Non parece branco? tampouco me parece negro... Ou ten máis importancia non ser branco "puro" a hora de ser ou non ser negro?
É afroamericano? si, por ter unha orixe africana, a do seu pai keniata, pero non por ter devanceiros que foran escravos nos USA.(
Si que me parece relevante, saber que un matrimonio coma o dos pais de Obama Jr. ,naquela época era ilegal nalgúns estados dos USA. E o froito desa parella hoxe chegou a presidente. É un paso necesario e simbólico para a historia dese país, e sendo na 1ª potencia, axudará moito na erradicación de tantas discriminacións no mundo, en Galiza tamén.
Tamén me chama a atención, que nos USA, haxa americanos que discriminen aos afroamericanos, cando, quitando aos indios das películas e das reservas, son todos descendentes de colonos. I en Galiza, con máis séculos de historia(xa había galegos antes do "achádego" de Colón e dos propios Reis Católicos), haxa galegos que se esforcen por non parecer galegos. Ignorancia para supramacistas e ignorancia para o autoodio.
A comparación de Xaquín Marín paréceme que si se axusta a algúns galegos
E tamén a de Beiras
(Ver artigo relacionado no Galicia Hoxe)
Tamén compre lembrar a Castelao, que se solidarizou no seu propio exilio cos afroamericanos até ser mesmo nomeado presidente honorario da Federación Mundial de Sociedades de Negros(pola súa amizade cos grupos de Harlem) e por imaxinar xa daquela unha Galiza na que había galegos negros.
"Érase un "habanero" que trouxo un rapaciño negro, como podía traer un papagaio ou un fonógrafo... O "habanero" morreu, e o negro chegou a mozo, e sinteu, como calisquera galego, a necesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba; pero a morriña non-o deixaba vivir alí. E farto de chorar voltou â súa terra. Non traía cartos; pero traía un traxe novo, un baúl valeiro e moita ledicia no corazón. Aquel negro era galego"
Debuxos de negros(1939)
Sempre en Galiza(1935-1944)
Que agardo de Obama? Máis esperanza que ilusión. Teríao votado, se algunha vez tivera que votar aos demócratas, (sería das veces máis oportunas) porque o partido con máis votos nun estado, leva toda a representación dos delegados.(Así o 52% dos votos son 349 delegados, e o 46% son 162)
Pero para min non é o mellor modelo de democracia, nen outra onde exista a pena de morte, nen o mellor modelo socioeconómico(nen tan sequera éticamente defendíbel). Poboacionalmente tería que compararme desde a UE.
Por iso non creo que o "change" sexa nen poida ser moito, din que é un demócrata moderado(vai contar no seu equipo co ex-ministro de exteriores Colin Powell). Tampouco creo, sen entrar en conspiranoias, que a política internacional de Bush puidera responder só as súas ocorrencias. O propio McCain se desmarcou del, como símbolo dunhas políticas fracasadas e de aí que teñan que considerar as súas políticas internacionais, sociais i económicas. Moi destacábel a súa felicitación a Obama(nun estado onde aínda hoxe Rajoy falou do Sr.Rodríguez Zapatero, e non do Presidente Rodríguez Zapatero).
Que mal o estará pasando Aznar(que quería pasar á historia así) e o resto da extremo dereita.(España tamén ten a súa Palin, Esperanza Aguirre.)
Aquí deixo o optimista discurso da vitoria
A obamanía que nos vai quedar nas campañas electorais pode chegar a extremos moi ridículos
Sem comentários:
Enviar um comentário