"En Portugal, na Asemblea da República, existe unha circunscrición específica para os cidadáns no exterior." Guillerme Vázquez
"suscita que se constitúan mesas electorais a bordo dos buques, delegando como funcionario responsable do proceso ao capitán.
O portavoz de Pesca do grupo parlamentario do Bloque, Bieito Lobeira, que presentou a iniciativa, asegurou que a medida é técnicamente viable e posible e remarcou que xa se leva a cabo en países como Suecia, cunha flota moito máis pequena que a galega."
E sigo con dúbidas, os emigrantes(fora do Estado Español) poden votar nunhas eleccións locais, nacionais, estatais e europeas. Pero a quen votan? Aos que fan ou prometen facer alí, eiquí ou en ámbalas dúas? Cales son as competencias con respecto a eles dos distintos cargos?
Un alcalde chega alí e pregunta, -a ver, os de Compostela que dean un paso ao fronte, ou mellor, tódolos emigrantes de Compostela que veñan a Buenos Aires que lles dou un carameliño-.
Outro envíalle unha carta aos lugueses de Uruguai e dilles, -en Lugo agora, grazas a min, os lugueses somos persoas. Se queredes que sigamos sendo persoas, enviade o sms orozcoxvos ao 3540-.
Despois chega o Presidente da Deputación de Pontevedra (Agolada | Arbo | Baiona | Barro | BueuCaldas de Reis | Cambados | Campo Lameiro | Cangas | A Cañiza | Catoira | Cerdedo | Cotobade | Covelo | Crecente | Cuntis | Dozón | A Estrada | Forcarei | Fornelos de Montes | Gondomar | O Grove | A Guarda | A Illa de Arousa | Lalín | A Lama | Marín | Meaño | Meis | Moaña | Mondariz | Mondariz - Balneario | Moraña | Mos | As Neves | Nigrán | Oia | Pazos de Borbén | Poio | Ponte Caldelas | Ponteareas | Pontecesures | Pontevedra | O Porriño | Portas | Redondela | Ribadumia | Rodeiro | O Rosal | Salceda de Caselas | Salvaterra de Miño | Sanxenxo | Silleda | Soutomaior | Tomiño | Tui | Valga | Vigo | Vila de Cruces | Vilaboa | Vilagarcía de Arousa | Vilanova de Arousa), -Pontevedreses Todos!! vide a Buenos Aires que vos traio o aguinaldo-.
Éche unha risa...
Actualizado 29-03-07. Máis esperpento "Tivemos unha oferta, aparte de varias persoas, que era entre cinco e oito dólares por voto".
Sem comentários:
Enviar um comentário