Nisto polo menos, si.
"Esta lei contempla que a Administración, en determinados supostos, poida expropiar o usufructo de vivendas baleiras para destinalas ao mercado de aluguer social."
Generalitat, constructores e sindicatos asinan o primeiro gran pacto pola vivenda do Estado
"PP e CiU opóñense a un acordo que permitirá construír 50 mil pisos sociais cada ano e rehabilitará máis de 300 mil. Ademais, os propietarios de pisos desocupados estarán obrigados a alugalos"
Como xa dixera, "En Galiza hai 229.360 vivendas baleiras(das 1.308.363 existentes), en Vigo 17.846 dun total de 122.538(Datos do INE no 2001). Co 14'56% dos pisos baleiros a quen lle pode sorprender o tráfico que temos en Vigo?"
Actualizado 11-II-08. "A consellaría que dirixe Teresa Táboas aprobou dende a posta en marcha do programa da Renda Básica de Emancipación (RBE) o 2 de xaneiro, un total de 731 axudas, o que supón o 39 por cento do total estatal, situándoa á cabeza co maior número de concesións, e que supoñen unha subvención media de 187,35 euros."
"A Consellaría de Vivenda e Solo conta tamén cun Programa de Vivenda en Aluguer dirixido a aquelas persoas que non superen os 15.000 euros anuais independentemente da idade. Esta axuda non é compatíbel coa anterior, e ten como obxectivo que os inquilinos non destinen máis do 30 por cento dos seus ingresos ao pago dun aluguer." Galiza á cabeza nas axudas de alugueiro para emancipación
15-IV-08 Galicia ten 10.000 pisos acabados ou en construción que non se venden
Sem comentários:
Enviar um comentário