Fernando Vázquez.-Son opinións de aficionados que respeto. Eu estou aquí sempre, todos os días. Son o entrenador, vexos entrenar, sei como están, tomo as miñas decisións e é a miña responsabilidade. Evidentemente non vou a contentar a todo o mundo, sigo a miña liña, como seguín sempre, escoito as críticas, léoas, ás veces enténdoas ás veces non, pero sigo o meu camiño, entón calquera.. moitos aficionados pensarán distinto a min, actuarían diferente. Pero para eso hai que ser entrenador de fútbol.
C.-Desconcertoume bastante ver tanta novidade no partido de Copa contra o Betis, aínda así o Celta meteu os dous goles da eliminatoría, ¿co Celta da liga seguiríamos na Copa?
F.V.-Esa é unha hipótese que non se pode confirmar, comprobar, porque non podemos volver atrás. Nós non seguimos na Copa porque marcamos un gol en propia porta e porque os árbitros nos expulsan un futbolista inmerecidamente, pero quedamos elimidados marcando dous goles. É case unha pregunta de Trivial... '¿Como un equipo pode quedar eliminado marcando dous goles e o rival ningún?' Nós fixemos dous goles e o Betis non marcou ningún gol e, pola contra, eliminounos. Creo que temos un pouco de mala sorte, por tanto non estou descontento co rendemento do equipo que puxemos aquí na casa o primeiro día, porque, de non ser José Enrique expulsado, posiblemente houbéramos feito máis goles e houbéramos pasado.
C.-¿Que provoca máis rexeitamento no fútbol español actual: saber expresarse ou entrar ao fútbol dende outros ámbitos?
F.V.-Intelixente pregunta... eu creo que as dúas cousas un pouco. O fútbol é un mundo moi especial, moi oscurantista, bastante pechado, e hai situacións que non gustan ou disgustan. E sobre estas dúas reflexionei moitísimas veces.
C.-¿Que che parece a liga inglesa? Ogallá marques unha época no Celta, aínda que eu véxote máis adestrador de Premier. ¿Que soño che gustaría máis: gañala Champions co Celta ou o Mundial con Galiza?
F.V.-Unha é posible, gañar a Champions co Celta, a outra paréceme irrealizable ou imposible de momento. Polo tanto sería moi feliz, sería un soño gañar a Liga de Campións co Real Club Celta de Vigo.
A Premier Leage paréceme unha gran liga, que está gañando moitísimo nivel nos últimos anos, a medida que os clubes están tendo moitos cartos polos contratos de televisións outra vez e están intentando cambiar un pouco o inmovilismo da liga inglesa con adestradores e xogadores fóra das Illas. Polo tanto é un fútbol que está evolucionando no aspecto táctico de xeito importante, xa que penso que estaba un pouco retrasado, era un fútbol un pouco inmovilista, con ideas que, penso, non serven actualmente.
eiquí o resto da entrevista, as outras preguntas non son miñas
Sem comentários:
Enviar um comentário