Comparto totalmente a opinión deste artigo: 25 Aniversario do Parlamento de Galicia, da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Os comentarios de Dolores Villarino, Cuchús Pimentel tamén contrastan coa lóxica do amigo de Zapatero(vai sen segundas, é un feito real).
O que cantou o hino forma parte do Orfeón Treixadura.
Delio Domínguez “o camarón da Limia”, tenor
Tomou contacto co flamenco na emigración, en Alemaña, e dende aquela esta é a súa maior paixón. Como bo amante das tradicións, tamén o é da nosa música, unha música que o acompaña dende o berce na súa terra, a Limia e na súa aldea, Lampaza.
Non sei que opinión terán ao respecto do suceso os seus compañeiros de Treixadura(Orfeón e Gaiteiros).
A festa ao gosto de Lola custou 113.678 euros, agora só me queda unha dúbida "Esta gente del Bloque siempre tuvo... todos conocemos su historia, de fanatismo y de todo". Polo respecto que merece o Bloque e sobor de todo os seus votantes, o Sr Cuchús Pimeltel podería dicirnos de que fala.
Non creo que se refira a que no concerto posterior ao Galiza-Ecuador non houbo un só grupo en galego. E claro que gosto de Siniestro Total e Meu(aos Backyard Babies non os coñecía), pero que mellor ocasión para unha actuación de Loretta Martin, The Homens, Dios ke te crew...? Un grupo en galego ao menos.
Por que non se lles dá dunha vez aos xogadores e adestradores unha fotocopia coa letra do noso hino? Non lles dá algo de corte verse na tv sen sabelo? Qué é oficial dende fai moitos anos rapaces!!
Outra cousiña, ninguén lle puido dicir que lle deran a volta á bandeira?
31.12.06
28.12.06
Feijóo opérase o nariz
Núñez Feijóo agradeceu a sinceridade do principal asesor de estética do PP en Génova, mesmo recoñeceu ter cavilado nelo. Unha operación sinxela que axudaría á faciana do sucesor de Fraga a tranmitir máis confianza, e é que a dicir verdade, non pode parecer máis falso.
SOMOS NACIÓN, FEIJÓO SOMOS NACIÓN, SOMOS NACIÓN
FEIJÓO SOMOS NACIÓN!!
GA-LI-ZA!! GA-LI-ZA!!
Actualizado o 31-XII-06, Inocentada si, pero a súa falsedade non é nen inocente nen dun día
21.12.06
Deseñar mal unha páxina web pode matar
"En fin, non queremos facerche responsable da morte de ninguén, pero se es webmaster por favor: fai que a túa páxina cargue rápido, que os menús sexan sinxelos, e evita os anuncios estridentes. Podes salvar vidas."
Eu nun amago de infarto acudín ao chuza!. Publicidade agresiva: votos de usuarios: 3; lixo: 2; irrelevante: 1; provocación: 1
Por certo, coñecedes animal máis fillo de puta(con perdón)?
"a súa técnica consiste en morder a presa e deixala marchar. A súa saliva contén unha flora bacteriana con organismos patógenos que causan a morte por septicemia dúas ou tres días despois do ataque. Pasado este tempo, os dragóns só teñen que seguir co olfacto o rastro da presa morta." As femias de dragón de Komodo son capaces de reproducirse sen aparearse

19.12.06
O novo PPdG, por eles mesmos
Falando do sétimo congreso "rexional" de Novas Xeración, no que o que fai de mariñeiro deixa paso por caducidade a unha tal María Seoane(rival de Luis Pérez?):
-O primeiro día da presidenta.
-que chungo nnxx
-Destaco ista: "Borja pretendía que o PP fose un partido de dereitas (modificación do artigo 1 do relatorio), que deixase de ter vocación galeguista e que todas as súas comunicacións fixésense en castelán antigo, como mandan os maiores. Supoñemos que entre lineas pretendía que a Alberto o saudásemos cun "Heil! Feijoo" ou que a bandeira co polo fóselle tatuada a todos os afiliados no momento de presentación da folla de afiliación. Nin que dicir ten que a súa máxima aspiración debe ser que Federico Jimenez Losantos presida o Partido Popular e que dunha vez expulsemos ao "Rojo cabrón" de Rajoy." Escribano e Borjamari humillados no Relatorio de Reglamento
No concurso Chica PPdG.com atopo á que ben puideron presentar os da boina, unha moza fermosa e enxebre que non dubida en posar nun ppalleiro.
Outra nova, Rajoy falou galego na intimidade, que vergoña que nos enteremos os que non somos da familia...

11.12.06
Cousas da rede
Fai tempo que tería trocado blogger por blogaliza, ou blogoteca, aínda que ista con publicidade. Os socios do Portal Galego da Língua tamén teñen o seu servidor, e xa non coñezo máis ofertas galegas para hospedar a túa blogue.
Pero sigo en blogger, e creo que só por unha razón, a xente que por casaualidade pode coñecer a miña blogue grazas ao Google, que é o dono de blogger.
Exemplos: teño algunhas visitas á hora de xente que procura mapa galicia ou mapa de galicia, e é por un mapa titulado sen un senso literal e que está hospedado en Vieiros. Sae de 3º, ollo á fiabilidade do Google, terei que deixar unha anotación.
Tamén hai outras coma ser a 2ª saída á ciu erc, a un anecdótico grazas ou ter a 4ª foto do bíblico Moisés... estas seinas polo contador de visitas, pero coma moitos de seguro que se teñen atopado a si mesmos no Google en varias ocasións.
O outro día escoitando na Radio Galega o enderezo da web deportegalego.eu, reparei no xogo que dá o tal dominio para unha páxina persoal(escritores, artistas...) colazo.eu , eu, galego e europeo. Namentres non chegue o .gal ... ;-)
Por senón a vírades, moi bo Davila o sábado no Faro de Vigo
Grazas a Fror de toxo decátome de ter esquecido a David González e o seu nireblog e gugara para colectivos.

