<<sería o mesmo que dicir que é ó revés, que en Galicia se fala ‘A Fala’>>
<
<<as medidas de protección do galego nos concellos estremeños que provocaron unha reacción destemplada do Goberno de Mérida xa estaban contempladas no Plano de Normalización Lingüística que foi aprobado por unanimidade en 2004. “O único que pretende a iniciativa que rexistei no Parlamento é, pois, dar cumprimento a un mandato do Parlamento Galego que contou cos votos de todos os grupos parlamentares”, explica Lobeira.>> Xornal.com
O galego do Val de Xálima, cousas.tk
Extremadura nun mundo paralelo, colazo.blogspot.com ;-P
Esquecíaseme o dato máis significativo, o galego do Val de Xálima conta cun representante propio na Real Academia Galega(dende Fraga tamén), Domingo Frades Gaspar, técnico da Consellaría de Agricultura da Xunta de Estremadura e tenente-alcalde en San Martiño de Trebello polo PSOE. Manda carallo!!
En "El Correo Gallego" hai algúns que din que ao actual bicepresidente non o van volver botar, que volva para Guitiriz...
Sem comentários:
Enviar um comentário