A vía do Salnés estará pechada durante cinco meses entre Ribadumia e Sanxenxo
Os enxeñeiros, perplexos ante o rápido deterioro da vía do Salnés
Estaba Cuíña máis pendente dos seus negocios que do seu posto de conselleiro de Política Territorial? Non lle darían a obra ao chófer de Louzán?
Ista aínda a tempo, Avisan de que o PXOM lugués permitirá construír en zonas con risco de anegamento
Quen víu n'A Galega o río encanlado que tiñan no garaxe dun edificio? E o home entrevistado dicindo que por lei non se podía tapar e se a alguén lle daba por pescar alí estaba no seu dereito.
Tiñan que legalizalo, un tubo de metacrilato e temos o acuario na casa, envexa de toda a vecindade...
A modernidade de adaptala natureza a nós e non ao revés, ten estas pailanadas.
4 comentários:
O do rio que pasa polo garaxe é certo, teño un amigo que vive nese edificio.
O do río que pasa polo garaxe é en Arousa. O constructor fíxolle unha "ñapa" o río e desviouno cun ángulo de 90 grados. Claro, cando o río ven crecido pasa o que pasa.
O que di Adega da construcción en Lugo é bastante risible. O Rato, o Mera, o Fervedoira para que se desborde... ¡¡Se case nin teñen auga!! Chamarlles regato nalgún caso ata é unha loucura, cando en verano son coma o Guadalquivir, chegando a desaparecer.
Mortes segue habendo. Pero desde que a vía rápida está pechada non vemos esnaframentos como víamos os sábado e domingos na TVG. ¿Quererá iso dicir algo?
Creo lóxico que se sexa prudente e respetuso coas beiras dos ríos, aínda que non haia perigos, de feito Adega non fala diles nos "Fervedoira, Rato, Mera..." O respeto ao medio non é só estar nós seguriños na casa, ou non sufrir unhas consecuencias. Non quero dicir que ti penses así eh!
O exemplo que eu coñezo de preto é o de Sabarís(Baiona), e a ver que solución ten iso agora coas casas e as estradas feitas onde están...
Ao último que apontas das vías de comunicación galega, recomendo a reportaxe dos países nórdicos(aínda que claro que hai que ter en conta a dispersión poboacional galega)
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5299125
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5299124
Por certo, estou vendo a Xosé Antón baixando no rubidoiro cun veciño do seu amigo e cando de forma educada lle abre a porta para saír, o veciño sinálalle a caña e dille que grazas, pero que baixa ao garaxe a coller unhas troitas.
Que non fai falla ir de noite para que piquen, que chega con quitarlle os fusíbeis á luz. ;-)
estiven procurando a blogue, non lembro en cal foi, que falaba do abandono e falta de coidado das estradas, limpeza dos marxes...
Enviar um comentário