22.4.08

En que mundo viven?

"¿Que se discute de fondo? Pois se discute un cambio de modelo nos concellos, como creo na Xunta de Galiza, no Estado e en Europa, pero creo nos concellos, nos grandes e os pequenos", recalcou. Sobre este suposto "cambio de modelo", preguntouse por "a necesidade de que se cren novos centros comarcais para dar servizos de benestar". "¿Seica non o sabemos facer ben os municipios?".
"Aquí o que existe politicamente son Goberno central, Xunta de Galiza e concellos. Non existen outros órganos, entón se a
quí queremos implantar a comarcalización que se supriman os concellos e as provincias, que creo que sería unha tolemia. Isto é o que se discute", exclamou.

Pero vostede sabe cantos concellos hai en Galiza? 315 Sr López Orozco, 315!! Cantos deses 315 concellos poden te-los servizos que ten un coma o seu de 93.853 habitantes? Cantos deses 315 perden poboación? Haberá algunha relación entre esa perda poboacional e a falta de servizos?
Bótelle unha ollada á prensa, o mesmo día(22-IV-08) no xornal La Voz de Galicia
Máis de 2.000 persoas maniféstanse en Lugo contra a supresión do primeiro ciclo de ESO en sete concellos
A poboación galega por encima de 65 anos duplicouse en tres decenios

Os nenos de ata catro anos apenas son a metade que ao comezo da democracia

Tamén lle informo que segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas.
Cal é a alternativa a centrarse nas comarcas no interior de Galiza? A emigración ás cidades? Non será vostede o que desexa a extinción dos concellos?
Iso explicaría que no seu PXOM aprobado inicialmente, redactado con maioría absoluta, previse en 10 anos a construción de 120.185 vivendas(76.370 en chan urbano e 43.815 en periurbano e rural) para 338.923 novos habitantes. Artigos 20.1 e 21.1
Explicación que expreso de forma retranqueira, porque en toda a provincia de Lugo hai 357.625 habitantes(contando os 93.853 da capital luguesa).
Non se pase co número de misas para ser coma Paco Vázquez, que con eses datos xa me lembraba a Marbella e Julián Muñoz.


marcou de novo as distancias co BNG ao advertir que a Xunta deberá reflexionar antes de pedir a transferencia de Salvamento Marítimo, considerando o gran custo do servizo, e que este está ademais rexido pola Lei de Portos e Mariña Mercante

"que non teñamos que volver facer un goberno de coalición". "Temos que liderar a onda de cambio para as autonómicas"

Elena Espinosa

Antes de nada, agradecerlle o seu cambio coa nosa lingua, agora semella expresarse en galego cando vén a Galiza e non teño coñecemento de pérolas do calibre das que dicía no 2005. (Cecais, até foi vostede esa visita que recibín dende o seu ministerio naquela data)
Agredecerlle o normal, como algunhas políticas normais en igualdade no século XXI do goberno español que preside o Sr Zapatero, e do que non coma votante e si coma de esquerdas, agardaba bastante máis, sen esquecerme do suposto federalismo do PSOE e recoñecemento coma nación do PSdG.

Con respecto ao Salvamento Marítimo, ou invisten mal os cartos ou teñen que investir máis, porque os espectáculos nos medios neste último ano, e as mortes que houbo non son para estar orgullosa. E con ese nome, "Salvamento Marítimo", de ser mariñeiro preferiría que a organización deses "salvadores" estiveran o máis preto de min. Paréceme que son competencias que con toda lóxica se debería encargar a Xunta, e neste momento, unha consellaría que leva o PSdG.

Eu, coma nacionalista tamén desexo que o BNG poida gobernar en solitario, pero son realista. E o seu partido tamén o debería ser, por exemplo, dos 868 votos que o PSOE ten na FEGAMP, 728 corresponden a alcaldías obtidas grazas a acordos co BNG.
E esa maioría que ten o PSdG, chuleada ao BNG, para que a emprega? Pois para dinamitar ou por trabas ás medidas que máis rachan cos tempos de Fraga.
Se xa a onda de cambio do BNG é de ría, a do PSdG é de lagoa. Céntrese nas persoas e non no reparto do poder, polo ben da maioría.

Etiquetas: , , , , ,

15.10.07

É a Generalitat máis de esquerdas cá Xunta?

Nisto polo menos, si.

"Esta lei contempla que a Administración, en determinados supostos, poida expropiar o usufructo de vivendas baleiras para destinalas ao mercado de aluguer social."
Generalitat, constructores e sindicatos asinan o primeiro gran pacto pola vivenda do Estado
"PP e CiU opóñense a un acordo que permitirá construír 50 mil pisos sociais cada ano e rehabilitará máis de 300 mil. Ademais, os propietarios de pisos desocupados estarán obrigados a alugalos"

Como xa dixera,
"En Galiza hai 229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?"

Actualizado 11-II-08.
"A consellaría que dirixe Teresa Táboas aprobou dende a posta en marcha do programa da Renda Básica de Emancipación (RBE) o 2 de xaneiro, un total de 731 axudas, o que supón o 39 por cento do total estatal, situándoa á cabeza co maior número de concesións, e que supoñen unha subvención media de 187,35 euros."
"A Consellaría de Vivenda e Solo conta tamén cun Programa de Vivenda en Aluguer dirixido a aquelas persoas que non superen os 15.000 euros anuais independentemente da idade. Esta axuda non é compatíbel coa anterior, e ten como obxectivo que os inquilinos non destinen máis do 30 por cento dos seus ingresos ao pago dun aluguer." Galiza á cabeza nas axudas de alugueiro para emancipación
15-IV-08 Galicia ten 10.000 pisos acabados ou en construción que non se venden

Etiquetas: , , ,

1.10.07

Políticas de medias tintas

1.-«Non podemos seguir favorecendo a diseminación, o plante vostede a casa onde lle apeteza, faga urbanizacións onde queira, desordenadamente, e levando ata custos insoportables a prestación dos servizos que, por certo, non se financian con cargo ao propio proxecto»
O presidente da Xunta xustifica que o seu Goberno pare a gran urbanización nun monte de Tomiño


Por que entón non se pon un límite as vivendas adquiridas por persoa(ou parella) nunha cidade? Por que non se lles obriga(multándoos) a alquilar(fixándolles un prezo máx.) aos propietarios de "x" pisos(senón os están cobrando xa en negro)?
En Galiza hai
229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?

Máis da metade dos alugueiros en Galiza páganse con diñeiro negro

Que farías para garantir o acceso a unha vivenda digna?(En Vieiros)

2.-Ence non, Reganosa si?

3.-O BNG intentará aproveitar a negociación de novas leis da Xunta para derrogar o plus dos ex altos cargos VS "O Bloque vai tratar a súa proposta de revisión do complemento retributivo para altos cargos sen ningún tipo de espavento nin controversia máis aló do lóxico"

Agardo que o mínimo lóxico sexa poder renunciar a cobralo plus e que isto sexa de obrigado cumprimento nos ex altos cargos do Bloque. Sería unha controversia, posto que foi unha emenda coa que os nacionalistas non estiveron de acordo
A ver como reaccionarían despois o PP e o PSOE, se o BNG lle demostra a sociedade que eles si "son diferentes".

Etiquetas: , ,