8.10.07

A retroalimentación do PP e o PSOE e o esperpento da política española

«Non me arrepinto de nada. Fíxeno polo ben do Concello de Camariñas e da comarca. Se fose outro conselleiro, o mesmo. O gasto foi mínimo, dous euros o custe da auga e 15 euros, tirando por riba, o do gasóleo do camión»
3/10/2007 O alcalde de Camariñas critica que o PP leve ao Parlamento a piscina que encheron os bombeiros

A foto é das eleccións nacionais galegas do
2005.

"Entre os receptores de mariscos pagados con fondos do Concello de Viveiro, figuran tamén a ex conselleira de Familia Manuela López Besteiro; a esposa dun ex director xeral de Defensa, Beatriz Dávila; a cuñada dun ex director de Costas, Amalia García Otaiza; e os sogros de Rodrigo Rato."
"Foi xente que se molestou, que suspendeu as súas vacacións ou as demorou para favorecer ao pobo de Viveiro con concesións e cousas que hoxe poden valer máis de 13.000 millóns de pesetas, razoou no seu momento o ex alcalde." 11/05/2006 Arquivada a querela contra Aja por regalar marisco con cargo ao Concello

Creo, ou mellor dito, teño a seguridade de que os conselleiros, directores xerais, ministros... tódolos cargos políticos, cobran un bo soldo sen necesidade de mariscadas ou piscineos con cartos públicos para que fagan o seu traballo. E se precisan destes agasallos ou peloteos, que o digan antes de presentarse a unhas eleccións.

A verdade é que o PP teno difícil para denunciar algo que non fixeran antes, até ao Sr Feijóo lle saen cousas. A Xunta contratou unha empresa representada pola irmá de Núñez Feijóo. "A mesa de contratación produciuse o 29 de xuño de 2005, dez días logo das eleccións, e a firma o 19 de xullo, un mes despois de que perdese a maioría o PP nas urnas."
Non sei como despois me soprenden as declaracións do líder popular "galego", o seu concepto de democracia e a súa idea da política. "Sempre ocurriu* , mandan os que teñen as forzas de seguridá* "
"Nós aprendemos do Partido Socialista"(escusándose da súa emenda do plus para os ex-altos cargos)


Non entendo coma o PSOE(con todo o poder mediático afín que ten) lle permite ao PP facer oposición co tema de ETA. Comparando o nº de asasinados con Aznar e con Zapatero, Iñaqui Bilbao ceibe/de Juana Chaos preso, Aznar negociou co "Movimiento de Liberación Nacional Vasco (MLNV)" e Zapatero con ETA, o primeiro acercou presos e ceibou a outros etarras, o segundo referiuse ao atentado da T4 coma un "tráxico accidente"(e de feito ETA avisou pero xogando con lume, xa se sabe). Despois da negociación, Otegui no cárcere e agora case toda a cúpula de Batasuna facéndolle compaña. E de que vale isto? Cando a militancia escollerá outros representantes. Non sei até que punto se puido chegar na negociación pero este PSOE, xa se viu co estatut, ás primeiras de cambio frea e dá a volta. O peor de todo, é que a Xustiza segue indo da man da actualidade política, queimar un retrato do rei(ou de calquera outra persoa) nunca podería ser un delito no século XXI, e máis en Europa.
Faime graza escoitar a un Rajoy como querendo dicir que con el iso non pasaría, dan gañas de recibilo queimando fotos súas, pero coma estou contra o cambio climático, eu racharía as fotos e tiraríaas nun contedor amarelo. Vaia defensa da monarquía a do PP, cando non din nada de
"Don Federico, que pediu desde as antenas da COPE a abdicación do Rei Juan Carlos, insinúa abertamente que o monarca foi o auténtico muñidor do intento de golpe de estado do 23-F."
Ou a outro notas vido de Madrid para dicir "hoxe atopámonos cun nacionalismo máis radical en Galicia". O Bloque tiña que mandarlle ao Beiras ao senado.
Despois para profundar no esperpento Rajoy quere buscarlle unha letra ao himno español, por moito que lle poña esa letra, nunca vai soar ben, musicalmente o himno español é anti-létrido. Ou o da ausencia das bandeiras nalgúns concellos, non só porque cando gobernaba Aznar iso xa sucedía, senón porque nalgúns dos concellos do PP aínda hoxe non ondea. En Libertad Digital dende esta foto a esta(onde parei), xa contei 12 concellos pepeiros violadores da lei.

2 comentários:

Anónimo disse...

Interesante e ben documentado artigo. Podes indicar os concellos pepeiros nos que non ondea a bandeira española e cal é a causa? Un saudiño.

Colazo disse...

eu ligo xa dous concellos, e na ligazón podes atopar máis. Supoño que será por desleixo ou descoñecemento da lei. O de Allariz ao parecer non ten nengunha, non creo que o faga por non ter a española xa que a lei se incumpriría igual tendo só a galega.
En resumo, parvadas para facer ruído e mobilizar votos