29.9.05

Arredemo a piques

Hoxe recibín un correo deles, é iste:

Olá, xente. Sen tempo non era, que din @s asisad@s. Aquí estamos de novo despois da parálise posfraguista e o verán máis infernal do século. Como tal vez saibades, o suceso da campaña de HQB atraiu sobre nós o pérfido ollar de moreas de hackers otomanos que acabaron por reventar o noso pequeno mais activo refuxio na rede. O nível de seguranza, nulo, acabou por nos pasar factura. Os destrozos foron relativamente poucos. O módulo de novas, onde está rexistrada a curta biografía de Arredemo, foi abaixo. Porén, o departamento de arqueoloxía arredema está xa a traballar na recuperación da nosa memoria inmediata, que iso de perder a memoria tan axiña non pode ser bó.

Pero ao que imos. Xa antes do ataque, a idea que bulía nas cabesiñas máis técnicas da república arredema era mudarnos a outro xestor de contidos máis acorde ás nosas necesidades e cun uso máis accesible e, xa de paso, máis seguro. E a iso estamos. De aquí a pouco Arredemo estará de novo operativo cun novo pelexo que esperamos sexa do voso agrado, unha vez que os nosos técnicos máis espelidos acaben de desañalo .
A partir de agora imos abrir tamén un proceso de redefinición do proxecto Arredemo no que esperamos seguir contando coa vosa participación. Neste sentido a idea é organizarmos o segundo encontro físico onde apuntalar as liñas a seguir no proceso de organización da rede socio-cultural. Cando o web comece a funcionar poderedes ter toda a información á vosa disposición e aportar ideas a través dos foros e as outras seccións.
Así que, en fin, estamos de regreso, e a parte de pedirvos desculpas por este mes e medio de silencio e un pouco máis de paciencia ata completar o traspaso, queremos anunciarvos que Arredemo entra nunha nova andaina na que todas e todos estades convidados a participar.
Para calquera cuestión lembrade que a conta de correo info@arredemo.info continúa operativa, e prometemos avisar cando o novo sitio arredemo funcione.

Un grande abrazo desde o lado escuro da forza.

2 comentários:

Roberto Iza Valdés disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Unknown disse...
Este comentário foi removido pelo autor.