4.9.07

As diferenzas entre Feijóo e Rajoy... o hino e as galescolas

N.Feijóo: á idade en que os nenos son aceptados nas garderías, os tres meses, teñen que ocuparse basicamente de dúas cousas: «de tomar o biberón e de aprender a eructar»
M.Rajoy:
"sábeo até un neno pequeno: os terroristas só teñen unha posibilidade de gañar e é que alguén negocie os seus obxectivos políticos a cambio de que eles deixen de matar"

Agora quédome coa dúbida da idade mental de Jose Mari no 98, cando iso do
"Movimiento de Liberación Nacional Vasco (MLNV)". Ao mellor xa lle daba á botella daquela...

Tamén dubido da capacidade dun cativo de idade menor ou igual a 3 anos para aprender o hino e menos para comprendelo. Hainos maiorciños que din que insulta aos que non entenden o galego, a todo o mundo menos á lusofonía?... Hai que ser iñorante, e féridos e duros, imbéciles e escuros.
Tampouco son partidario de ter que aprendelo como obriga xeral no ensino, si de que un mestre de galego de forma particular lle obrigue a aprendelo hino ou o poema d'Os Pinos, como a min me fixeron coa "Canción del pirata"(con diez cañones por banda...). Si a que se coñezan os Símbolos de Galicia ou a que se cante o hino en actos sinalados(Día das Letras Galegas, ao inagurar o novo curso escolar... ) de memoria ou léndoo. Cando sexan políticos, galegos comprometidos... xa darán exemplo de que o saben.
Ou a que un mestre de historia, galego ou castelán, lles amose a definición de nación polos dicionarios da RAG e a RAE e lles abra a xanela para que vexan ou non a nación galega. Aínda que para min chegue con ver que nun territorio hai unha xente que fala maioritariamente un idioma que crearon e evolucionaron eles mesmos, sen ter sido este idioma imposto. Hai algo que une a un pobo nun territorio.
A que lles fale da
participación de Galiza no IX Congreso de Minorías Nacionais Europeas, organismo adxunto á Sociedade das Nacións, reunido en Berna (Suíza) do 16 a 18 de setembro de 1933. A que lles amose Galiza, a que lles aprenda a respectala, a disfrutala e a compartila.

Tampouco me gosta falar de galeguizar apelidos(de forma voluntaria), cando do que se trata é de des-castelanizar apelidos galegos. Ou o de chamarlle ás escolas infantís normais en Galiza, galescolas. E o que menos me gosta, que ao que eu votei se lle contaxie a demagoxia
"para o PP o himno galego é igual que un eructo". Somos diferentes, sodes diferentes Quintana!! Coma se nos fixera falta...

3 comentários:

Im-Pulso disse...

Os rapaces de 5, 6 e 7 anos que estudan en colexios (ideolóxicos) aprenden hinos e cancións "non infantís" sen que ninguén rechiste. Paréceme absurdo ensinar o hino galego aos cativos de 3 anos, pero paréceme moito máis absurdo e mesmo vergonzante que precisamente os que ensinan ou aproban o ensino de outros hinos e cancións "non infantís" sexan os que están a botar madeira á "guerra do hino".

Colazo disse...

Quintana dixo o que dixo, e algo tiña que dicir no centenario da primeira interpretación do himno galego. O hino é oficial, aprovado até co voto do mesmísimo Mariano i é anterior ao nacionalismo galego(Irmandades da Fala, 1916).

Se os nenos cantan "las nubes se levantan" algo do hino tamén poderán cantar... que problema hai? debeu pensar Quintana.

E claro que se podería facer, pero é de dubidoso gosto, o hino é algo serio, non unha cantiga infantil.

O PP agora está competindo en roubarlle votos á Falange e Rajoy esquécese do inglés e das novas tecnoloxías cando se preocupa de buscarlle unha letra ao chunda chunda. No fondo están acomplexados, musicalmente non vale moito á beira doutros e aínda por riba non ten letra, que lla poñan, aínda vai soar peor...

Anónimo disse...

o abraiante do episodio é de que un diga que hai que dar a coñecer o himno nas escolas alguén quite da manga que se vai introducir no programa das galescolas. E as presas con que se uniron (únome pero sen que se note moito) a ese coro que nomeas o señor Pérez T. e a Piñón para nadar e gardar a roupa.
Polo demais, concordo con canto dis