Que 25 anos non son nada e aínda se pode ampliar máis a concesión
08/04/2009. Agulla explicou que a propia empresa recoñece nas cartas de despedimento dos empregados que a lei autonómica de prevención de incendios do ano 2007 obrigáballes a prestar un servizo e manter un persoal que agora, destacou, parece innecesario, trala vitoria do PP nas últimas eleccións autonómicas.
O servizo de mantemento da AP-9 e a A-57 convoca 3 días de folga polo despedimento de 12 compañeiros
Hemeroteca
-¿Con qué criterios se aumentó el plazo de concesión de la AP-9, siendo Vd Conselleiro de COTOP?
-Non se incrementoun nun so ano sendo eu conselleiro. O que si se fixo foi finalizar a AP-9 co tramo Ferrol-Fene libre de peaxe e o tramo Porriño-Tui. O Goberno socialista co señor Touriño no ministerio de infraestructuras ampliou 25 anos a concesión a cambio de nada. E o PP fixo o mesmo, a cambio de que a concesionaria construira dous tramos de autopista libres de peaxe. Núñez Feijóo nos "Encuentros digitales de La Voz de Galicia"
21 Xaneiro 09. O candidato nacionalista revela que a o PP vendeu a empresa nacional de autoestradas por 1.500 millóns de euros e agora revendeuse por 7.900 millóns.
De aí que o líder nacionalista argumentase a necesidade de que “haxa unha intervención pública na autopista do Atlántico para asegurar que unha infraestrutura básica para o país non sexa utilizada como mercadoría bursátil, senón como unha infraestrutura básica de interese xeral”.
Quintana aludíu a unhas declaracións de Núñez Feijóo nas que indicaba que “o mellor que podiamos facer era traspasar a autoestrada á Xunta. Primeiro vende a autoestrada a prezo de saldo, permite que se dea agora un pelotazo e agora nos quer cargar o morto aos galegos e galegas”.
E Núñez Feijóo, o PP, que sacan en beneficio disto? perxudican aos galegos tamén de balde?
1 comentário:
Como querías en Chuza!, fixen unha montaxe con Feijoo:
http://www.galiciaprofunda.com/?p=1050
Un saúdo.
Enviar um comentário