1.3.05

Siempre Casina

Antes de escribir ou contar nada, quero solidarizarme con tódolos mariñeiros e familiares, mais que nos pese non será o derradeiro accidente. No mundo do mar están os nosos heroes.

Fíxome cavilar moito este triste suceso, o posterior servizo de emerxencia, a actuación dos diferentes políticos e o tratamento informativo que lle dan nos xornais ou televisións.

Responsabilidades
O BNG, fala "da necesidade de adoptar medidas correctoras na defensa da seguranza da vida no mar.
Do retraso de 31 minutos na activación do dispositivo de salvamento, a través dun sistema de comunicacións marítimas actualmente privatizado, xestionado pola empresa Telefónica España. Retraso, tampouco lóxico, na chegada ao lugar dos feitos das unidades navais maiores: o vetusto Conde de Gondomar e o remolcador Alonso de Chaves e criticou que Galiza aínda non conte con equipas de mergulladores e se teña que recorrer a profesionais de Cartagena ou Alicante. "
Elena Espinosa, PSOE,(La Voz de Galicia)" «Hay que entender que en ese momento había olas de siete y ocho metros», matizó.
En cuanto a la necesidad de que Galicia cuente con buzos propios, sostuvo que los escafandristas sólo se utilizan en situaciones puntuales y el hecho de que los mejores expertos tengan base en Alicante «da igual», porque hay tiempo «suficiente» para que se desplacen, ya que la inmersión requiere una labor preparatoria. "
Agora mesmo o único que verdadeiramente sei eu é que Galiza sendo a primeira potencia pesqueira de Europa ten que traer buzos dende Alicante. Levamos 15 anos con Fraga, con gobernos estatais do PSOE o PP e agora de novo o PSOE. Cun elevado número de accidentes mortais no mar cada ano, pero namentres non nos toquen o noso, pobres mariñeiros.

Campaña electoral?
Touriño, candidato á Xunta polo PSOE preséntase no porto de Burela no día do accidente. Solidaridade? electoralismo sen complexos? Quintana, o candidato polo BNG non acude. Que imaxe darían os dous, ou con que cara se mirarían de atoparse de fronte?
Xestos en Galiza sobran, feitos? ("Plan Galicia", papel mollado)

Medios de comunicación
Nalgún artigo de opinión tratan o asunto de que a excepción do pai e fillo galegos, os outros sete son estranxeiros grazas a que hoxe Galicia mellorou un pouco e que algúns xóvenes, aínda que ás veces gañando menos, xa van deixando este arriscado, tradicional e penoso oficio.
"El de la mar es un penoso oficio" chega a dizer, o penoso é a falta de medios de seguridade, a falta de medios que son evidentes en cada Prestige ou en cada Siempre Casina. Non todos poden vivir escribindo artigos de opinión, mentres outros traballan no mar ou mesmo nunha mina a centos de metros baixo terra. En que medida crean a penosidade os políticos e empresarios? Canto menos é a penosidade de ter que emigrar para traballar na costrucción nas Canarias?

O que mais carraxe me deu é que nalgún telexornal español ese día abriron cos "pantasmas do Windsor" namentres outros "galegos" podían estar loitando por sobrevivir. O mércores no capítulo de "Los serrano", T5 a mesma canle na que eu vin o telexornal contrataban coma camareira unha galega, e engadían novos aspectos descoñecidos ao tópico negativo dos galegos.

Galiza is not Spain, xa o din eles

Sem comentários: