1.3.05

Carta aos galegos da diáspora

Prezados irmáns galegos

Non sei que idea podedes ter de Galiza e de Fraga no estranxeiro. Pero novas coma esta a un chéganlle ao ialma. Ese presidente ao que lle dades a benvida, o ex-ministro franquista, que ata o votan os mortos. Ese ancián que se presenta con 82 anos, ese persoaxe da Galiza atrasada e subsidiaria, do narcotráfico, dos caciques, da corrupción, dos seus amigos enchufados e das súas declarazóns escabrosas.

A Galiza real, a Galiza de hoxe, na que "nos últimos 15 anos perdemos máis de 250.000 empregos directos na agricultura, 25.000 na pesca, miles na construcción naval, por falar dalgúns sectores significativos. Nestas datas, outros 1.405 obreiros do naval de Ferrol foron prexubilados. Esta masiva perda de empregos, simplesmente non foi compensada coa creación de outros novos, a emigración galega segue a contarse por miles. Os 20.000 mozos e mozas que emigran cada ano, a diminución e o envellecimento da nosa poboación. De facto, Galiza conta hoxe con menos habitantes, con menos ocupados e con muitos menos mozos que hai 19 anos." ( http://bng-galiza.org )

Ese grandísimo fillo de .... que segue a converternos en emigrantes non merece unha benvida nin no inferno.
Non vos culpo, aquí fan o mesmo. Perdón polo meu ton, pero son moitos anos.

En Galiza non se pide nada, emígrase (Castelao)
Un saúdo

1 comentário:

acedre disse...

Estou de acordo contigo.
Aqui estou eu que non dei topado choio decente pola terra e coma min, muitos mais.
Un saudo.