28.1.06

Vai unha de videoclips

Believe do disco "Pussh The Button" dos Chemical Brothers, adicado a tod@s aqueles que traballen ou teñan traballado nunha cadea, especialmente aos que teñan tido de compañeiro a un animaliño distes, no sector da automoción abundan. Non descansan, traballan rápido e fanno por varios. A montaxe do video está moi currada, e si, máis cedo ou máis tarde calquera máquina fará o teu traballo, non me estrañaría que algún día fuxíramos deles tamén.
Hoppipolla (brincando nos charcos, en islandés ou en vonlenska?)tamén do último album, o Takk de Sigur Ros, este vai adicado aos nosos maiores, coma os da foto do concurso de Aduaneiros.
E os nunca indiferentes Rammstein, videoclip e posta en escea do Keine Lust, ou o Amerika do anterior disco "Reise, Reise".
Se queredes máis videos, premede en Sigur Ros ou en Rammstein. (O meu gosto musical é moi variado si)

2 comentários:

Anónimo disse...

Brutal SIGUR ROS, gosto moitísimo deles. Gracias polos vídeos!

Anónimo disse...

O video de The Chemical Brothers xa o coñecia, é unha autentica paranoia e esta moi pero que moi ben :).