10.2.08

Máis Centros Quérote, menos abortos

Novas e reflexións sobre o aborto

"
A primeira é que tiña que ser un centro camuflado. Iso é básico. En Santiago está no que era a casa da Xuventude e dende fóra non se sabe se un rapaz vai facer o Carné Xove, a preguntar por unha bolsa de emprego ou a falar coa psicóloga do centro Quérote. Iso é importantísimo para o rapaz, para sentirse seguro e tranquilo. Hai un traballo que enquisa a rapazas menores que quedaron embarazadas sen desexalo que dicían que si coñecían os Centros de Orientación Familiar (COF) pero que non foran a el por medo a quen se podían atopar alí. Podíanse atopar á panadeira do barrio ou a unha veciña e a ver como lle explicaba que facía ela alí." Entrevista a Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude.


«Co noso comunicado pretendemos, sobre todo, denunciar o paradoxo que se está a producir agora mesmo no noso país. O sistema sanitario está a gastar unha cantidade inxente de cartos e de medios técnicos e profesionais para coidar a nenos de 24-25 semanas de xestación, mentres permite que estas clínicas practiquen abortos por enriba dese período e, polo que temos visto, de 30 semanas e máis, que xa son nenos c
ompletamente formados e dun peso elevado». Máis de 9.000 pediatras «O noso comunicado -subscrito por máis de 9.000 pediatras, case a totalidade dos que exercen en España- pretende facer ver unha realidade, e é que eses nenos de 24-25 semanas son viábeis. Saen adiante nunha porcentaxe altísima. A partir dos 450 gramos poden vivir. Por suposto, en incubadora, con respiración asistida, inducidos pulmonarmente, aplicando medios moi sofisticados e gastando moitos cartos... Pero é algo habitual, diariamente ingresan moitos nenos nas unidades de coidados intensivos prenatais», sinala. «Para os pediatras -recalca-, é especialmente impactante estar a salvar a criaturas de 450 gramos cando nesas clínicas os están a matar cun quilo ou máis». Xa quixeran eses pediatras que os seus pacientes estiveran en moitos casos tan desenvoltos.

Actualmente só pódese abortar en tres supostos: até as 12 semanas en caso de violación denunciada, até as 22 cando hai malformacións do feto e sen prazo determinado (o grande coador) cando hai perigo de enfermidade física ou psíquica para a nai.

A opinión da Asociación Española de Pediatría, que pegou un comentarista de Vieiros


No encontro, no que participou tamén a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galiza, Carme Adán, a candidata nacionalista reclamou a “despenalización do aborto” e a “aprobación dunha lei de prazos que dea á muller o dereito a decidir sobre a interrupción voluntaria do seu embarazo nas primeiras 16 semanas de xestación”.
Así mesmo, Paz Abraira defendeu que o aborto debe ser “libre e gratuíto” e practicarse “na
sanidade pública galega”. Paz Abraira pide que se poidan practicar abortos nos hospitais de Lugo


Por que non se podería aceptar socialmente con normalidade que unha muller que queda embarazada sen desexalo, teña ese neno e o dea en adopción? Faise algo para des-prexuizar iso?
Aceptamos con máis normalidade o aborto porque queda en privado, porque non nos decatamos, porque non vimos o
bombo? Non nos estamos querendo enganar a nós mesmos?
Faise todo en prevención? Viven os pais galegos, españois... no Século XXI?

Gostaríame ver algunha comparativa europea, e que alguén, mellor algunha, me contradixese.

1 comentário:

A rapaza do arco disse...

Estou de acordo contigo en que fai falla máis información e librarse de moitos prexuizos, iso evitaría moitos embarazos non desexados. Pero na cuestión que formulas sobre ter @ nen@ igualmente e dálo en adopción teño que dicir que me parece unha opción respeitábel se é o que quere a persoa que se ve nesa situación pero tamén me parece que non todo o mundo está disposto a pasar por iso. Pode parecerche un mero trámite pero pensa o que pode significar para algúen levar no pasar por todos os cambios hormonais que implica un embarazo e levar no ventre durante nove meses un neno que non desexas ter. As alteracións físicas e psicolóxicas polas que pasa a nai poden ser un grande problema para ela, máis aló das molestias.Non creo que sexa algo que se lle poida pedir a ninguén. Outra cousa é a decisión de cada un/unha, claro.
Un saúdo