24.5.07

Festival Do Norte 2007

5 fotos en Vilagarcía de Arousa. Mendetz, Triángulo de Amor Bizarro, The Sunday Drivers, Delorean e Deluxe.

O que máis me gosta e me gostou: Mendetz(só lles coñecía o single), Triángulo de Amor Bizarro(lástema de son), Delorean(mellor en Capitol-Compostela), Deluxe(concertazo de Xoel, a súa banda e as súas sobradas) e CatPeople(aos que lle faltou a intensidade e complicidade que presenciei noutros concertos). E quedeime sen ver a Igloo, que tiña gañas de velos en directo. E a Ectoplasma e a Schwarz, os 3 da primeira quenda do sábado, por mor da miña resaca e da preguiza xeralizada dos meus amigos no camping.
Sr Chinarro, The Sunday Drivers... tamén estiveron ben, pero non son algo que me vaia moito. E do antes mentado Xoel góstame máis o seu proxecto con Felix Arias, chamado
Lovely Luna


2 comentários:

Anónimo disse...

añadiría q o concerto dos sunday drivers e de swarchz foron tamén enormes... e especial mención merece Xota, con megáfono en man e todo...
estou contigo q o proxecto lovely luna é índa mellor q o que fai deluxe... a ver se o retoma algún día destes!
apertas colazo!

Anónimo disse...

vaiaaaa magoa nom ver-nos por alí... bom era complicado saber quem era cada um ;-)

um abraço!

o moderno de merda