19.2.06

Legalidades

O Torneo Galeusca sería posíbel hoxe, "non existe chata legal ningunha para que a selección galega de fútbol, por exemplo, participe en competicións a xeito dunha Copa Céltica, unha Liga da Lusofonía ou un torneo Galeuscat coas seleccións catalá e basca"
España vs Dinamarca: "O ministro dinamarqués de Cultura, o conservador Brian Mikkelsen, propuxo que Grenlandia e as Illas Feroe, territorios autónomos pero pertencentes a Dinamarca, conten con seleccións olímpicas de seu." Canal Seleccións, Vieiros

Paco Vázquez non cheira precisamente a legalidade, chegará a ser embaixador? As novas nas que agora, é xa costume velo non son moi cristiáns que digamos, Un armador galego buscado pola Interpol ten minicentrais e parques eólicos. O PP polo medio, non podía faltar, "Siempre será mucho más lo que nos una que lo que nos separe, querido presidente, a quienes desde nuestras diferentes, pero legítimas convicciones aspiramos a conseguir lo mejor para España" (Paco Vázquez dirixíndose a Aznar)

7 comentários:

EL GARRULO disse...

Has dicho...:
España vs Dinamarca: "O ministro dinamarqués de Cultura, o conservador Brian Mikkelsen, propuxo que Grenlandia e as Illas Feroe, territorios autónomos pero pertencentes a Dinamarca, conten con seleccións olímpicas de seu.

Y yo te digo que no lo veo así. No se puede comparar a Gröenlandia, que es de Dinamarca merced a un "cambio de cromos", con la situación de Galicia respecto a España. Eso es como comparar Galicia con Gibraltar.

Colazo disse...

A equivalencia máis clara sería Irlanda, Escocia ou Gales, Grenlandia é un exemplo esaxerado, un territorio inóspito, en moitos momentos sen habitar, e que pasou de mans noruegas a mans danesas a través da súa coroa. Non se me pasa pola cabeza que eses 56.375 grenladeses teñan un identidade nacional máis singular con respeito a Dinamarca, cos galegos con respeito a España.

Unknown disse...

O exemplo escocés e irlandés non sirve pra nada polo feito de que estas nacións uníronse a Inglaterra mediante tratado e seguiron a ter os seus propios dereitos.

É inviable pensar nun torneo Galeuscat porque o prohibe a Lei do Deporte.

Colazo disse...

Viñan sendo de Inglaterra pola coroa ao igual que Galiza e outros reinos na historia de España, no século XIX formalízase o Reino Unido,e no caso irlandés a historia máis recente demostra que os "seus propios dereitos" non eran os suficientes.

A nova da que falo é precisamente que segundo os xuristas participantes nas xornadas do IGEA sobre seleccións deportivas, "non existe chata legal ningunha para que a selección galega de fútbol, por exemplo, participe en competicións a xeito dunha Copa Céltica, unha Liga da Lusofonía ou un torneo Galeuscat coas seleccións catalá e basca."

EL GARRULO disse...

segundo os xuristas participantes nas xornadas do IGEA sobre seleccións deportivas, "non existe chata legal ningunha para que a selección galega de fútbol".
-----------------------------------

Nunca muerdas la mano que te da de comer. Evidentemente, esos juristas saben donde están hablando y qué tienen que decir.
Si fuese una reunión sobre la reinserción de violadores, estos juristas hablarían de que "no hay 'chata' legal ninguna que impida su reinserción social y reducción de pena".
Y quiero dejar constancia que el ejemplo no está puesto a propósito, es el primero que se me vino a la cabeza.

A cuidarse.

Colazo disse...

por desconfiar... sen ser eu un xurista non comprendería como se pode xogar un partido amistoso contra Uruguai e non dous nun torneo amistoso de tres selecións. Miuda democracia...

EL GARRULO disse...

Que yo sepa nadie le impide a la selección gallega que juegue todos los partidos que le dé la gana (como si quiere llamarle al partido contra Uruguay Campeonato transatlántico). El problema está en que apenas hay fechas disponibles para jugar "fuera del calendario establecido", que es el que genera beneficios y da de comer a los trabajadores.

Ya te comenté en cierta ocasión lo que le paga NIKE a los jugadores convocados con su selección (y eso lo sabe también Olegario Presas).

Sin ir más lejos, se podría hacer en los mismos días del mundial una especie de torneo con las selecciones autonómicas y otras invitadas. Las invitadas van allí donde se les pague, de eso que no te quepa ninguna duda. Sin ir más lejos Brasil (perdón, NIKE) cobra 1 millón de dólares por jugar un amistoso, además de la pensión completa y, creo, los derechos de TV.

Por lo tanto, como las selecciones autonómicas NO SON ILEGALES (no confundamos el no reconocimiento, con la ilegalidad) podrían jugar todos los partidos que les diera la gana. Otra cosa es que encontrasen con quien jugar y con que jugadores jugar.