9.12.05

Son un anormal

Si, é verdade, teño que selo á forza. A maioría dos medios de comunicación son para xente normal, para un anormal coma min non me poden falar do "plan anexionista del BNG" porque na súa proposta de estatuto diga(sen especificar tan siquera O Bierzo, As Portelas e o Eo-Navia): "poderán incorporarse a Galiza aqueles municipios limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei". Os medios de comunicación "galegos" facendo de altofalantes dos que se queixan xa non do recoñecemento do galego, ou da candidatura galego-portuguesa, chegan a queixarse de que lles chegue a sinal da TVG.

A un anormal coma min chámame que a estes medios de "comunicación" non lles chame frases coma
"en la península Ibérica solo cabe una nación" ou "cuando un presidente del Gobierno recibe críticas de los españoles normales"(Rajoy)

Xuntos fixémonos galegos xuntos serémolo.
Recupero a entrevista á alcaldesa daVeiga do Valcarce

2 comentários:

Anónimo disse...

Ademais, isso vinha já no Estatuto de 1931. É só parte da campanha do imperialismo espanhol... que se Catalunya ou os bascos, logo os galegos...
Diego

Anónimo disse...

Eu tamén son un "anormal"