6.3.08

O debate d'A Galega

1º É unha vergoña o nivel lingüístico de Touriño e Feijóo, Quintana tamén ten que pulilo(un nacionalista ten que ser o primeiro en dar exemplo). Máis n'A Nosa Terra
2º Parabéns Á Galega polo deseño do escenario e a súa localización, unha verdadeira fusión e un chanzo á modernidade, xa era hora de ver algo así na nosa televisión. Cecais se podería cambiar de sitio para non pagarlle o aluguer ao hotel, mantendo unha liña similar con outro edificio de pedra.3º Quintana gañou e cumpriu, tamén era o que o tiña máis fácil, tiña argumentos para criticar ao PP e ao PSOE e podía facelo. Tiñan un pacto de non agresión BNG-PSdG, Quintana-Touriño, non escrito pero obrigado coma compañeiros na Xunta.
Tamén tivo o golpe de efecto da noite, coa foto da manifestación de Nunca Mais en Madrid, aínda que lle sobrou o de que foron a Madrid con convencemento de nación, demasiada xeralización.
4º Quintana é o que ten máis carácter e naturalidade dos tres, e parece ser sempre o que vai gaña-los debates. Ollo a se se volve repetir o mesmo debate nas próximas nacionais galegas, Feijóo está picado e máis que picado.

Etiquetas: , , ,

4.9.07

As diferenzas entre Feijóo e Rajoy... o hino e as galescolas

N.Feijóo: á idade en que os nenos son aceptados nas garderías, os tres meses, teñen que ocuparse basicamente de dúas cousas: «de tomar o biberón e de aprender a eructar»
M.Rajoy:
"sábeo até un neno pequeno: os terroristas só teñen unha posibilidade de gañar e é que alguén negocie os seus obxectivos políticos a cambio de que eles deixen de matar"

Agora quédome coa dúbida da idade mental de Jose Mari no 98, cando iso do
"Movimiento de Liberación Nacional Vasco (MLNV)". Ao mellor xa lle daba á botella daquela...

Tamén dubido da capacidade dun cativo de idade menor ou igual a 3 anos para aprender o hino e menos para comprendelo. Hainos maiorciños que din que insulta aos que non entenden o galego, a todo o mundo menos á lusofonía?... Hai que ser iñorante, e féridos e duros, imbéciles e escuros.
Tampouco son partidario de ter que aprendelo como obriga xeral no ensino, si de que un mestre de galego de forma particular lle obrigue a aprendelo hino ou o poema d'Os Pinos, como a min me fixeron coa "Canción del pirata"(con diez cañones por banda...). Si a que se coñezan os Símbolos de Galicia ou a que se cante o hino en actos sinalados(Día das Letras Galegas, ao inagurar o novo curso escolar... ) de memoria ou léndoo. Cando sexan políticos, galegos comprometidos... xa darán exemplo de que o saben.
Ou a que un mestre de historia, galego ou castelán, lles amose a definición de nación polos dicionarios da RAG e a RAE e lles abra a xanela para que vexan ou non a nación galega. Aínda que para min chegue con ver que nun territorio hai unha xente que fala maioritariamente un idioma que crearon e evolucionaron eles mesmos, sen ter sido este idioma imposto. Hai algo que une a un pobo nun territorio.
A que lles fale da
participación de Galiza no IX Congreso de Minorías Nacionais Europeas, organismo adxunto á Sociedade das Nacións, reunido en Berna (Suíza) do 16 a 18 de setembro de 1933. A que lles amose Galiza, a que lles aprenda a respectala, a disfrutala e a compartila.

Tampouco me gosta falar de galeguizar apelidos(de forma voluntaria), cando do que se trata é de des-castelanizar apelidos galegos. Ou o de chamarlle ás escolas infantís normais en Galiza, galescolas. E o que menos me gosta, que ao que eu votei se lle contaxie a demagoxia
"para o PP o himno galego é igual que un eructo". Somos diferentes, sodes diferentes Quintana!! Coma se nos fixera falta...

Etiquetas: , , , , , ,