11.2.06

Que mal cociñan estes da Coz

(Podes premer para ampliala imaxe)
Na fidelidade de voto en %, un 77'9 no PSOE, 77'6 no BNG, 75'3 no PP volverían votar ao mesmo partido. Só hai un 0'3% de maior fidelidade entre os votantes do PSOE cos do BNG, sen embargo son os votantes do Bloque os que menos se absterían de votar, só un 1'5% comparado co 2'8 PSOE e 2'7 PP. Despois invéntanse que dos que votaron BNG chega a un 5'2% os que agora votarían ao PP e só un 0'7 ao PSOE(ollo a diferenza), moi contraditorio a que nos ex-votantes do PP só un 0'3% máis votaría ao PSOE(3%) que ao BNG(2'7%), pola contra no PSOE chega ao dobre(0'6) esa diferenza, un 1'9 votaría agora BNG e un 2'5 PP. Dos que votaron a outros partidos(cales votarían?) o PP non apaña nada e o BNG apaña a metade do PSOE(12'5-6'3), e dos que votaron en branco votarían o 12'5 ao PSOE, ao BNG un 3'1 e o PP tampouco volve apañar ren.
A guinda do pastel é a valoración dos políticos, a mellor levaa Paco Vázquez cando máis dúbidas e acusacións se lle atribúen, pero tampouco me creo a que lle dan a Touriño, Orozco e Feijoo, estes dous últimos cociñados para que queden por riba da nota(5'18) de Quintana.
Actualizado 12-II-06
A posición do BNG nas enquisas

Penso que non é moi atrevido pensar que suben en voto os dous do bipartito, seguramente máis o PSdG por telo presidente e a representatividade que elo supón, o BNG non se pode durmir, erguela figura do vicepresidente, aumentala popularidade dos conselleiros do BNG e outros cargos(Olveira, Carme Adán, Antón Losada) para contrarrestar a inferioridade no nº de consellerías. Aínda hai xente que non coñece os conselleiros, e cando os ve non sabe de que partido son, deixar claro cales son do BNG, que sexan protagonistas e artífices das mellores medidas e cambios, e que se as cousas estaban tan mal con Fraga o cambio non pode ser tranquilo, os galegos temos presa!!
Tamén lle daría outro consello, unha muller(coma Ánxela Bugallo) é ideal para des-demonizalo nacionalismo e reclamalo recoñecemento de Galiza coma nación, que non é un problema etimolóxico, nen unha decisión duns políticos, é obra dos galegos ao longo da historia, é a nosa creación e traballo diario.

5 comentários:

Fer disse...

-Marchando umha de inquérito para "La Coz"!
-Oido cocinha! Como sempre?
-Sim, light, é dizer: 0.0% de fidelidade!
-Dacordo!
(Sintem-se as calculadoras a trabalhar...)

Anónimo disse...

ogallá seña unha muller, que as coruñesas son moi así, e mellor que mellor ánxela bugallo.

Anónimo disse...

alguen viu o debate do luns na tvg, alguen pode dicirme de onde descarregalo?? google video, youtube, torrent, emule,...

EL GARRULO disse...

Yo no le veo tan mala pinta. Y ya sabes que al final las valoraciones que te di el año pasado para las autonómicas no estuvieron muy desencaminadas.

No me parece una incongruencia decir que el 5'2% de los votantes del BNG se pasen al PP. Porque aunque te parezca lo contrario, el sentimiento nacionalista está muy presente en los votantes del PP en Galicia (absténganse las risas, por favor). El caso es que Lugo y Ourense son muy galleguistas desde siempre y en las encuestas de la visión de galicia como una naciíon, región, etc dan valores muy simpáticos. Por cierto, mucha gente del BNG debería ver cómo ven sus votantes a Galicia. Quizá les ayudaría a manejar mejor la nave del partido y ano perder más votantes.

Y termino diciendo que esa encuesta se hace por mi facultad y es una de las más fieles de todas las que se hacen. Pero, eso sí, NO POR ELLO DEJA DE SER UNA ENCUESTA.

Colazo disse...

Na ligazón ao artigo do que me fago eco:

"A falsedade da afirmación de que o PSdG - PSOE se leva os réditos do bipartito a costa do BNG faise claramente visible cando se analizan os transvases de votos. Cando se pasa das porcentaxes ó número de votantes, e tendo en conta o resultado dos últimos comicios autonómicos, pódese comprobar como o BNG cede ó PSdG o 0,7% (2.151 votos ) mentres recibe o 1,9% dos socialistas (9.677 votos) o que supón un saldo favorable ó BNG de + 7.526 votos. Algo semellante acontece en relación ó PP; o BNG cédelle o 5,2% do seu electorado mentres que recibe o 2,7% dos votantes populares, pero como queira que o número absoluto de votantes populares nas autonómicas do 2005 era moi superior ós do Bloque, cando se pasan esas porcentaxes a números absolutos vese que o BNG cede 15.977, mentres que recibe 19.013, polo que novamente presenta un saldo favorable, neste caso de 3.036 votos. Outro dato a destacar é que o BNG é a formación que menos electorado (tanto en porcentaxe como en número) envía á abstención."

E non é propiamente un sentemento nacionalista o de moitos votantes do PPdG, é unha identifiación do partido coma se fora galego, "o noso". Fraga na 1ª campala electoral aprobeitou precisamente iso co lema "Galego coma ti"