É unha vergoña que co PSOE o voto da diáspora siga igual, sen urnas, sen censos fiábeis... pero con viaxes(cunha man e outra), con cartas. Sen chegar ao nível e descaro da era fraguiana, pero xa fodería...
Os militares poden votar alí onde estean, os mariñeiros non, discriminación pura, dura e facha!!.
E por que sigue igual?, sinxelamente porque agora son eles os que se poden aproveitar, tempo tiveron e nada fixeron, que demostren o contrario.
Por outra, o concello dos emigrantes é no que viven, no que traballan, pagan impostos e esixen servizos por elo.(Eu sempre votei en Vigo porque é onde vivo e estou empadroado, non levo eiquí nen a metade da miña vida)
"Os resultados das eleccións municipais do próximo 27 de maio dependerán en máis de 50 concellos do concurso da emigración, posto que polo menos un de cada catro dos seus electores reside no estranxeiro."
Coma galegos no exterior, de votar nunhas eleccións locais en Galiza que o fagan todos nun mesmo concello, o da diáspora, con sé en Galiza ou nun dos países con máis galegos, con orzamentos, representantes políticos emigrantes coma eles e competencias propias. Nas eleccións nacionais e estatais, para que tódolos votos teñan o mesmo valor, circunscrición única, e senón, coma mal menor, 1 ou 2 deputados asignados á diáspora. Tamén habería que considerar porqué un galego, xusto á outra beira do Miño pode ser emigrante para votar en Galiza e un nas Canarias non.
300.000 votos aprox. que merecen ser tratados con dignidade e sen dúbidas. Pola democracia de tódol@s galeg@s.
Sem comentários:
Enviar um comentário