11.9.05

E outra vez Luar...


Lémbrome do último mitin do Beiras(coma candidato á Xunta) en Vigo, no que un que saltara á palestra lograra uns fervorosos aplausos cando prometeu quitalo Luar da TVG.
Pois ben, 8 anos despois, temos cambio(daquela maneira) e o venres volveu Luar, volveu a discoteca Dona Dana, volveu Gayoso, e as actuacións musicais de sempre(40 principais e vellas glorias españolas).
Por suposto que non estou en contra de programas para a meirande parte da poboación, nin de espazos adicados ás nosas tradicións. Pero o formato Luar non ten evolución posíbel, o presentador(igual co SuperPiñeiro) precisa un descansiño. Fai falla un novo espazo onde teña cabida a nosa música(actual e tradicional), música portuguesa, brasileira e internacional(a hispana asolaga tódolos medios estatais), a nosa cultura e tradición, contacontos, humor, retranca...
Presentador/a/es? Beatriz Manjón e
Quico Cadaval(compañeiros da pluma), diferentes e co seu particular atractivo.
O nome para ese programa para tódolos públicos, "Festa Rachada". Rachemos co Luar!!

*
O Vai de Baile seguiría.
**As versións de cancións galegas por Bustamante, Rosa... non.
***A versión do tren de Andrés do Barro por Sergio Dalma tampouco.
****As chamadas telefónicas na madrugada, os sms... nunca mais.

7 comentários:

Anónimo disse...

por que a tomastes con gayoso e en cambio ninguén arremete contra os tonechos que levan camiño de enquistarse na tvg igual ca gayoso e representan o humor máis cutre e de mal gusto (machista entre outras cousas) que se pode facer? e que estes móvense entre a progresía e iso fainos intocables?

Colazo disse...

Os Tonechos poden gostarche máis ou menos, pero o de "móvense entre a progresía" non o enntendo(Un dos actores que os acompaña saía no video electoral de Fraga.)
O nivel do seu humor? ao seu nivel intelectual(que agardabas?)

Recoñezo que aínda me fan graza e ata teño a impresión de que van mellorando.
Aínda que prefira a Mofa e Befa

Anónimo disse...

Ai ho, e logo non lle recoñecedes a Jalloso a súa adaptación ós nosos tempos?. Grupo tradicional vasco, baile do "aurrescu", as Garotas de Ribeira coa lingua solta, a sra. de Palmírez ridiculizando ás sras. finas de Lacu, promesa de traer ós Ghamberros e a Dios que te crew, etc. Está facendo méritos para seguir.
Non tedes sentido do humor.

Anónimo disse...

A la gente no le gusta la televisión que los programadores diseñan sino que los programadores de televisión diseñana programas de televisíón que saben que a la gente les gusta.
La mayor parte de la envejecida población gallega disfruta con el tipo de programas de variedades estilo Luar y Supermartes.
Cada socidedad tiene una televisión que refleja el nivel cultural que posee.
No es que yo vaya de intelectual progresista de medio pelo pero que estos espacios televisivos triunfen
evidencia que la demanda de entretenimiento es clara.

Colazo disse...

o último comentario é do Tío Toti, un vello coñecido meu que pertence a familia ppopular, que se podía agardar del... ;-P
estame a defraudar

Unknown disse...

canto tempo ...¡¡ No te gusto la cancion ? aun no la oi..

Colazo disse...

Boas, canto tempo si. Non vira o teu comentario. A versión do temazo do teu pai moi mal, a min no me gustou nadiña, soa moi diferente. Que sirva para coñecer ou lembrar a Andrés do Barro. 1 biquiño