Recentemente con este artigo xa me fervera o sangue, Espainia, frankeo ordaindua. Ao Pérez Reverte non se lle pode mandar unha carta respetando a toponimia oficial ou o nome do servizo de correos en euskera, e deduzo que se lla mandan dende Galiza terían que adxuntarlle un mapa onde indicasen a situación xeográfica do concello entre os 315 que temos. O esperpento chega cando até se queixa dun concello catalán que lle manda a factura a unha empresa andaluza en catalán, pois como se é china, a empresa catalana ou china cando ofrecen algo en Andalucía fanno en castelán. Sempre ao gosto do cliente e non ao revés.Xa pensaba así antes ou é o tributo que lle ten que facer a RAE?
Noutro artigo, Un pirata de verdad, déixanos un piropo a tódolos galegos: "Como buen gallego, Soto se dejó ahorcar sin aspavientos, mostrándose, cuentan, arrepentido, resignado y también algo chulito. Que me quiten lo bailado, debió de decir. O algo así." Lembroume ao Antonio Burgos
Deste último artigo, se non erro entereime por
3 comentários:
debería ser optativo a aprendizaxe de calquer idioma do estado en calquera parte do estado español. se nós temos que aprender castelán eles deberían saber alomenos un dos outros idiomas oficiais. Logo pasa o que pasa, que parecemos nós os descorteses
E ghichinho emprega "Fuenterabia", já estara orgulhosa a RAE de ter a um inculto entre os seus...
Esse homem vai degenerado, cousa da idade, do "academicismo" ou de favor a quem lhe paga a mantenta...
Ao final creo que foi Xosé Carlos Caneiro o que falara de Pérez Reverte na Radio Galega
Enviar um comentário