- A reforestación da árbore faise de forma natural. Cando cortamos un maduro, queda luz, espazo e comida para que poidan crecer os pequenos que hai abaixo." George Spie
O mellor whisky escocés ten aroma e sabor a carballo galego
O TS arquiva a denuncia contra o ex alcalde de Viveiro por pagar 6.000 euros en marisco cunha visa municipal
O Supremo sinala que a sanción da prevaricación garante o debido respeto, no ámbito da función pública, ao principio de legalidade como fundamento básico de "un Estado social e democrático de dereito, pero únicamente fronte a ilegalidades severas e dolorosas para respectar coetaneamente o principio de intervención mínima do ordeamento penal"
A partir de que cantidade, de que delito, estaríamos a falar dunha ilegalidade severa e dolorosa? E se o ladrón o fixera coa visa dos xuíces no lugar da visa dos viveirenses?
Eu confío bastante na xustiza pero hai detalles que só poden confirmar a afinidade política dalgúns maxistrados.
1 comentário:
Hai tempo que a Xustiza (a instituzón) é sospeitosa de calar as cousas (cousas non é sinónimo de delitos, porque a nós si nos poden condear) do poder, sexa quen sexa o que o ostenta ou detenta. A defensa da "orde establecida" é un dos criterios fundamentais do Dereito. É como a Igrexa pero sen sotanas. De todolos xeitos, compre recoñecer que a convivenza precisa de leis.
Enviar um comentário