máis adaptados a Galiza, ao noso hábitat que os que queiran vir e non teñan intención de adaptarse.(Ver Charles Darwin)
"Non nos enganemos estas sociedades estanse a empobrecer: poucos estudantes do programa Erasmus queren ir a estas autonomías, que se irán empobrecendo e aldeanizando paulatina pero inexorabelmente."
Isto non vale para os países pequenos da UE que non renegan da súa lingua? Países aos que tamén van erasmus españois como Finlandia, Dinamarca...? Que universidade galega atraería máis alunos, unha en castelán competindo co resto das universidades españolas(coma o até de agora) ou unha universidade galega en galego(->portugués), castelán e inglés?
Cataluña é a 4ª CA con máis erasmus.
"todos sabemos que o can de palleiro, fillo de moitas xeracións distintas e de moitas razas mesturadas é o can mais intelixente e fiel do mundo."
Si, todos sabemos o que vale un can de palleiro, ou o que non vale porque cho regalan, e o que vale un can de raza con pedigree. Tamén porque se lle viña chamando palleiro a un "mil razas", cando o can de palleiro é unha das razas autóctonas que temos en Galiza. E a ver cal prefire un pastor, un "mil razas" ou un palleiro de verdade?

22.4.08

O problema de Cuiña era a discreción

Ás veces paréceme poder interpretar nunha cara, se é xente de fiar ou non, xeralmente, cando podo combroba-lo acerto.
Esquecíame disto.

"os que non tivemos ningún proceso de enriquecemento paralelo á nosa vida política non temos ningún problema, mentres ca outros experimentaron un notábel incremento no patrimonio" 29/09/2004
"Débese evitar transmitir a impresión de que se obteñan beneficios indebidos a razón do cargo" 17-IX-05

a resolución asinada por Enrique López Veiga en febreiro de 2005 afirmaba que o edificio non se atopaba na zona de servidume de protección
O Tribunal Superior obriga a tirar un edificio a pé de praia da construtora da que é socio Telmo Martín 28/2/2008

En que mundo viven?

"¿Que se discute de fondo? Pois se discute un cambio de modelo nos concellos, como creo na Xunta de Galiza, no Estado e en Europa, pero creo nos concellos, nos grandes e os pequenos", recalcou. Sobre este suposto "cambio de modelo", preguntouse por "a necesidade de que se cren novos centros comarcais para dar servizos de benestar". "¿Seica non o sabemos facer ben os municipios?".
"Aquí o que existe politicamente son Goberno central, Xunta de Galiza e concellos. Non existen outros órganos, entón se a
quí queremos implantar a comarcalización que se supriman os concellos e as provincias, que creo que sería unha tolemia. Isto é o que se discute", exclamou.

Pero vostede sabe cantos concellos hai en Galiza? 315 Sr López Orozco, 315!! Cantos deses 315 concellos poden te-los servizos que ten un coma o seu de 93.853 habitantes? Cantos deses 315 perden poboación? Haberá algunha relación entre esa perda poboacional e a falta de servizos?
Bótelle unha ollada á prensa, o mesmo día(22-IV-08) no xornal La Voz de Galicia
Máis de 2.000 persoas maniféstanse en Lugo contra a supresión do primeiro ciclo de ESO en sete concellos
A poboación galega por encima de 65 anos duplicouse en tres decenios

Os nenos de ata catro anos apenas son a metade que ao comezo da democracia

Tamén lle informo que segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas.
Cal é a alternativa a centrarse nas comarcas no interior de Galiza? A emigración ás cidades? Non será vostede o que desexa a extinción dos concellos?
Iso explicaría que no seu PXOM aprobado inicialmente, redactado con maioría absoluta, previse en 10 anos a construción de 120.185 vivendas(76.370 en chan urbano e 43.815 en periurbano e rural) para 338.923 novos habitantes. Artigos 20.1 e 21.1
Explicación que expreso de forma retranqueira, porque en toda a provincia de Lugo hai 357.625 habitantes(contando os 93.853 da capital luguesa).
Non se pase co número de misas para ser coma Paco Vázquez, que con eses datos xa me lembraba a Marbella e Julián Muñoz.


marcou de novo as distancias co BNG ao advertir que a Xunta deberá reflexionar antes de pedir a transferencia de Salvamento Marítimo, considerando o gran custo do servizo, e que este está ademais rexido pola Lei de Portos e Mariña Mercante

"que non teñamos que volver facer un goberno de coalición". "Temos que liderar a onda de cambio para as autonómicas"

Elena Espinosa

Antes de nada, agradecerlle o seu cambio coa nosa lingua, agora semella expresarse en galego cando vén a Galiza e non teño coñecemento de pérolas do calibre das que dicía no 2005. (Cecais, até foi vostede esa visita que recibín dende o seu ministerio naquela data)
Agredecerlle o normal, como algunhas políticas normais en igualdade no século XXI do goberno español que preside o Sr Zapatero, e do que non coma votante e si coma de esquerdas, agardaba bastante máis, sen esquecerme do suposto federalismo do PSOE e recoñecemento coma nación do PSdG.

Con respecto ao Salvamento Marítimo, ou invisten mal os cartos ou teñen que investir máis, porque os espectáculos nos medios neste último ano, e as mortes que houbo non son para estar orgullosa. E con ese nome, "Salvamento Marítimo", de ser mariñeiro preferiría que a organización deses "salvadores" estiveran o máis preto de min. Paréceme que son competencias que con toda lóxica se debería encargar a Xunta, e neste momento, unha consellaría que leva o PSdG.

Eu, coma nacionalista tamén desexo que o BNG poida gobernar en solitario, pero son realista. E o seu partido tamén o debería ser, por exemplo, dos 868 votos que o PSOE ten na FEGAMP, 728 corresponden a alcaldías obtidas grazas a acordos co BNG.
E esa maioría que ten o PSdG, chuleada ao BNG, para que a emprega? Pois para dinamitar ou por trabas ás medidas que máis rachan cos tempos de Fraga.
Se xa a onda de cambio do BNG é de ría, a do PSdG é de lagoa. Céntrese nas persoas e non no reparto do poder, polo ben da maioría.

6.3.08

O Prestige e os candidatos do PP ao congreso no 2008

Algúns dos que aínda van para deputados o 9 de Marzo

Nº3 pola provincia d'A Coruña
Arsenio Fernández de Mesa
, dijo públicamente, por primera vez
desde que ocurrió el accidente, las coordenadas exactas en las que se encontraba: 42° 26¿ de latitud norte y 11° 24¿ al oeste. Según De Mesa, esas coordenadas correspondían ya a aguas portuguesas, pero el cálculo de las mismas situaba al Prestige a la altura de la isla de Sálvora. Las autoridades portuguesas no tardaron en reaccionar y prácticamente a la misma hora, la portavoz de la Marina lusa, la teniente María Martins, negaba rotundamente que el buque hubiera entrado en sus aguas jurisdiccionales. «Tengo conocimiento de que el Centro de Salvamento Marítimo español también desmiente que el petrolero esté en nuestra ZEE».

Nunca estivo en augas portuguesas, aínda que a intención até que lle saíu a armada portuguesa era esa, mandalo cara África, a un porto galego non ía chegar...

Nº1 pola provincia de Madrid
«No es en ningún caso una marea negra, se trata sólo de manchas muy localizadas»
Mariano Rajoy, vicepresidente del Gobierno (23-11-2002)

O dos "hilillos" foi o de menos, se llo dixeron os expertos, pero esta frase, senón fora polo nº de mortos está case ao nivel de indecencia da "Tengo la convicción moral de que fue ETA". Menos mal que os mariñeiros tiñan outras fontes e saíron ao mar para salva-las rías.
E aínda tivo a cara este días na entrevista con Buenafuente de botarse flores "al final logramos arreglar las cosas". Debe ter poucos votantes entre os que viñeron de voluntarios...

Nº 1 pola provincia de Alicante
Trillo: 'Las playas de Galicia están limpias y esplendorosas'

O debate d'A Galega

1º É unha vergoña o nivel lingüístico de Touriño e Feijóo, Quintana tamén ten que pulilo(un nacionalista ten que ser o primeiro en dar exemplo). Máis n'A Nosa Terra
2º Parabéns Á Galega polo deseño do escenario e a súa localización, unha verdadeira fusión e un chanzo á modernidade, xa era hora de ver algo así na nosa televisión. Cecais se podería cambiar de sitio para non pagarlle o aluguer ao hotel, mantendo unha liña similar con outro edificio de pedra.3º Quintana gañou e cumpriu, tamén era o que o tiña máis fácil, tiña argumentos para criticar ao PP e ao PSOE e podía facelo. Tiñan un pacto de non agresión BNG-PSdG, Quintana-Touriño, non escrito pero obrigado coma compañeiros na Xunta.
Tamén tivo o golpe de efecto da noite, coa foto da manifestación de Nunca Mais en Madrid, aínda que lle sobrou o de que foron a Madrid con convencemento de nación, demasiada xeralización.
4º Quintana é o que ten máis carácter e naturalidade dos tres, e parece ser sempre o que vai gaña-los debates. Ollo a se se volve repetir o mesmo debate nas próximas nacionais galegas, Feijóo está picado e máis que picado.

10.2.08

Máis Centros Quérote, menos abortos

Novas e reflexións sobre o aborto

"
A primeira é que tiña que ser un centro camuflado. Iso é básico. En Santiago está no que era a casa da Xuventude e dende fóra non se sabe se un rapaz vai facer o Carné Xove, a preguntar por unha bolsa de emprego ou a falar coa psicóloga do centro Quérote. Iso é importantísimo para o rapaz, para sentirse seguro e tranquilo. Hai un traballo que enquisa a rapazas menores que quedaron embarazadas sen desexalo que dicían que si coñecían os Centros de Orientación Familiar (COF) pero que non foran a el por medo a quen se podían atopar alí. Podíanse atopar á panadeira do barrio ou a unha veciña e a ver como lle explicaba que facía ela alí." Entrevista a Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude.


«Co noso comunicado pretendemos, sobre todo, denunciar o paradoxo que se está a producir agora mesmo no noso país. O sistema sanitario está a gastar unha cantidade inxente de cartos e de medios técnicos e profesionais para coidar a nenos de 24-25 semanas de xestación, mentres permite que estas clínicas practiquen abortos por enriba dese período e, polo que temos visto, de 30 semanas e máis, que xa son nenos c
ompletamente formados e dun peso elevado». Máis de 9.000 pediatras «O noso comunicado -subscrito por máis de 9.000 pediatras, case a totalidade dos que exercen en España- pretende facer ver unha realidade, e é que eses nenos de 24-25 semanas son viábeis. Saen adiante nunha porcentaxe altísima. A partir dos 450 gramos poden vivir. Por suposto, en incubadora, con respiración asistida, inducidos pulmonarmente, aplicando medios moi sofisticados e gastando moitos cartos... Pero é algo habitual, diariamente ingresan moitos nenos nas unidades de coidados intensivos prenatais», sinala. «Para os pediatras -recalca-, é especialmente impactante estar a salvar a criaturas de 450 gramos cando nesas clínicas os están a matar cun quilo ou máis». Xa quixeran eses pediatras que os seus pacientes estiveran en moitos casos tan desenvoltos.

Actualmente só pódese abortar en tres supostos: até as 12 semanas en caso de violación denunciada, até as 22 cando hai malformacións do feto e sen prazo determinado (o grande coador) cando hai perigo de enfermidade física ou psíquica para a nai.

A opinión da Asociación Española de Pediatría, que pegou un comentarista de Vieiros


No encontro, no que participou tamén a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galiza, Carme Adán, a candidata nacionalista reclamou a “despenalización do aborto” e a “aprobación dunha lei de prazos que dea á muller o dereito a decidir sobre a interrupción voluntaria do seu embarazo nas primeiras 16 semanas de xestación”.
Así mesmo, Paz Abraira defendeu que o aborto debe ser “libre e gratuíto” e practicarse “na
sanidade pública galega”. Paz Abraira pide que se poidan practicar abortos nos hospitais de Lugo


Por que non se podería aceptar socialmente con normalidade que unha muller que queda embarazada sen desexalo, teña ese neno e o dea en adopción? Faise algo para des-prexuizar iso?
Aceptamos con máis normalidade o aborto porque queda en privado, porque non nos decatamos, porque non vimos o
bombo? Non nos estamos querendo enganar a nós mesmos?
Faise todo en prevención? Viven os pais galegos, españois... no Século XXI?

Gostaríame ver algunha comparativa europea, e que alguén, mellor algunha, me contradixese.

