Algunha razón haberá...
"Preto da metade dos traballadores galegos, en precario. Un total de 270 mil traballadores, porcentaxe do 46,7% sobre o total, reúne as condicións básicas da precariedade: contrato eventual, condicións salariais que non se corresponden co pactado e obriga de traballar máis horas das estipuladas sen cobralas." Vieiros, CIG. Aínda que o PP e Fraga vexan un reclamo para as inversións estranxeiras as "leis laborais flexibeis no referente ao despido" e os "costes salariais por debaixo do promedio de España e da Unión Europea", anuncio da Xunta publicado no Dagens Nyheter, o xornal de maior tirada en Suecia. Xornal.com
*Pérdida de poder adquisitivo, o prezo da vivenda... agás para o alcalde da Coruña, Paco Vázquez(PSdG-PSOE). Namentres no seu concello os pisos socias están a 751 euros metro cadrado el pode mercar a súa casona no centro a 660 euros metro cadrado, para despois recalificala e poder facer obras, ampliala, garaxe... Xornal.com
NUNCA MAIS
Sem comentários:
Enviar um comentário