A afeción máis espelida
"Fuera, fuera, fuera, fuera..."
Baiano: "Pedín o troco porque tiña unhas molestias"
O próximo adestrador do Celta ten que ser un monicreque coma o Chuchi Gómez Cos, co carné de adestrador para que nunha asamblea os socios dicidan tódalas ordes técnicas e tácticas a pór en práctica, inclusive as fichaxes. De seguro que así, ao Celta xa lle houbera sobrado a 2ª volta para ascender a primeira, agora estaríamos xogando Champions e loitando polo título co Barça. Que cabrón o F.Vázquez que só lle deixa gañar ao Celta fora...
Esquecín comentar eiquí, a imaxe de afeción moderna, europea, cecais até nórdica, amosada por ámbalas dúas afecións galegas en Riazor. De feito un amigo que fora dende Vigo, aínda sendo agasallado cunha pedra de xeso na testa, díxome que a mellor afeción fora a celeste. E quedárase coa imaxe épica do asento voador guindado por un vigués bébedo, que ao non dar alcanzado aos siareiros branqui-azuis caera enriba da súa propia afeción.

8.12.06
Chafalladas
A vía do Salnés estará pechada durante cinco meses entre Ribadumia e Sanxenxo
Os enxeñeiros, perplexos ante o rápido deterioro da vía do Salnés
Estaba Cuíña máis pendente dos seus negocios que do seu posto de conselleiro de Política Territorial? Non lle darían a obra ao chófer de Louzán?
Ista aínda a tempo, Avisan de que o PXOM lugués permitirá construír en zonas con risco de anegamento
Quen víu n'A Galega o río encanlado que tiñan no garaxe dun edificio? E o home entrevistado dicindo que por lei non se podía tapar e se a alguén lle daba por pescar alí estaba no seu dereito.
Tiñan que legalizalo, un tubo de metacrilato e temos o acuario na casa, envexa de toda a vecindade...
A modernidade de adaptala natureza a nós e non ao revés, ten estas pailanadas.

7.12.06
Serei desconfiado?
"- ¿Levan a cabo algún tipo de acción de reforestación?
- A reforestación da árbore faise de forma natural. Cando cortamos un maduro, queda luz, espazo e comida para que poidan crecer os pequenos que hai abaixo." George Spie
O mellor whisky escocés ten aroma e sabor a carballo galego
O TS arquiva a denuncia contra o ex alcalde de Viveiro por pagar 6.000 euros en marisco cunha visa municipal
O Supremo sinala que a sanción da prevaricación garante o debido respeto, no ámbito da función pública, ao principio de legalidade como fundamento básico de "un Estado social e democrático de dereito, pero únicamente fronte a ilegalidades severas e dolorosas para respectar coetaneamente o principio de intervención mínima do ordeamento penal"
A partir de que cantidade, de que delito, estaríamos a falar dunha ilegalidade severa e dolorosa? E se o ladrón o fixera coa visa dos xuíces no lugar da visa dos viveirenses?
Eu confío bastante na xustiza pero hai detalles que só poden confirmar a afinidade política dalgúns maxistrados.

6.12.06
R fichaa!
O Canal de Língua Portuguesa TV iniciou a primeira fase de testes das suas emissões, a 25 de Novembro
máis do tema en nem tele, nem gaitas
Mulleres na lusofonía, terceira entrega en CD de Cantos na maré
"contará coa presenza o 16 de decembro coas artistas Dulce Pontes (Portugal), Uxía (Galiza), Ugia Pedreira (Galiza), Luanda Cozetti (Brasil), Eneida Marta (Guiné Bissau) e Amelia Muge(Portugal/Mozambique)"

4.12.06
O galeguismo do PP
Nunca existíu no partido, excepcións a título persoal houbo e hainas, pero non hai máis.
Se fai pouco Núñez Feijoo pedía a oficialización dobre co topónimo castelanizado d'A Coruña, agora rexeita a igualdade entre o idioma propio dos galegos e o alleo que se impuso e se sigue a impor vía constitución.
"non pode prexudicar que no Estado a única lingua exixible desde o punto de vista do deber sexa a lingua común, o castelán"
O bilingüísmo harmónico, cordial ou como lle queiran chamar só é aceptar coma normal a tendencia anormal da pérdeda de galego falantes.
Eu son optimista
Gamoneda di que a poesía española non está á altura da que se fai en galego e portugués
O Grupo El Progreso lanza un diario gratuito en galego nas 7 grandes cidades

1.12.06
Paradoxos
Fraga recibe unha calorosa homenaxe da súa Academia
"Tras corenta e un anos como membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, da que, por antigüidade, é decano"
"O fillo do alcalde de Cee é dono dun piso de proteción oficial de 90 metros cadrados na Coruña."
A familia do alcalde de Cee ten 6 empresas vinculadas á construción

Subscrever:
Mensagens (Atom)