2.3.05

Para os "galeguistas" do PSdG

Paco Vázquez: O "L" d'A Coruña, por moito documento castelán antigo que haia no que saia La Coruña, non deixa de ser unha adaptación ou castelanización da nosa fala, os galegos sempre dixeron A Coruña, falando galego sempre dicimos A Coruña, o castelán escomeza a falarse entre o pobo dende que se obriga a coñecelo nas escolas. A língua orixinaria, propia, autóctona, a língua de Galiza é o galego.
A toponimia oficial ten que ser a propia de Galiza, non as esperpénticas adaptacións ou castelanizacións que algúns queren impor.
Que idea terían para O Porto (tamén o hai en Galiza): El Porto, El Puerto...?
Para O Carballiño: El Carballiño, El Carballino, El Roblecito...?
Para O Porto do Son: El Puerto del Sonido...?
Para...

Touriño, Ventura P.Mariño...: Cando un se presenta coma candidato á Xunta, o menos que se lle pode pedir é que saiba falar a nosa língua, que aínda é a mais falada. Resulta un pouco vergoñento escoitarlle falar Sr. Touriño, e xa é a segunda vez que se presenta. Idem para o que foi alcalde de Vigo, que nin o intentou.

Elena Espinosa: Recollido no Atlántico Diario ao día seguinte dun acto en prol do tratado europeo
"Tenía pensado hablar en gallego pero como voy a hablar de Europa..."
"Hay que dar un Sí rotundo, no un sí gallego, amilanado..."
Os galegos non somos culpabeis dos seus complexos, traumas ou carencias neuronais, quede en Madrid e dea tódolos si rotundos que desexe.

José Blanco: é vostede galego?

Sem comentários: