Tamén "Ise foi o día en que Allah creou o seu Trono, o seu Escano, a súa Táboa e o seu Lápiz. Creou ao anxo Gabriel e a todos os seus anxos ese día. Creou os ceos, as estrelas e a terra ese día. A primeira choiva, e vostedes saben que a choiva é o Rahma de Allah, caeu na terra o día de Ashura"
E ollo, que non só uns musulmáns fan este tipo de cousas, tamén en América hai cristiáns que chegan a cravarse en cruces na Semana Santa.
Por certo non me solidarizo nen cos caricaturistas daneses nen co "el humor de Salas", liberdade de expresión si pero faltar ao respeito e procurar unha polémica segura que só pode empeorar unha situación paréceme lamentábel. O Salas ise, é o de "El Correo Gallego" que debuxou unha parella de homosexuais que tiñan coma fillo unha bosta, e hoxe agasállanos con isto, máis leña ao lume.
Actualizado 12-II-06 As cruzadas vistas polos árabes (X.M.Beiras)
Sem comentários:
Enviar um comentário