9.3.05

Aos medios de comunicazón "galegos", os seus asalariados e aos galegos en xeral...

No ciclo de conferenzas do Futuro Modelo Territorial do Estado na Universidade de Vigo, a algún sorprendeulle que Carod Rovira falara en galego(xa o tiña feito en outras ocasións como para a TVG o día das eleczóns catalás).
En troques, os periodistas preguntánronlle en castelán, ao que Carod respondeu "¿O meu galego é tan pésimo que ninguén me preguntou en galego?".
É algo surealista, falar na lingua onde te reciben e respóndenche na de Castela. Acomplexados e españolistas, só podería pasar en Galiza.
Como dixera Castelao, "O galego -somentes refugado polos señoritos ou por traballadores que quixeran ser señoritos-".
En Catalunya nin os señoritos "refugan" da súa lingua. Así lles vai e así nos vai, sumisos e acomplexados, non nós aceptamos nin a nós mesmos.
Galiza esperta e loita, que ninguén o vai facer por ti.

2 comentários:

ictioscopio disse...

Seica o señor Carod é partidario de ensinar todas as linguas da península nos colexios; eu penso igual, axudaría ao respeto e a comprensión entre todos. É máis, lin nunha entrevista que o xornalista Carrascal, tamén estaba a favor diso, e se dúas persoas tan afastadas (aparentemente) na súa ideoloxía converxen, é que non había ser tan mala idea, non?

ictioscopio disse...

Não quero amolar, mas estiven escoitando em RádioGaliza.net a Conferência de Carod, e acho que as questões foram em galego.