7.2.08

AGAI

Na blogue Galiza-Israel atopo isto
"Non todo van ser críticas, AQUÍ podes ver un dos apoios a decisión do BNG de impedir unha declaración institucional do Parlamento Galego, de condena do nazismo e en recordo das vítimas do Holocausto. Noraboa ao compañeiro Aymerich e demais grupo parlamentar."
E ilustran o post cunha imaxe da Falange. Ao entrar no "AQUÍ" vas a un foro, non á web da Falange, e neste foro un fulano entérase da cousa por Libertad Digital. Apoian a versión goebbeliana dos feitos que lle dá Libertad Digital, non a postura real do BNG.

A demagoxia vólveselle en contra, porque xusto no post anterior a este, tedes algúns dos medios e persoeiros que apoian a AGAI, entrevistan a Pedro Gómez-Valadés...
Filofranquistas, racistas
, homófobos...

Cecais, o feito de que Franco, que recibira o apoio de Hitler, non quixera saber nada dos españois nos campos de concentración nazis, o poidan interpretar como unha solidariedade franquista cos xudeus...

O triste é que vendo a web de AGAI, con data
27 de Xaneiro de 2008, xa aparece un comunicado no que din "ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP."
Estou agardando ver ese texto, o BNG aínda hoxe, en palabras de Jorquera:
“a única forza que propuxo unha declaración de repulsa ao Holocausto foi o BNG”. Un texto “único”, xa que as outras dúas forzas parlamentares de Galiza non presentaron moción algunha nese momento.
Ao final os medios goebbelistas españois poderían excusarse co comunicado de AGAI.

Tamén vin a carta de dimisión do concelleiro de Neda e hai cousas que non entendo.
O BNG é o único que no parlamento pode presentar unha “ Declaración Institucional non negociable” ? Ou foi o BNG o único que se lembrou de condenar a “barbarie” nazi nunha declaración na que tamén se condenaba a política actual do goberno de Israel que é diferente ao que di o ex-concelleiro de Neda "un ataque en toda regla ó Estado de Israel ."
Todos os que viven en Israel son descendentes das vítimas do Holocausto? Por que é un ataque aos descendentes das vítimas do Holocausto condenar a política actual do goberno de Israel?
Por que di que o BNG se esquece das vítimas en estados musulmáns ou as provocadas por estes e non cita Arabia Saudí, Libia...? Por que non di tamén que se esquece das vítimas dos non musulmáns? Por citar até o infinito e tal.
Non hai odio "aos xudeos e ao pobo xudeo". Neste sentido, advertiulle de que non lles porán "ningunha mordaza" e de que seguirán censurando ao Goberno dese país se mantén a súa actitude con Palestina, "desde o aprecio ao pobo xudeu". De feito, aseverou que distinguen os gobernos dos pobos e puxo o exemplo dos Estados Unidos, do que en reiteradas ocasións alertaron do seu "imperialismo", a pesar do seu respecto aos seus cidadáns.

Quen está atacando realmente aos descendentes das vítimas do Holocausto?
"su rechazo en el Parlamento gallego a apoyar una declaración sobre la condena del holocausto"
" su posición actual "les sitúa políticamente" como "un partido nacional-socialista" y "al lado de los partidos antisemitas". "
"
Por el contrario, agradece a los partidos "democráticos" gallegos su apoyo a la declaración, "
La comunidad judía pide al BNG que abandone su actitud antisemita

Quen se acorda xa do epílogo e subvención deste libro polo Presidente Fundador do PP?

Actualizo a 10-II-08, para non perdelos

A vella farsa tráxica VII. Vítimas e verdugos: as metástases do racismo nazi (I)

A vella farsa tráxica VII. Vítimas e verdugos: as metástases do racismo nazi (II)
Fedor xudaico(fai referenza ao que pensaba Risco, cando xa non era alguén)

29/02/2008
Hamas pode atrair "Holocausto" a Gaza, diz vice-ministro de Israel

02/06/2008 O libro contén dúas teses que no pasado tiveron certo predicamento, tamén entre historiadores sionistas, pero que hoxe foron arquivadas: que os actuais xudeus proveñen de pobos pagáns que se converteron ao xudaísmo lonxe de Palestina, e polo tanto non descenden dos antigos xudeus, e que os palestinos árabes son os únicos descendentes dos antigos xudeus.
"Cando e como se inventou o pobo xudeu". Shlomo Sand, profesor de Historia de Europa na Universidade de Tel Aviv

17/10/2008
Existiu outra Palestina
A exposición 'Palestina antes de 1948' amosa a realidade dun país moderno e cosmopolita antes da creación do Estado de Israel.

