29.3.05

Un pequeno gran país

"En Galiza atópanse aproximadamente a metade dos núcleos poblacionais que hai en España, un total de 29.990" Faro de Vigo
E así aínda mais

28.3.05

"A cheirenta"

Esta empresa ten a obriga de trasladarse e conservar eses postos de traballo despois de tantos anos perxudicando a saude de tantas persoas, da contaminación e do "cheiro" que todo aquel que pasara por Pontevedra coñece, que dirán os que viven alí?
"La Voz de Galicia", o de este xornal anti-galego e anti-BNG non ten nome, a parte de defendelo cheiro de ENCE e Caixa Galicia non se inmutan en ter estas imaxes á vista na súa web, atrévense a publicalas na edición "papel tisú"?, eu non sei coma nin o merco nin o penso facer...

Comunicado dun grupo de profesores da Escola de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Pontevedra, non ten desperdizo.

26.3.05

Rir por non chorar

Pérez Varela, o conselleiro de cultura galego, u-la cultura?, u-lo galego?
Falando do cartel do Xacobeo 2004 e de dúas sopranos "Ainhoa e Arteta". Xa os coñecía pero neste blog teñen unha boa escolma de documentos sonoros, entre eles: Alcalde de Negreira "D.Manuel e o purgratorio" (versión completa que atopei noutro lado), Gayoso "Vai rascalo carallo" e as últimas que non as derradeiras perlas do Ollomol.

Dios por favor te lo pido,
no me lleves a D.Manuel

24.3.05

Por que emigramos?

175.000 galegos entre 1990 e o 2003, 22.548 no ano 2003. Nunha poboación de 2´7 millóns igual que no 1950.

Algunha razón haberá...

"Preto da metade dos traballadores galegos, en precario. Un total de 270 mil traballadores, porcentaxe do 46,7% sobre o total, reúne as condicións básicas da precariedade: contrato eventual, condicións salariais que non se corresponden co pactado e obriga de traballar máis horas das estipuladas sen cobralas." Vieiros, CIG. Aínda que o PP e Fraga vexan un reclamo para as inversións estranxeiras as "leis laborais flexibeis no referente ao despido" e os "costes salariais por debaixo do promedio de España e da Unión Europea", anuncio da Xunta publicado no Dagens Nyheter, o xornal de maior tirada en Suecia. Xornal.com

*Pérdida de poder adquisitivo, o prezo da vivenda... agás para o alcalde da Coruña, Paco Vázquez(PSdG-PSOE). Namentres no seu concello os pisos socias están a 751 euros metro cadrado el pode mercar a súa casona no centro a 660 euros metro cadrado, para despois recalificala e poder facer obras, ampliala, garaxe... Xornal.com
NUNCA MAIS

Galiza e Irlanda, colonias non oficias de España en Iowa (USA)

"A professora norteamericana pola William Penn University de Oskaloosa (Iowa) e estudosa das relaçons entre o nosso país e a Irlanda.
Eva Roa White, descrebe as duas naçons no seu trabalho A case Study of Ireland and Galicia´s Parallel Paths to Nationhood como exemplos de colonialismo periférico e define ambas as naçons como “colónias nom oficiais da Inglaterra e a Espanha”.
A Dra. Roa White nom aborda especialmente o aspecto económico da colonizaçom, mas foca a sua investigaçom da perspectiva identitária, histórica e cultural e coteja os processos galego e irlandês durante os séculos XIX e XX, assim como a configuraçom dos respectivos nacionalismos, é inequívoca na aplicaçom para a Galiza da terminologia de colónia periférica, entroncando com umha parte fundamental da tradiçom nacionalista galega desenvolvida a partir da década de 70 do passado século." GalizaLivre.org

20.3.05

"A nosa Terra non é nosa, rapaces"

"Entre 1990 e 2003 emigraron máis de 175.000 galegos e galegas. Un 69,43% das persoas que emigraron de Galiza entre 1992 e 2003 tiñan entre 16 e 44 anos. Canarias, Baleares, Barcelona, Madrid, Andorra, Alemaña e Portugal consolídanse como os lugares de destino máis comúns. Lonxe de irse atallando, a emigración triplicouse pasando de 7.916 persoas en 1992 a 22.548 no ano 2003." Fuerteventura: 18000 galegos nunha poboación de 80000 habitantes. (--->artigo da CIG)
"Quen pode, pois salvar a Galiza? Galiza mesma. ¿Cómo? Cun gran partido político nídiamente galego. ¿E para qué? Para que a nosa terra conquira o dereito a lexislar para si mesma. ¿E para cando contaremos con ese gran partido? Cando os nosos labregos abran os ollos e deixen de votar a quen non comprende a nosa diferenciación" Castelao, Sempre en Galiza.

15.3.05

Quero unha moza portuguesa!!

Loira, ollos claros e que nunca me fale en castelán.
Menos mal que nos queda Portugal...

FALADE GALEGO

Meninhas da C'runha, (e de Vigo e de...)
de amável despejo,
de falas graciosas
e passos ligeiros,
deixai de Castela
os duros acentos:
falade, meninhas,
falade galego.
Quando é que vos ouço,
a pátria esquecendo,
falar essas duras
palavras de ferro,
nom sei o que sufro,
nom sei o que peno:
falade, meninhas,
falade galego.
Mas quando falades
nos pátrios acentos,
envoltos no vosso
angélico alento,
parece que escuito
um canto do céu:
falade, meninhas,
falade galego.

Eduardo Pondal

Debuxos doutros mundos


Ao parecer o que fai estes debuxos faino da noite á mañá, sen cortar os talos, dobrandoos dunha forma precisa para que non sequen e entrelazandoos dun xeito complexo. Códigos?, figuras simétricas e asimétricas... Creatividade e fermosura non lles falta.
Mais imaxes, e aquela nova que polo menos chamou a atenzón.

Plataforma Galega Para a Recepçom da Televisões e Rádios Portuguesas

Polo futuro da nosa lingua, identidade e relazón cos nosos irmáns portugueses


"A inexistência de médios de comunicaçom em galego-português é, sem dúvida, uma das causas da acelerada perda de falantes que a Galiza vem a sofrer nas últimas décadas. Assim mesmo, existe a dia de hoje, um consenso quase unánime tanto na Galiza como em Portugal a respeito da necessidade de criar mais e mais pontes de troca cultural entre as duas beiras do Minho.

Uma das medidas urgentes a realizar para conseguirmos invertir a tendência, está em dispormos na Galiza, de meios de comunicaçom em galego-português e conseguirmos a recepçom livre na Galiza das Televisões e Rádios portuguesas.

A recepçom de televisom e rádio proveniente de um outro estado nom é nada novo na Europa. Assim, por exemplo, nas regiões francófonas da Suíça ou da Bélgica recebe-se o sinal das emissoras francesas, reforçando assim o sentimento de proximidade cultural e linguística. Também em grandes áreas de Portugal se pode ver a TVG.

Que na Galiza se possam receber sem problemas e livremente a emissoras de TV e Rádio do país vizinho, considerámo-lo claramente assumível pola cidadania galega no seio da Uniom Europeia e da Euro-Regiom Galaico-Portuguesa, e acreditamos que o "impacto cultural" desta medida seria notável, e qualitativamente positivo a todos os níveis."


Televisões e Rádios Portuguesas na Galiza já!

Por unha ortografía mais coherente

Sempre serei partidario dun galego mais galego, útil e internacional, serie pois afín ao reintegracionismo. Para aqueles que afasten o galego do portugués, escoitade como falan os nosos irmáns sobor de todo no norte de Portugal, -> Preme eiquí Semella que falamos o mesmo idioma nesta Eurorexión.
Animámonos a empregar a ortografía galego-portuguesa ou? ->12 REGRAS PARA A CORRECTA ESCRITA DO GALEGO

«...a nossa língua está viva e floresce em Portugal, falam-na e cultivam-na mais de sessenta milhões de seres que, hoje por hoje, ainda vivem fora do imperialismo espanhol.» (Castelao)

"Código ético do BNG" contra a corrupzón

Un compromiso que outros non poderían facer.

A piques doutra catástrofe

Senón se lle pon remedio a tempo, este ano o lume pode converter Galiza nun auténtico inferno.
A gran falta de choiva(->cambio climático e as súas causas) que reflicten nunha paisaxe surelista nestas datas, vexetazón seca, diminuzón dos caudais, encoros con menos auga que no verán... e que tamén fai perigar o agro. Xunto coa falta de limpeza e coidado dos nosos montes, non só supoñen unha ameaza real para a nosa natureza, tamén o é para tódol@s galeg@s: casas, aldeas, naves, polígonos industriais, estradas... auténticas illas rodeadas dun verde cada vez mais amarelo.
Toda precauzón é pouca, máxime cando os medios á hora de combatelo son tan deficientes(->PP) como as axudas das que imos estar excluídos(->PSOE).

12.3.05

A Cultura Galego-Portuguesa candidata pola Unesco


A CULTURA COMUM GALEGO-PORTUGUESA CANDIDATA A SER PROCLAMADA POLA UNESCO
"OBRA-PRIMA DO PATRIMÓNIO ORAL E IMATERIAL"

Malia que a algúns e a algún Estado non lles goste o "premio"

"A polémica marcou ontem a apresentação, no Porto, da candidatura a Património Imaterial da Humanidade da ‘Tradição Oral Galaico-Portuguesa’. As dificuldades de financiamento e a língua escolhida por Manuel Fraga Iribarne, presidente da Junta da Galiza, para realizar o seu discurso, marcaram a sessão."
‘TRAIÇÃO’
Também não caiu bem, principalmente no lado galego, Manuel Fraga Iribarne ter feito o discurso em castelhano. “ É uma traição ao nosso trabalho. Estamos envergonhados. Estivemos durante tanto tempo a trabalhar para um projecto galaico-português e agora ele fala em castelhano”, disse revoltada, Carmen Souto, professora de Galego. (Correio da manha)
------------------------------------------------------------------

Á nobre Lusitania
os brazos tende amigos,
aos eidos ben antigos
con un punxente afán;
e cumpre as vaguidades
dos teus soantes pinos
duns máxicos destinos,
¡ouh, grei de Breogán!

Os pinos, Eduardo Pondal.
(Estrofa non incluída no himno galego)

9.3.05

Aos medios de comunicazón "galegos", os seus asalariados e aos galegos en xeral...

No ciclo de conferenzas do Futuro Modelo Territorial do Estado na Universidade de Vigo, a algún sorprendeulle que Carod Rovira falara en galego(xa o tiña feito en outras ocasións como para a TVG o día das eleczóns catalás).
En troques, os periodistas preguntánronlle en castelán, ao que Carod respondeu "¿O meu galego é tan pésimo que ninguén me preguntou en galego?".
É algo surealista, falar na lingua onde te reciben e respóndenche na de Castela. Acomplexados e españolistas, só podería pasar en Galiza.
Como dixera Castelao, "O galego -somentes refugado polos señoritos ou por traballadores que quixeran ser señoritos-".
En Catalunya nin os señoritos "refugan" da súa lingua. Así lles vai e así nos vai, sumisos e acomplexados, non nós aceptamos nin a nós mesmos.
Galiza esperta e loita, que ninguén o vai facer por ti.

7.3.05

Paso das drogas

Eu paso das drogas, non quero comprometer a miña saúde(física e mental) nin coller un vicio no que entras sen saber saír. Paso das drogas e das mafias, da corrupción e da inseguridade do meu entorno. Que vaian sachalos cartos!!

Directiva Bolkestein

"Esta directiva europea, de chegar a ser adoptada, tería como consecuencia que todos os servizos subministrados na Unión Europea serían considerados como calquera produto económico. Desta forma, sectores esenciais como a cultura, a educación, a atención sanitaria e todos os servizos dependentes dos sistemas nacionais de protección social poderían estar suxeitos ás mesmas formas de competencia económica que as mercancías." Galiza Nova

"Segundo esta directiva neoliberal unha empresa polaca poderá realizar traballos en Galiza con traballadores polacos e salarios de Polonia. Ademais só Polonia poderá controlar se cumpre a lexislación laboral e a normativa de saúde laboral... que serán as do país de orixe. Falamos de Polonia mais podería ser calquer outro estado, por exemplo Eslovaquia ou Lituania, aínda que evidentemente sempre se tratará de países que teñen condicións laborais máis baixas." CIG

Para asinala petición contra a directiva Bolkestein, prema eiquí

O deporte coa guerra

As Forzas Armadas patrocinan á selección española, malia co espírito deportivo representa todo todo o contrario do mundo bélico. Non comprendo como se pode utilizalo deporte para promocionalo reclutamento na xuventude.
Así queren vender o Madrid 2012...

Onde está o "Non Á Guerra" do PSOE antes de chegar á Moncloa?



5.3.05

Ramón Verea, o galego que inventou a calculadora

Tremendo persoeiro, a súa vida é para levala ao cinema.
Nado n'A Estrada(
1833), emigra e exerce o periodismo en Nova Iorque. Sen estar relacionado coas cienzas, inventa(1878) a primeira calculadora capaz de multiplicar e dividir instantaneamente cifras de ata 15 díxitos. Malvivindo coma escritor e periodista, renuncia ás ofertas multimillonarias da comercializazón do seu invento. "Eu son un periodista e non un científico e, ademais, o que eu pretendía demostrar xa está demostrado", respondería nunha entrevista no New York Herald.
Morre nos Bos Aires(1899) na mais absoluta pobreza, sendo enterrado nun panteón anónimo.

Moitos interrongantes na súa vida, non?

Moda nacionalista

Hai que foderse, pero é así:
Ser un mesmo e levar calquera destas prendas identifícate coma un aunténtico nacionalista, pero levar unha camiseta co nome dun país, do que non tes nin puta idea en que te convirte...?

Roupa arredor da selección galega
Projecto Global
Outras tendas de roupa galega
A Vaca Láctea
Reizentolo
Aduaneiros Sem Fronteiras
Once Varas

4.3.05

Paco Vázquez, un monárquico galego

Que intelixencia ten este señor. Cando sae á luz o da recalificazón da súa casa de 130 millóns, agora volve falar que quere para A Coruña a capitalidade de Galiza, argumentando a razóns históricas. Falará tamén da reinstaurazón do Reino de Galiza?, a quen proporá coma rei? Xa vou entendendo o de que a Touriño non lle conste que haxa corrupzón en Galiza.
PPSOE Nunca Mais!!

2.3.05

Fraga cala xa!!

Ata os mismísimos "..." de ver, ouvir ou ler as túas declarazóns. Xa non sei se es así por natureza ou é que agora chocheas de mais. Non che desexo mal(que morras dunha vez) pero a Galiza deséxolle o mellor.
Fraga Nunca Mais!!

Para os "galeguistas" do PSdG

Paco Vázquez: O "L" d'A Coruña, por moito documento castelán antigo que haia no que saia La Coruña, non deixa de ser unha adaptación ou castelanización da nosa fala, os galegos sempre dixeron A Coruña, falando galego sempre dicimos A Coruña, o castelán escomeza a falarse entre o pobo dende que se obriga a coñecelo nas escolas. A língua orixinaria, propia, autóctona, a língua de Galiza é o galego.
A toponimia oficial ten que ser a propia de Galiza, non as esperpénticas adaptacións ou castelanizacións que algúns queren impor.
Que idea terían para O Porto (tamén o hai en Galiza): El Porto, El Puerto...?
Para O Carballiño: El Carballiño, El Carballino, El Roblecito...?
Para O Porto do Son: El Puerto del Sonido...?
Para...

Touriño, Ventura P.Mariño...: Cando un se presenta coma candidato á Xunta, o menos que se lle pode pedir é que saiba falar a nosa língua, que aínda é a mais falada. Resulta un pouco vergoñento escoitarlle falar Sr. Touriño, e xa é a segunda vez que se presenta. Idem para o que foi alcalde de Vigo, que nin o intentou.

Elena Espinosa: Recollido no Atlántico Diario ao día seguinte dun acto en prol do tratado europeo
"Tenía pensado hablar en gallego pero como voy a hablar de Europa..."
"Hay que dar un Sí rotundo, no un sí gallego, amilanado..."
Os galegos non somos culpabeis dos seus complexos, traumas ou carencias neuronais, quede en Madrid e dea tódolos si rotundos que desexe.

José Blanco: é vostede galego?

1.3.05

Carta aos galegos da diáspora

Prezados irmáns galegos

Non sei que idea podedes ter de Galiza e de Fraga no estranxeiro. Pero novas coma esta a un chéganlle ao ialma. Ese presidente ao que lle dades a benvida, o ex-ministro franquista, que ata o votan os mortos. Ese ancián que se presenta con 82 anos, ese persoaxe da Galiza atrasada e subsidiaria, do narcotráfico, dos caciques, da corrupción, dos seus amigos enchufados e das súas declarazóns escabrosas.

