O mesmo PPdG ou peor
"Feixoo anunciou onte, ao término da reunión do comité de dirección do PPdeG, que os populares realizarán unha campaña de recolleita de sinaturas en Galicia na que consultarán aos cidadáns sobre as implicaciones que o Estatut pode ter para este país. As preguntas versarán sobre se aos galegos preocúpalles dispoñer dos mesmos servizos que cataláns e vascos, e achega de se están de acordo coa España das autonomías ou ben coa das nacións." A Coz
E a parte da manipulación que se emprega nesas preguntas, a fraude que teñen na recollida de sinaturas.
Teremos os galegos a responsabilidade, o autogoberno e a representatividade dunha nación no novo estatuto? Non nos podemos conformar con menos, Catalunya e Euskadi teñen que ser un referente de mínimos e non de máximos. Xa vai sendo hora de levala iniciativa.
2 comentários:
Igual lle interesa máis esta outra campaña de sinaturas, he he.
É igual, non servirán pra nada. Non se poden facer iniciativas PPopulares ante unha Ley orgánica, que é do modo no que se aproba un Estatuto.
Enviar um comentário