31.12.05

Festa Total !!


Unha gran festa si, ambientazo dende o primeiro segundo. Nas bancadas había dende moz@s a matrimonios cos seus fillos e até xubilados, e iso vino no Fondo Norte... Nunca vin unha afeción igual, nen uns xogadores tan motivados. Un símil do que os galegos podemos conquerir xuntos.
Tiveron que pasar 69 anos para poder VOLVER VER a NOSA SELECIÓN, co bipartito chegou a transición. Gañou Galiza e os galegos de San Lázaro puidemos vivir por primeira vez as nosas cores.
Do xogo pouco podíamos seguir dende onde estabamos, aos xogadores nen aos de máis nome era fácil recoñecer, aínda así a motivación dos xogadores é de agradecer, a compenetración e as xogadas non eran normais para uns futbolistas que nunca xogaran xuntos. Reivindicaron a súa valía e Cabanas tamén a súa galeguidade, un símbolo para a diáspora, sorte no mundial!!. Aos xogadores só poderemos pedirlle a mesma ilusión coa que xogaron, a conciencia de pobo vai á par do resto dos galegos. Agardo poder ver pronto o partido na tv, da outra metade do campo non vimos moito.
Lin nalgún xornal, o receo dalgúns pepeiros por ver tanta bandeira nacionalista, e quen crían que eran os máis interesados pola nosa seleción? os que nola negaron? Seica lles gosta máis co escudo do Reino de Galiza... Tampouco entendo a ese par de galegos que levan a bandeira de Portugal ou Euskadi, se son portugueses e vascos mostrando o seu apoio si, pero dubidoo moito. O speaker sobraba, de feito nós non chegabamos a ouvilo e cantabamos o que surxía, tamén me fixo graza o "español el que no bote" en castelán si, dalgún.
Así vin a noite, unha festa total, fúmonos moito máis ledos do que nunca imaxinamos, GRAZAS A TOD@s!!
Fotos: Vieiros, Xurxo Lobato . Homenaxe a Nacho . Videos: do partido , Capítulo XIII da serie documental “Historia do Fútbol Galego”
A imagem “http://www.vieiros.com/medi_galeria/Galiza-Uruguai__o_ambiente_nas_bancadas/bancadas13.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.A imagem “http://img357.imageshack.us/img357/5084/timbais7wr.jpg” não pode ser mostrada, porque contém erros.
Na foto da esquerda saímos 6(4 estaban en preferencia).
Os timbais non son de Carlinhos Brown pero case, uns profesionais(de Ourense?) póndolle ritmo ao partido.
FELIZ ANINOVO A TOD@S !!

4 comentários:

Anónimo disse...

Non che voy negar que Areñas sexa un pesado como speaker, pero o que está claro é que é de esquerdas. Eso asegúrocho eu. Outra cousa é que se gañe as habichuelas como speaker do Breogán (equipo de Cacharro), pero o mesmo fai co Azkar e o Lugo (equipos do bando contrario).

Estes días criticouselle por ser facha (foros, siareiros, etc.) e por ser un nacionalista radical (O Correo Galego).

O único que creo é que o speaker sobraba, pero dende logo el fixo o que lle mandaron, ser políticamente "correcto".

Colazo disse...

Non sei se foi políticamente correcto ou non, non o podía ouvir pero se cantou "caña, caña, caña o próximo contra España" ao PP non llo vai parecer. Nas bancadas estivemos animando e cantando como se fora unha final do mundial, non facía falla un animador, a parte non me gosta ouvir(e menos aos xogadores supoño) pola megafonía máis cos trocos ou as alineacións.

Se o fixo dunha forma inocente pasa, o peor sería se fose un deses que agora se adica a facer guiños, máis que nada pola súa dignidade.

Saúdos

Anónimo disse...

merda de blokeiros....onde están as entradas ...fora de GALIZA blokeiros prehistoricos

Colazo disse...

eu as entradas merqueinas en Caixanova pola rede, Galiza Nova ao igual cos colectivos ou asociacións interesadas puidéronnas mercar nos primeiros días. O PP leva a moita xente a facer turismo coas súas manifestacións, bocata e viaxe de balde, desta vez terían que engadir o prezo da entrada e procurar xente interesada no partido, para a próxima son capaces de mercalas entradas para que non se vexan as bancadas cheas a reventar.