6.2.08

Goebbelistas

Carta ao Director de El Mundo, contestación de Carlos Aymerich Cano.

Sr. Director:

En la última reunión de la Diputación Permanente del Parlamento de Galicia propuse a los señores Ismael Rego y Manuel Ruiz Rivas, portavoces de PSOE y PP, que aprobásemos la siguiente declaración institucional para conmemorar el Día Internacional del Holocausto: «A 63 años del fin de la II Guerra Mundial, el Parlamento de Galicia quiere recordar a las víctimas de la barbarie nazi. Fueron millones los hombres y mujeres asesinados por razón de su etnia, religión u ideología, de un modo industrial y planificado, por el nazismo alemán y sus colaboradores. A través de la presente declaración pretendemos evitar el olvido de estos crímenes y prevenir a la ciudadanía gallega contra aquellos que siguen negando su realidad histórica o minimizando sus consecuencias. Los horrores de la guerra y, en particular, los de los campos de exterminio están sin duda en la raíz de la Declaración Universal de Derechos Humanos aprobada por la ONU en 1948. Es por eso que, en este su 60º aniversario, el Parlamento de Galicia reivindica su plena vigencia denunciando sin paliativos situaciones como el bloqueo que sufre la franja de Gaza o el muro de separación que está construyendo el Estado de Israel como parte de la ocupación militar de la tierra de Palestina, porque suponen una conculcación de la legalidad internacional y de los derechos inviolables que pertenecen a todas las personas y a todos los pueblos».

El portavoz socialista consideró innecesario repetir la condena del Holocausto, porque ya había una declaración aprobada el año pasado. El portavoz del PP manifestó que «una declaración institucional no es el cauce adecuado para realizar consideraciones contra el Estado de Israel». Ninguno propuso un texto alternativo. El BNG condena el terror nazi que exterminó a más de 10 millones de personas (judíos, gitanos, comunistas, socialistas, homosexuales, discapacitados...) pero pensamos que no tiene sentido denunciar lo sucedido en el pasado sin recordar que hoy están siendo violados los derechos humanos de muchas personas, entre ellas las que forman el pueblo palestino. Son otros los que se niegan a condenar el franquismo y las violaciones de la legalidad internacional.

Recollido na blogue de Arcadi Espada, que como bo anti-nacionalista(emancipador) lle buscou os peros. Que varios comentaristas contestaron, moi ben, por certo.


Eu mesmo lle poría peros, por misturar allos con cebolas, ou facelo nun momento errado, senón fose que estas imaxes(que non eran as de tódolos días) eran actualidade en todo o mundo.


De casualidade, ao pór "palestinos" no buscador d'
A Galega.Info, fixeime na frecuencia con que saen diante do adxectivo "mortos". Tamén se pode comparar ao pór "israelís", e ver quen vai gañando...

Aymerich, cita unha declaración aprobada o ano pasado. É esta-> Declaración Institucional aprobada hoxe na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia sobre o Día de Conmemoración Anual en memoria das vítimas do holocausto 26 de xaneiro de 2007.pdf
En que punto se desmarcou o BNG desa Declaración Institucional aprobada por unanimidade o ano pasado? Fai falla repeti-la mesma declaración tódolos anos?
Por se fora pouco, "la Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) no les trasladó texto alguno al respecto". "Así, los socialistas consideraron "innecesaria" la aprobación de este texto, porque el año pasado ya se había impulsado una iniciativa similar, también promovida por el BNG." El BNG aclara que fue el único que presentó un texto en el Parlamento gallego para condenar el nazismo

Ou sexa, que até a declaración do ano pasado foi promovida polo BNG!!


Seica Tele 5 rematou coa emisión do programa "Aquí hay tomate", e moitos semellan aledarse da fin dese xornalismo. O preocupante no Estado Español, non era nen é que se traten así as novas do corazón, o que me fode a min como votante do BNG(ou ao 19% dos votantes galegos) é que digan que votamos a un partido nazi, ou que nega o Holocausto nos principais medios da dereita(e estremo dereita) española. Xornais, radios... que están vendendo en toda España unha Galiza na que o 19% dos galegos somos nazis.

