11.12.06

A afeción máis espelida

"Fuera, fuera, fuera, fuera..."
Baiano: "Pedín o troco porque tiña unhas molestias"
O próximo adestrador do Celta ten que ser un monicreque coma o Chuchi Gómez Cos, co carné de adestrador para que nunha asamblea os socios dicidan tódalas ordes técnicas e tácticas a pór en práctica, inclusive as fichaxes. De seguro que así, ao Celta xa lle houbera sobrado a 2ª volta para ascender a primeira, agora estaríamos xogando Champions e loitando polo título co Barça. Que cabrón o F.Vázquez que só lle deixa gañar ao Celta fora...

Esquecín comentar eiquí, a imaxe de afeción moderna, europea, cecais até nórdica, amosada por ámbalas dúas afecións galegas en Riazor. De feito un amigo que fora dende Vigo, aínda sendo agasallado cunha pedra de xeso na testa, díxome que a mellor afeción fora a celeste. E quedárase coa imaxe épica do asento voador guindado por un vigués bébedo, que ao non dar alcanzado aos siareiros branqui-azuis caera enriba da súa propia afeción.

Sem comentários: