7.2.08

AGAI

Na blogue Galiza-Israel atopo isto
"Non todo van ser críticas, AQUÍ podes ver un dos apoios a decisión do BNG de impedir unha declaración institucional do Parlamento Galego, de condena do nazismo e en recordo das vítimas do Holocausto. Noraboa ao compañeiro Aymerich e demais grupo parlamentar."
E ilustran o post cunha imaxe da Falange. Ao entrar no "AQUÍ" vas a un foro, non á web da Falange, e neste foro un fulano entérase da cousa por Libertad Digital. Apoian a versión goebbeliana dos feitos que lle dá Libertad Digital, non a postura real do BNG.

A demagoxia vólveselle en contra, porque xusto no post anterior a este, tedes algúns dos medios e persoeiros que apoian a AGAI, entrevistan a Pedro Gómez-Valadés...
Filofranquistas, racistas
, homófobos...

Cecais, o feito de que Franco, que recibira o apoio de Hitler, non quixera saber nada dos españois nos campos de concentración nazis, o poidan interpretar como unha solidariedade franquista cos xudeus...

O triste é que vendo a web de AGAI, con data
27 de Xaneiro de 2008, xa aparece un comunicado no que din "ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP."
Estou agardando ver ese texto, o BNG aínda hoxe, en palabras de Jorquera:
“a única forza que propuxo unha declaración de repulsa ao Holocausto foi o BNG”. Un texto “único”, xa que as outras dúas forzas parlamentares de Galiza non presentaron moción algunha nese momento.
Ao final os medios goebbelistas españois poderían excusarse co comunicado de AGAI.

Tamén vin a carta de dimisión do concelleiro de Neda e hai cousas que non entendo.
O BNG é o único que no parlamento pode presentar unha “ Declaración Institucional non negociable” ? Ou foi o BNG o único que se lembrou de condenar a “barbarie” nazi nunha declaración na que tamén se condenaba a política actual do goberno de Israel que é diferente ao que di o ex-concelleiro de Neda "un ataque en toda regla ó Estado de Israel ."
Todos os que viven en Israel son descendentes das vítimas do Holocausto? Por que é un ataque aos descendentes das vítimas do Holocausto condenar a política actual do goberno de Israel?
Por que di que o BNG se esquece das vítimas en estados musulmáns ou as provocadas por estes e non cita Arabia Saudí, Libia...? Por que non di tamén que se esquece das vítimas dos non musulmáns? Por citar até o infinito e tal.
Non hai odio "aos xudeos e ao pobo xudeo". Neste sentido, advertiulle de que non lles porán "ningunha mordaza" e de que seguirán censurando ao Goberno dese país se mantén a súa actitude con Palestina, "desde o aprecio ao pobo xudeu". De feito, aseverou que distinguen os gobernos dos pobos e puxo o exemplo dos Estados Unidos, do que en reiteradas ocasións alertaron do seu "imperialismo", a pesar do seu respecto aos seus cidadáns.

Quen está atacando realmente aos descendentes das vítimas do Holocausto?
"su rechazo en el Parlamento gallego a apoyar una declaración sobre la condena del holocausto"
" su posición actual "les sitúa políticamente" como "un partido nacional-socialista" y "al lado de los partidos antisemitas". "
"
Por el contrario, agradece a los partidos "democráticos" gallegos su apoyo a la declaración, "
La comunidad judía pide al BNG que abandone su actitud antisemita

Quen se acorda xa do epílogo e subvención deste libro polo Presidente Fundador do PP?

Actualizo a 10-II-08, para non perdelos

A vella farsa tráxica VII. Vítimas e verdugos: as metástases do racismo nazi (I)

A vella farsa tráxica VII. Vítimas e verdugos: as metástases do racismo nazi (II)
Fedor xudaico(fai referenza ao que pensaba Risco, cando xa non era alguén)

29/02/2008
Hamas pode atrair "Holocausto" a Gaza, diz vice-ministro de Israel

02/06/2008 O libro contén dúas teses que no pasado tiveron certo predicamento, tamén entre historiadores sionistas, pero que hoxe foron arquivadas: que os actuais xudeus proveñen de pobos pagáns que se converteron ao xudaísmo lonxe de Palestina, e polo tanto non descenden dos antigos xudeus, e que os palestinos árabes son os únicos descendentes dos antigos xudeus.
"Cando e como se inventou o pobo xudeu". Shlomo Sand, profesor de Historia de Europa na Universidade de Tel Aviv

17/10/2008
Existiu outra Palestina
A exposición 'Palestina antes de 1948' amosa a realidade dun país moderno e cosmopolita antes da creación do Estado de Israel.

4 comentários:

Anónimo disse...

Acho deveras repasar os fatos. O BNG errou e muito. Mas nada e nada mas.

Colazo disse...

Repaseinos, e máis que os de AGAI que chegaron a inventarse que o BNG se negara a condenar o nazismo ou, e o Holocausto.
A pouca idoneidade do documento presentado polo BNG non é nada en comparación a iso.

Anónimo disse...

Está claro que a xente lle gusta falar do que non sabe. Está claro tamén que todos os pobos son defendibles excepto o pobo israelí, a unha democracia (non comunista eeeh, falo de democracia de verdade) que leva 60 anos sen dictadura, oxalá puidese dicir algo parecido do estado español. Envexa tedes e maniqueísmo facedes. Solidadidade con Pedro e o meu desprezo aos que desprezan o dereito do pobo xudeu a ter un estado de seu

Colazo disse...

poderías dicir en que falo do que non sei?
Tódolos pobos son defendíbeis, e teñen que defenderse, o que se critica neste caso é a política dun goberno, (democrático con máis razóns).
Nunca falei de desprezo como ti fas, pero vouno facer agora, para desprezo coas vítimas do Holocausto, o de G.Valadés e amigos. Utilizándoas, falseando a realidade(como demostrei nesta blogue)...