A Galiza real, a Galiza de hoxe, na que "nos últimos 15 anos perdemos máis de 250.000 empregos directos na agricultura, 25.000 na pesca, miles na construcción naval, por falar dalgúns sectores significativos. Nestas datas, outros 1.405 obreiros do naval de Ferrol foron prexubilados. Esta masiva perda de empregos, simplesmente non foi compensada coa creación de outros novos, a emigración galega segue a contarse por miles. Os 20.000 mozos e mozas que emigran cada ano, a diminución e o envellecimento da nosa poboación. De facto, Galiza conta hoxe con menos habitantes, con menos ocupados e con muitos menos mozos que hai 19 anos." ( http://bng-galiza.org )

Ese grandísimo fillo de .... que segue a converternos en emigrantes non merece unha benvida nin no inferno.
Non vos culpo, aquí fan o mesmo. Perdón polo meu ton, pero son moitos anos.

En Galiza non se pide nada, emígrase (Castelao)
Un saúdo

Siempre Casina

Antes de escribir ou contar nada, quero solidarizarme con tódolos mariñeiros e familiares, mais que nos pese non será o derradeiro accidente. No mundo do mar están os nosos heroes.

Fíxome cavilar moito este triste suceso, o posterior servizo de emerxencia, a actuación dos diferentes políticos e o tratamento informativo que lle dan nos xornais ou televisións.

Responsabilidades
O BNG, fala "da necesidade de adoptar medidas correctoras na defensa da seguranza da vida no mar.
Do retraso de 31 minutos na activación do dispositivo de salvamento, a través dun sistema de comunicacións marítimas actualmente privatizado, xestionado pola empresa Telefónica España. Retraso, tampouco lóxico, na chegada ao lugar dos feitos das unidades navais maiores: o vetusto Conde de Gondomar e o remolcador Alonso de Chaves e criticou que Galiza aínda non conte con equipas de mergulladores e se teña que recorrer a profesionais de Cartagena ou Alicante. "
Elena Espinosa, PSOE,(La Voz de Galicia)" «Hay que entender que en ese momento había olas de siete y ocho metros», matizó.
En cuanto a la necesidad de que Galicia cuente con buzos propios, sostuvo que los escafandristas sólo se utilizan en situaciones puntuales y el hecho de que los mejores expertos tengan base en Alicante «da igual», porque hay tiempo «suficiente» para que se desplacen, ya que la inmersión requiere una labor preparatoria. "
Agora mesmo o único que verdadeiramente sei eu é que Galiza sendo a primeira potencia pesqueira de Europa ten que traer buzos dende Alicante. Levamos 15 anos con Fraga, con gobernos estatais do PSOE o PP e agora de novo o PSOE. Cun elevado número de accidentes mortais no mar cada ano, pero namentres non nos toquen o noso, pobres mariñeiros.

Campaña electoral?
Touriño, candidato á Xunta polo PSOE preséntase no porto de Burela no día do accidente. Solidaridade? electoralismo sen complexos? Quintana, o candidato polo BNG non acude. Que imaxe darían os dous, ou con que cara se mirarían de atoparse de fronte?
Xestos en Galiza sobran, feitos? ("Plan Galicia", papel mollado)

Medios de comunicación
Nalgún artigo de opinión tratan o asunto de que a excepción do pai e fillo galegos, os outros sete son estranxeiros grazas a que hoxe Galicia mellorou un pouco e que algúns xóvenes, aínda que ás veces gañando menos, xa van deixando este arriscado, tradicional e penoso oficio.
"El de la mar es un penoso oficio" chega a dizer, o penoso é a falta de medios de seguridade, a falta de medios que son evidentes en cada Prestige ou en cada Siempre Casina. Non todos poden vivir escribindo artigos de opinión, mentres outros traballan no mar ou mesmo nunha mina a centos de metros baixo terra. En que medida crean a penosidade os políticos e empresarios? Canto menos é a penosidade de ter que emigrar para traballar na costrucción nas Canarias?

O que mais carraxe me deu é que nalgún telexornal español ese día abriron cos "pantasmas do Windsor" namentres outros "galegos" podían estar loitando por sobrevivir. O mércores no capítulo de "Los serrano", T5 a mesma canle na que eu vin o telexornal contrataban coma camareira unha galega, e engadían novos aspectos descoñecidos ao tópico negativo dos galegos.

Galiza is not Spain, xa o din eles