Estou a favor da liberdade de expresión, e que a COPE(por citar un) ladre o que queira, pero que pague, que non lle saia de balde isto. Por iso dende aquí emprazo ao Bloque ou a calquera asociación de hostaleiros galegos(por exemplo) a que se querele contra tanta infamia. Este xornalismo non é novidade, nen sequera para o BNG.

Uns exemplos:

"El BNG se niega a respaldar una declaración de condena del nazismo en la Diputación Permanente del Parlamento autonómico." A primeira nova aparecida en Libertad Digital, significativa porque tiveron de fontes a dous blogs. Sen contrastar non só publican, fan editorial e presentan outras novas ca mesma inxuria.
"la negativa de BNG a condenar el nazismo." Editorial de Libertad Digital
"el partido que se negó a condenar el holocausto" A dimisión do concelleiro de Neda en Libertad Digital

"El BNG, socio dilecto de Zapatero en la desgobernación de Galicia y agente archipropicio para la liquidación de España, se ha negado a condenar el nazismo en el Parlamento regional." "Ha dicho que si no se condena a la vez la política israelí contra el terrorismo palestino, se niegan a condenar la solución final de Hitler." "Se le ofreció al BNG presentar una moción paralela sobre Israel para votarla aparte, pero los socios separatistas de Touriño y Zetapé se negaron en redondo." "Y ZP, que no rompió su idilio con la ETA tras el atentado de la T-4, tampoco romperá con estos naziños que apoyan a Hamas y se niegan a condenar el asesinato de Ana Frank." Federico Jiménez Losantos en El Mundo

"el primer partido con responsabilidades institucionales en Europa en negarse a condenar el Holocausto, el exterminio de seis millones de judíos." Hermann Tertsch no ABC

29-I-08 "en Galicia donde hay un gobierno nacional-socialista, aclaremos que no alemán, si no gallego ", "se discutía el aprobar una declaración de condena del nacional-socialismo alemán... ...la moción contaba con el respaldo del grupo popular..." "ni hablar del peluquín de condenar el nazismo". Tamén colgan unha entrevista grabada ao Valadés.
A partir do minuto 6:43 (.mp3), César Vidal na COPE.

30-I-08 "El Bloque Nacionalismo Gallego se había negado a condenar el nacional-socialismo alemán en el Parlamento Gallego"
Tamén se fan eco desta felicitación irónica da plataforma Rosas Blancas polos "75 años del nombramiento de Adolf Hitler como Canciller alemán." ao "Don Ancho". Ignoro en que lingua romance, o "x"(Anxo) equivale ao "tx"(Ibarretxe) do euskera.
Lémbranse de Pedro Gómez-Valadés cun "Finalmente se optó por la expulsión", e que eu saiba segue pertencendo ao BNG. A partir do minuto 8:02 (.mp3), César Vidal na COPE.

“Miente, miente, que al final algo quedará... ...cuanto más grande sea una mentira, más gente lo creerá..." Joseph Goebbels, ministro de Propaganda nazi.
A imagem "http://www.fuenterrebollo.com/Gobiernos/1940-Hendaya-%20Franco-Hitler.jpg" não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem "http://www.insurgente.org/ficheros/Nico.%20E.E.%20Iglesia%20pacto%20fascismo.jpg" não pode ser mostrada, porque contém erros.
(En España, el saludo fascista se mantuvo hasta el año 1975 y fue mantenido por el dictador Francisco Franco.)
Grandes seguidores dos evanxeos, os bispos...

O colmo é que até trague con isto o embaixador israelí, non quero pensar que sabendo a verdade queira ir de vítima desta forma. Ese, si que sería un ataque aos descendentes das vítimas do Holocausto.
"el BNG, que rechazó la publicación de una declaración del Parlamento gallego de condena del Holocausto si no se incluía en ella también la situación en la Franja de Gaza." "no existe actualmente en Europa otro partido que rechace el Holocausto" por lo que el Gobierno "no debería dejar pasar" el caso y pronunciarse al respecto, como ocurrió en el pasado en Europa con los ultraderechistas Joerg Haider y Jean-Marie Le Pen.
El embajador israelí, molesto por la postura del BNG sobre el Holocausto, pide al Gobierno que se pronuncie

A maioría da Asociación de Amizade con Israel, que milita no Bloque, non lle vai dicir nada?