11.12.06

Cousas da rede

Fai tempo que tería trocado blogger por blogaliza, ou blogoteca, aínda que ista con publicidade. Os socios do Portal Galego da Língua tamén teñen o seu servidor, e xa non coñezo máis ofertas galegas para hospedar a túa blogue.
Pero sigo en blogger, e creo que só por unha razón, a xente que por casaualidade pode coñecer a miña blogue grazas ao Google, que é o dono de blogger.
Exemplos: teño algunhas visitas á hora de xente que procura
mapa galicia ou mapa de galicia, e é por un mapa titulado sen un senso literal e que está hospedado en Vieiros. Sae de 3º, ollo á fiabilidade do Google, terei que deixar unha anotación.
Tamén hai outras coma ser a 2ª saída á
ciu erc, a un anecdótico grazas ou ter a 4ª foto do bíblico Moisés... estas seinas polo contador de visitas, pero coma moitos de seguro que se teñen atopado a si mesmos no Google en varias ocasións.

O outro día escoitando na Radio Galega o enderezo da web
deportegalego.eu, reparei no xogo que dá o tal dominio para unha páxina persoal(escritores, artistas...) colazo.eu , eu, galego e europeo. Namentres non chegue o .gal ... ;-)

Por senón a vírades, moi bo
Davila o sábado no Faro de Vigo
http://img208.imageshack.us/img208/1188/ebay7ny.jpg
Grazas a
Fror de toxo decátome de ter esquecido a David González e o seu nireblog e gugara para colectivos.

2 comentários:

paideleo disse...

Eu non mudei o meu blogo so por comodidade.

Anónimo disse...

Hai outra opción en galego, nireblog, mesmo nós,que somos do máis torpe cos ordenadores, fomos quen de crear un blogue. O certo é que único motivo polo que escollemos nireblog foi que esa fin de semana blogaliza non funcionaba. E supoño que é certo que debe dar unha preguiza iso das mudanzas...
Saúdos.