5.2.06

Teimas

Perdoade pola demora F.Míguez e Bouzafría, aí van:
-Escribir no blog, visitar algunhas das páxinas da vosa dereita
-Estar moi ao día musicalmente, o Soulseek bota fume
-As mulleres e o xogo da seduzón
-A xolda ou
algueirada, esmorga, festa, foliada, pándega, rexouba, ruada, troula, trouleo...
-Galiza, @s galeg@s e a súa supervivencia como tales
-Procurar o de "vivir en galego"
-Durmir tapado até as orellas, incluso no verán(coa sábana), lembranzas fetais da placenta? unha persoa insegura?
-Borrar tódolos sms ou e-mails unha vez lidos
e unha chea deles máis...
Eu a bola pásovola a tod@s istes 1,2,3 (un pouco chafalleiro), aos que queiran, teñan ganas, aínda non o teñan feito ou me estean lendo.

Tamén me chegaron dous correos ao enderezo electrónico do blog, un xa fai tempo e esquecérame comentalo,
dun servizo vasco de blogs, GuGara(significa en eusquera Nós Somos), "a interface pública está en galego, é dicir o de escribir comentarios, nome, correo eléctrónico, categorias, enlaces, ... está en galego, ademais en GuGara agardamos non censurar blogs aínda que nolo diga o goberno chinés, son as vantaxes de facelo por amor á arte." David Gónzález grazas a colaboración dun galego, David Martínez
O outro, chegoume fai dous días, non sei se é unha brincadeira dalgún de vos, dalgún coñecid@ ou simplemente spam, "De: Amor eterno Para: Meu Grande Amor" nunha postal multimedia que di "O meu melhor presente é você", "Eu te amo" , sendo a última opción agradecereillo a Terra.

1 comentário:

Anónimo disse...

Moitas Grazas.