20.3.07

Xil Ríos reintegracionista?

"Esa Muller"(Essa Mulher?). Actuación de Xil Ríos, en galego internacional, no programa Luar d'A Galega. (16-III-07)

E para non volver esquecerme dunha petición vía e-mail, o videoclipe de Sete Saias, "Rompendo a marea" do seu disco debut, tamén de nome Sete Saias.

13 comentários:

Fer disse...

Xil Rios?
Gil Rios?
:D

Anónimo disse...

¿Reintegracionista? ¿Dilo polo seu acento? Vese que non vas moito polo Morrazo, porque ese é o acento propio desta zona, anque cada vez menos, debido aos falantes de castelán e de aséptico "neogalego".

Reintegracionista... ten gracia, porque a inmensa maioría dos reintegratas son neofalantes que non teñen nin puta idea de fonética galega, e farían moi ben e poñer a orella e aprender.

Fer disse...

A inmensa maioria dos reintegracionistas neofalantes?
Bonitos tópicos anónimo XD XD XD

Colazo disse...

anónimo, podes dicirme un só tema dos discos Rapaciña Bonita, De Carallada, Nosa Galicia, Xirarei, Que non decaia, no que Xil Ríos "respete" tanto o seseo?

É isto: A mociña "quer", Esa muller como me "gosta", normativo ou propio d'O Morrazo?

Aínda van ser os reintegratas os que che respetan máis a fonética d'Morrazo e ti sen poñerlle a orella...

Anónimo disse...

Pois si, Colazo. Son veciño do tal Xil e dígoche que así é como falan -falamos- os moañeses galegofalantes entre si, e cando non se autoimpoñen o "cinto de castidade" normativo. É tan fácil comprobalo como vir aquí e poñer a orella.

Fer: non sei no teu caso. Fai ti mesmo unha estatística a título persoal. Pero dos que eu coñezo, e son bastantes, son maioría os neofalantes. O cal non é a priori nada malo: mellor neofalante concienciado que paleofalante acomplexado.

Colazo disse...

repítoche que descoñezo un só tema dos discos Rapaciña Bonita, De Carallada, Nosa Galicia, Xirarei, Que non decaia, no que Xil Ríos "respete" tanto o seseo(que si se dá no Bloque Occidental).
http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81reas_ling%C3%BC%C3%ADsticas_do_galego
http://www.culturagalega.org/pruebas/anosafala/etnotexto.php?bloque=Occidental&cod_etntxts=13&cod_etntxts=13

O que eu dubido en Moaña é que digades: A mociña "quer", Esa muller como me "gosta". E que xusto cadre isto co seseo escrupuloso de Xil Ríos nesta canción.

Colazo disse...

ah, eu(orixinario de Ourense) móvome máis polo Val Miñor e non creo que disten tanto os seus falantes cos d'O Morrazo.

EL GARRULO disse...

Xil Ríos??

Cada vez canta más parecido a Cañita Brava.

Anónimo disse...

Xil Ríos é un dos grnades da nosa música e, podiamos mirar, entre outras cousas a tremenda evolución que experimentou neste novo disco.
É formidafle. Renovarse ou morrer.

Anónimo disse...

O novo disco de Xil Ríos é unha proba de que as ideas non se lle esgotan e de que pode facer cousas afastadas do "Xirarei" ou de "Rapaciña bonita". E xa o ten demostrado antes con outros proxectos pero este disco é fermisísimo.
Un dos grandes de verdade. Sen lugar a dúbidas.

Anónimo disse...

Veña Xil!! Agardamos novos discos!! Os clásicos sempre deben vivir.

Anónimo disse...

Retomando o tema: ¿non viches o programa da TVG A Casa de 1907? Fíxate en como falan os concursantes de Moaña, a ver se atopas algún parecido co xeito de falar de Xil Ríos.

Colazo disse...

a min sorprendeume que cantara así nesa canción, descoñezo outra na que faga o mesmo. Non só o seseo, "também", "quer", "gosta"....

De todas formas a túa postura avala en moito aos reintegratas.

Mira o meu 4º comentario e a nova chuzada http://chuza.org/historia/a-lingua-oral-dos-medicos-galegos-que-trabalham-em-portugal/