10.12.05

Xornal inédito

Inédito para min polo menos, que unha cita encha toda a portada, ou que un xornal esté dispoñíbel de balde na web, a edición impresa en PDF no mesmo día.
O Galicia Hoxe adiántase ao futuro, é posíbel que o faga para gañar clientes máis tamén semella que os vai merecendo.
A pesares de pertencer ao Grupo Correo Gallego:
O director do xornal Galicia Hoxe pídelle ao bipartito “un contrato co galego que lles garanta un futuro ós medios escritos na lingua matria”
Tamén pertence á Asociación de Medios Escritos en Galego
Un xornal alternativo "hai que trasladar ao papel a sensibilidade coa que La 2 empapa os seus telediarios", "un proxecto máis ambicioso, máis forte, máis elaborado; un periódico moderno, atrevido, radicalmente comprometido coa información e co país; un diario con vocación de servizo á nosa sociedade"
Eis o Duro alegato de Pinter contra Bush e Blair no discurso do Nobel

4 comentários:

acedre disse...

Galicia Hoxe e un dos meus referentes en noticias e ten as canles especiais mui boas.

Outra cousa, aledome de que gracias a min apareceses en Vieiros (anque o merito e da interrede coa sua infinidade de ligazons das que eu son un chanzo mais ). Tanto podia ser eu coma outro...
Bueno, que gracias por darme as gracias anque non vexo que as mereza.
Saudos, amigo.

Anónimo disse...

O Correo Galego é umha merda anti-nacionalista que se tem que suster econocmicamente com subvençons porque a sua linha editorial é totalmente contrária à que demanda o público que leria um jornal em galego. E agora só querem manter os privilégios lambendo-lhe o cu ao bipartito. Que se afunda e montemos um jornal em galego digno e respeitoso com o pais.

Anónimo disse...

Xa, e que se fai para ter ese xornal?
a que agardan eses empresarios afíns a un pensamento galeguista de verdade?

Se tardan un pouco máis a prensa escrita xa non existe, a de balde será a única.

De todas formas claro que as subvencións de medios privados está reñida ca súa independencia, e manter a súa supervivencia é estafar aos contribuíntes.

Anónimo disse...

será subvencionado, mas será galego... e nom como este.
diego